Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Zooterapia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os cans son comúns na terapia asistida con animais.

A zooterapia ou terapia asistida con animais (TAA), (en inglés: Animal-assisted therapy, AAT), é unha actividade cuxo obxectivo é escoller, adestrar e certificar animais, que sexan de apoio en tratamentos e terapias para pacientes de tódalas idades, con doenzas que os debilitan e afectan no eido social, emocional e cognitivo.[1] As especies máis empregadas son cans, gatos, cabalos, aves, coellos e golfiños.

Non existe base científica para o tratamento do autismo, outro tipo de discapacidade intelectual ou enfermidades mentais.[2][3] O emprego de mascotas como axudantes de terapias convencionais remóntase a 1792 en Inglaterra, onde se trataron doenzas mentais. Posteriormente, en 1867, os animais de compañía interveñen no tratamento de epilépticos en Alemaña. En 1944, a Cruz Vermella Americana organizou, no Centro para Convalescentes da Forza Aérea de Nova York, o primeiro programa terapéutico de rehabilitación dos aviadores.

  1. Andrés Sendra, Judith. Apoyo psicosocial, atención relacional y comunicativa en instituciones. Promoción del bienestar personal y social de las personas dependientes. 1ª edición. Ideas Propias Editorial, ano 2009. Páxinas 190-191.
  2. "Listado de tratamientos sin base científica para el tratamiento del autismo". autismo ABA. 2005. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  3. "Evaluación de la eficacia de las intervenciones psicoeducativas en los trastornos del espectro autista". Instituto de investigación de enfermedades raras (IIER). Instituto de Salud Carlos III. Ministerio de Ciencia e Innovación. 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Andrés Sendra, Judith. Apoyo psicosocial, atención relacional y comunicativa en instituciones. Promoción del bienestar personal y social de las personas dependientes. 1a edición. Ideas Propias Editorial, ano 2009. Páxinas 190-191.
  • Chavez Aguiar, Hiran David. De la percepción a la razón, nociones de psiquiatría animal (Etología). Sociedad Venezolana de Médicos Veterinarios. Páxinas 191- 193.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]