Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Zamalek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o barrio do Cairo. Para o equipo de fútbol, véxase Zamalek Sporting Club.
Modelo:Xeografía políticaZamalek
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 30°03′43″N 31°13′14″L / 30.0619, 31.2206
EstadoExipto
GobernaciónCairo (pt) Traducir
SubdivisiónsWest Area (en) Traducir
Sheyakha (en) TraducirGharb (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación16.534 (2006) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata

Zamalek (en árabe exipcio, الزمالك, AFI: [ez.zæˈmæːlek]), termo que procede orixinariamente do turco üzümlük, que significa "viñedo)" é un acomodado barrio do oeste do Cairo, Exipto, que ocupa a parte norte da illa Gezira no río Nilo.

A illa está conectada coas ribeiras do río mediante tres pontes en cada un dos lados leste e oeste da illa, entre os que se encntran a Ponte Qasr al-Nil e a Ponte do 6 de Outubro, e tivo varias fases de crecemento poboacional debidas a eventos económicos e políticos, o que conduciu ao aumento da densidade de poboación nalgunhas partes da illa e a grandes reducións das zonas verdes do barrio de Zamalek, aínda que se conserva un gran cinto verde no centro da illa que divide os duos barrios.

Descrición

[editar | editar a fonte]
A illa Gezira contén a Ópera do Cairo.

Xunto con Maadi, Mohandessin, Heliópolis e Garden City, Zamalek é un dos barrios residenciais acomodados da área metropolitana do Cairo. En Zamalek viven tamén moitos estranxeiros. Hai moitos apartamentos con escaso mantemento debido a que os seus propietarios rara vez fan melloras; tamén hai programas de control de rendas de aluguer que permiten que algúns complexos residenciais de Zamalek alberguen a exipcios con ingresos baixos e medios.[1]

As rúas tranquilas e arboradas e os bloques de apartamentos e vilas do século XIX fano unha das zonas máis atractivas da cidade e unha zona residencial privilexiada para moitos expatriados europeos no Cairo. Tamén é un barrio que contén moitos restaurantes, bares e cafetarías elegantes, incluídos ahwas tradicionais ao aire libre e bares europeos. A zona da illa Gezira tamén é activa culturalmente: contén galerías de arte e museos, incluído o Museo de Cerámica Islámica, e dúas das salas de concertos e artes escénicas máis importantes do Cairo, a espaciosa Ópera de El Cairo e o El Sawy Culturewheel Centre.

A Torre do Cairo e a Opera Square pola noite.

Baixo o mandato de Ismail Paxá (1863 - 1879) a illa chamábase Jardin des Plantes (Xardín das Plantas) debido á súa gran colección de plantas exóticas procedentes de todo o mundo. O deseñador paisaxista francés De la Chevalerie deseñou o paisaxismo da illa, con xardíns e viveiros. Na ribeira leste construíu un quiosco para atender á illa e supervisar o seu desenvolvemento.

O quiosco foi substituído en 1869 polo Palacio de Gezirah, unha mansión de verán con forma de "U" deseñada por Julius Franz Paxá e decorada por Karl Von Diebitsch. O palacio foi construído para os hóspedes que asistiron á inauguración do Canal de Suez en 1869. O emperador Francisco Xosé I de Austria e a emperatriz Eugenia de Montijo foron algúns dos hóspedes do palacio. Na actualidade, o Palacio de Gezirah é a parte central do Hotel Marriott O Cairo, cuxa azotea ten un teatro ao aire libre fronte ao Nilo.

Tamén se construíron outros palacios en Zamalek, incluído o palacio do príncipe Sa'id Toussoun, que actualmente contén oficinas do Consello de Ministros de Exipto, e o palacio do príncipe Amr Ibrahim (1924), que alberga actualmente o Museo de Cerámica Islámica.[2][3]

En 1882 construíuse o Gezira Sporting Club na zona sur da illa.[4] Posteriormente, o capitán británico Stanley Flower construíu en Zamalek un xardín acuático coñecido como Grotto Garden, que contaba cunha destácabel colección de peixes africanos.

Varios personaxes notábeis exipcios viviron en Zamalek, incluída a "Señora da Canción Árabe", Umm Kalzum.[5] Así mesmo é a localidae natal da famosa escritora e antropóloga cultural británica, de orixe sefardí, Claudia Roden.[6][7]

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  1. Hessler, Peter (13 de outubro de 2014). "Tales of the Trash". The New Yorker (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2015. Consultado o 6 de xaneiro de 2012. 
  2. Dunn, Jimmy. "The Island of Zamalek in Cairo". touregypt.net (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  3. "Egypt: Ceramics Museum (1924)" (en inglés). touregypt.net. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Raafat, Samir (17 de febreiro de 1996). "Gezira Sporting Club milestones". egy.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2008. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  5. "Umm Kalthoum". touregypt.net. Consultado o 6 dexaneiro de 2021. 
  6. "Claudia Roden | Jewish Women's Archive". Jwa.org. 2009-03-20. Consultado o 5 de xaneiro de 2021. 
  7. Rachel Cooke (2012-03-18). "Claudia Roden: interview | Life and style | The Observer". London: Guardian. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  8. Raafat, Samir (16 de agosto de 1997). "The Cairo Tower". egy.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2008. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  9. "Egypt hosts London's Royal Philharmonic Orchestra". travelvideo.tv (en inglés). 1 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2007. Consultado o 6 de xaneiro de 2021.  Arquivado 31 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
  10. "Th Sawy Culturewheel in Egypt: From a place for beggars to a resort for intellectuals" (en árabe). CNN. 17 de marzo de 2009. Consultado o 6 de xaneiro de 2021. 
  11. "The Museums of Islamic Art and Islamic Ceramics" (en inglés). Egyptian Monuments. Consultado o 6 de xaneiro de de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outro artigos

[editar | editar a fonte]