Bergondo
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Carrio | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.951 (2023) (211,6 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 32,85 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico e Ría de Betanzos | ||||
Altitude | 68 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Alejandra Pérez Máquez (2008–) | ||||
Eleccións municipais en Bergondo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15165 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15008 | ||||
Sitio web | concellodebergondo.com |
Bergondo é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca da Coruña. Limita cos concellos de Sada, Paderne, Abegondo, Cambre e Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 6702 habitantes (6696 no 2009, 6540 no 2007, 6539 no 2006, 6495 no 2005, 6413 no 2004). O xentilicio é bergondés.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de Bergondo dende 1900:
Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011
Censo total 2014 | 6702 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 797 (11,89 %) |
Entre 15 e 64 anos | 4171 (62,23 %) |
Maiores de 65 anos | 1734 (25,87 %) |
Evolución da poboación de Bergondo Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5869 | 5597 | 6003 | 5293 | 6413 | 6696 | 6712 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe e o significado do nome de Bergondo son controvertidos. Aínda que algúns autores cren que pode derivar dun nome persoal de orixe xermánica, outros inclúeno entre os topónimos prerromanos compostos cun segundo elemento -gondo (coma Abegondo, Beigondo, Mabegondo...).[2] Fai referencia ao rei Brigo ou a unha elevación montañosa: berg. O topónimo de Lubre, un dos lugares do concello, puidera ser o bosque sagrado dos celtas[3].
O primeiro documento no que se cita o topónimo Bergondo está datado en 1138 como 'Burgundium'. O abade Recendus de Burgundio confirma a doazón feita polo Conde de Traba á súa filla Urraca. Urraca no seu testamento de 1193 deixa o mosteiro chamado Bergondo.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]Existen numerosos castros no concello:
- Castro de Rebodero na parroquia de Ouces
- Bergondiño na de Bergondo
- Os Fornos, en San Xoán de Lubre
- Carrio (Bergondo)
- Santa Marta de Babío
- San Fiz de Vixoi
- Montecelo
- Pazos en Moruxo
- Castro do Monte da Fame en Guísamo
Patrimonio arquitectónico
[editar | editar a fonte]A Igrexa de San Salvador de Bergondo de estilo románico, que foi construída na segunda metade do século XII, pertencía ao mosteiro bieito de San Salvador de Bergondo. Sobre a súa proporcionada planta basilical desenvólvense tres naves e tres ábsidas semicirculares. Despois dun incendio que provocou o afundimento da cuberta, fixéronse as reformas na segunda metade do século XIV. Na fachada principal destacan os dous robustos contrafortes e as arquivoltas, apoiadas en dous pares de columnas, que enmarcan un tímpano decorado con arcos de medio punto.
Patrimonio cultural
[editar | editar a fonte]- Museos:
Patrimonio natural
[editar | editar a fonte]- Praias:
- Praia de Gandarío (Ouces)
- Praia do Pedrido
- Praia de Regueiro
Economía
[editar | editar a fonte]O concello ten unha importante base económica como periferia da cidade da Coruña por estar preto de Betanzos e o camiño de Santiago, e por ser lugar de paso da estrada N-VI e da autovía A-6. As súas boas comunicacións fan do polígono de Bergondo o núcleo económico do concello. Dende o século XVII coa ligazón coa cidade de Betanzos por concesión de cidadanía é un concello con sona de bos xoieiros. En Bergondo están algunhas das máis importantes fábricas de xoias de Galicia como Balcarsa, Unión Joyera ou Annique. Bergondo é coñecido como a xoia das Mariñas.
Política
[editar | editar a fonte]Eleccións municipais de 2019
[editar | editar a fonte]Partido Político | Diferenza en escanos | Votos | Escanos |
---|---|---|---|
PSdeG-PSOE | +1 | 1518 | 6 / 13 |
PPdeG | +1 | 1090 | 4 / 13 |
Alternativa dos Veciños | novo | 740 | 2 / 13 |
BNG | +1 | 404 | 1 / 13 |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Bergondo.
-
Casa consistorial do concello de Bergondo
-
A Igrexa de San Salvador de Bergondo de estilo románico
-
Cruceiro coa Igrexa de San Salvador
-
San Salvador de Bergondo
-
Escalinata posterior do pazo de Mariñán
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Bergondo
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bergondo vexa: Lugares de Bergondo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 42. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Navaza, Gonzalo (2021). Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Real Academia Galega. p. 18. ISBN 978-84-17807-09-2.
- ↑ "Historia, Concello de Bergondo". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bergondo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Navaza, Gonzalo (2021). Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Real Academia Galega. ISBN 978-84-17807-09-2. doi:10.32766/rag.377.