Laxe
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Laxe | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.939 (2023) (78,42 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 37,48 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Charlín (2024–) | ||||
Eleccións municipais en Laxe | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15117 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15040 | ||||
Páxina web | concellodelaxe.com… |
Laxe é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.
Segundo o IGE en 2022 tiña 2.977 habitantes (3.084 en 2018, 3.148 en 2016, 3.313 no 2012, 3.366 no 2011, 3.417 no 2010) dos que 1.543 eran homes e 1.541 eran mulleres.
O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é laxense.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]Laxe está situado no noroeste da provincia da Coruña, no corazón da costa da Morte, e no extremo sur da ría que leva o seu nome. Limita ao norte coa ría de Corme e Laxe, ao sur con Vimianzo, ao leste con Cabana de Bergantiños e Zas e ao oeste co océano Atlántico.
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total 2014 | 3.207 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 314 (9.79 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.029 (63.27 %) |
Maiores de 65 anos | 864 (26.94 %) |
Evolución da poboación dende 1900:
Evolución da poboación de Laxe Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.245 | 3.228 | 3.884 | 3.654 | 3.558 | 3.413 | 3.366 | 3.313 | 3.267 | 3.207 | |||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
[editar | editar a fonte]A historia de Laxe remóntase a tempos prehistóricos, como o demostran os restos aparecidos no castro de Torre da Moa ou o castro de Castrelo. Ata aquí tamén chegaba a vía Per Loca Marítima construída polos romanos para acceder a todo este territorio. Estas terras foron gobernadas na Idade Media polos poderosos condes de Traba, entre os que destaca Pedro Foilaz de Traba. Este nobre, que se autodenominou Conde de Galicia, formou na súa xuventude ao rei Afonso V.
Posteriormente a zona de Laxe pasou a mans da familia Moscoso-Altamira. Outras familias ilustres como os Montero-Núñez tamén exerceron o seu poder en Laxe. A finais do século XII, residen en Soesto o rei Afonso IX e a súa esposa Dona Berenguela, reis de Galicia e León.
No século XIV constrúese a igrexa de Santa María da Atalaia, que tería a misión auxiliar de servir de defensa ante posibles ataques á poboación. Malia iso, no século XVIII a vila foi arrasada polos piratas ingleses.
O 19 de decembro de 1830 afunde na baía o buque inglés "Adelaide". Procedente de Bristol con rumbo ás Antillas trasportando armas e ouro, o temporal que azoutaba esa noite a costa leva ao capitán Guillermo Dovel a buscar refuxio na ría. Soamente el e un mariño puideron chegar á praia. Ao día seguinte, foron aparecendo os corpos sen vida do resto da tripulación, entre a que se atopaba a muller e o fillo do capitán, que foron enterrados moi preto da igrexa de Santa María. Durante anos, o capitán Dovel volvía a Laxe para visitar a tumba, que na actualidade se atopa nun terreo privado.
Outros ilustres habitantes da vila foron o xeólogo Isidro Parga Pondal (1900 - 1986), que fundou en Laxe un interesante Laboratorio Xeolóxico, unha das institucións xeográficas máis importantes do mundo, e Antón Zapata García, importante poeta que emigrou a Buenos Aires a principios do século XX.
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo está na verba laxe, procedente da forma altomedieval lagena, de probable orixe celta.[1]
Economía
[editar | editar a fonte]É unha vila señorial e histórica que sempre tivo un grande arraigo turístico, debido principalmente á súa praia urbana, converténdose no verán nunha vila alegre e de grande encanto.
As fontes de riqueza da poboación do municipio son a agricultura e a pesca. Laxe é unha vila de gran tradición pesqueira, experimentando un grande auxe a mediados do século XX cunha ampla frota de baixura. Na súa lonxa podemos atopar toda clase de peixes e mariscos do día. Nos últimos anos, houbo un claro aumento do turismo.
Infraestruturas portuarias
[editar | editar a fonte]As principais actividades que se levan a cabo no peirao de Laxe están relacionadas coa pesca de baixura (motor principal da economía laxense). Así pois, o porto laxense é o único da Costa da Morte que está aumentando tanto o número de capturas como de embarcacións e de traballadores. Outras actividades que se levan a cabo neste porto son: a descarga de atún e madeira así como tamén de ferro para construción.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio artístico
[editar | editar a fonte]- Arqueolóxico
- Castro de Castrelo, castro galaico da Segunda Idade de Ferro.
- Fornela dos Mouros, dolmen no lugar do Aprazaduiro, Nande, Laxe.
- Civil
- Pazo de Soesto ou de Leis, pazo do século XVI en Soesto.
- Pazo do Aprazaduiro, pazo do século XVI, no lugar do Aprazaduiro, Nande, Laxe. Consérvanse só restos e paredes e a capela cos escudos.
- Casa de Carrabete ou do Herdeiro en Serantes.
- Faro de Laxe, de 11 metros de altura, atópase na punta Ínsua do cabo Laxe.
- Casa do Arco, casa gótica do século XV na vila de Laxe.
- Casa do Piñeiro, desaparecida, o seu escudo fica noutra casa da aldea do Piñeiro.
- Torres de Xallóns, desaparecidas, en Sarces. Só se conserva o escudo, que fica en Laxe, na casa de Isidro Parga Pondal.
- Casa do Pombal en Boaño, Traba.
- Casa de Tras do Río, en Traba.
- Casa da Cabanela, en Traba.
- Torres de Mórdomo, desaparecidas, en Mórdomo, Traba.
- Relixioso
- Igrexa de Santa María da Atalaia, século XV.
- Igrexa de Santiago de Traba, románica.
- Igrexa de Santa María de Serantes, século XV con partes do século XII.
- Ermida de Santa Rosa de Lima, século XII.
- Patrimonio natural
- Os Penedos de Pasarela e Traba, en Traba, son formacións rochosas ás que a erosión deu formas caprichosas e están declaradas como paisaxe protexida.
- A praia de Laxe, resgardada dentro da ría, caracterízase polas súas augas repousadas e limpas e por unha area fina e moi branca. Esténdese ó longo de case dous quilómetros. Por estar no mesmo centro da Vila de Laxe, conta cos servizos dunha praia urbana, entre eles, aparcadoiro para coches, duchas, vixilancia, ramplas de acceso, paseo marítimo, limpeza diaria e posto da Cruz Vermella.
- A Praia de Soesto é de reducidas dimensións -850 metros-. Caracterízase por ser un areal retirado, tranquilo, de area fina e de augas moitas veces feras que rachan coa dureza da costa rochosa do mar aberto. É ideal para a práctica do surf e a última fin de semana de agosto ten lugar nas súas augas a celebración de probas deportivas pertencentes ó campionato de España.
- A Praia de Traba é a máis grande, agreste e con máis valor de conservación ambiental do concello[Cómpre referencia]. Ten case tres quilómetros de lonxitude e está rodeada por un inmenso areal con dunas, marismas e unha lagoa costeira chea de lendas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Laxe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponímia de Galicia. Galaxia, Vigo, px. 338. ISBN 978-84-9865-092-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laxe |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Laxe | |
---|---|
Laxe (Santa María) | Nande (San Simón) | Sarces (San Amedio) | Serantes (Santa María) | Soesto (Santo Estevo) | Traba (Santiago) |