Zayn Malik
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Zain Javadd Malik 12 de xaneiro de 1993 (31 anos) Bradford, Reino Unido |
Outros nomes | DJ Malik ZAYN Bradford Bad Boy Zayn Malik |
Grupo étnico | Punjabis (en) |
Relixión | Islam |
Educación | Tong Leadership Academy |
Altura | 1,75 m |
Actividade | |
Ocupación | cantante, músico, compositor de cancións, cantautor |
Período de actividade | 2010 - |
Membro de | One Direction (2010–2015) |
Xénero artístico | Música pop, R&B contemporáneo, pop dance e R&B alternativo |
Patrimonio estimado | 35.000.000 £ (2018) |
Tesitura | Tenor e tenor lírico lixeiro |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Syco Music Columbia Records RCA Records |
Familia | |
Parella | Gigi Hadid (2015–2021) Perrie Edwards (2012–2015) |
Premios | |
| |
Páxina web | inzayn.com |
|
Zain Javadd "Zayn" Malik, nado o 12 de xaneiro de 1993, coñecido simplemente como Zayn, é un cantautor británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado e criado en Bradford, West Yorkshire, Malik fixo unha audición como solista no concurso Factor X no 2010. Ao ser eliminado, Malik, xunto a outros catro concursantes expulsados, formou a boy band coñecida como One Direction. Malik deixou a agrupación en marzo de 2015 e firmou un contrato como solista co selo RCA Records.
Adoptou un estilo alternativo e R&B co seu álbum debut Mind of Mine (2016) e a canción principal deste, "Pillowtalk". Malik converteuse no primeiro artista británico en debutar na primeira posición no Reino Unido e nos Estados Unidos simultaneamente. Malik recibiu numerosos galardóns nos American Music Awards, Billboard Music Awards e os MTV Video Music Awards. En decembro de 2018, lanzou o seu segundo álbum, Icarus Falls.