Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Bergondo, Bergondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bergondo
Igrexa de San Salvador de Bergondo.
ConcelloBergondo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°46′36″N 8°53′34″O / 42.7768, -8.8929
Poboación1459 hab. (2018)
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Bergondo[1] é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.459 habitantes (748 mulleres e 711 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1422 habitantes.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

Bergondo podería ser, para algúns autores, un topónimo cunha raíz celta "berg" ou "ver" e que se referirían a un alto (no caso de berg) ou a unha pena (no caso de ver).[2][3][4] Para outros autores sería un antropónimo latino e ligado á cristiandade que xorde de "Verecundus".[5][4][3] O topónimo data de entre o século VII e X.[4]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de Bergondo formaba parte do Mosteiro de San Salvador de Bergondo.

Na parroquia sitúase o Pazo de Mariñán.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Bergondo.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Bergondo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Bergondo no concello de Bergondo (A Coruña)

Bergondiño | A Campiña | O Caño | Carrio | Codesido | Cortes | Covas | Cruz de Sar | A Lameira | As Leiras | Mariñán | Miodelo | Montecelo | Saioso | San Cidre | Sanín | Vilanova

Parroquias de Bergondo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Bergondo

Bergondo (San Salvador) | Cortiñán (Santa María) | Guísamo (Santa María) | Lubre (San Xoán) | Moruxo (San Vicente) | Ouces (San Xoán) | Rois (Santa Mariña) | Santa Marta de Babío (Santa Marta) | Vixoi (San Fiz)

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Moralejo, Abelardo (1977). Pico Sacro, ed. Toponimia gallega y leonesa. Biblioteca de Bolsillo - Pico Sacro, 14. Santiago de Compostela. ISBN 84-85170-20-2. 
  3. 3,0 3,1 Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  5. Piel, J. M. (1989). Estudos de linguística histórica galego-portuguesa. Lisboa: Nacional-Casa da Moeda. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]