Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Lingua xeorxiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xeorxiano»)
Xeorxiano
ქართული
Pronuncia:Kartuli
Falado en: Xeorxia, Grecia, Irán, Acerbaixán, Turquía, Rusia
Rexións: Europa, Asia
Total de falantes: 6,3 millóns
Posición: Vexa [1]
Familia: Linguas kartvelianas
 Xeorxiano
Escrita: Alfabetos xeorxianos
Status oficial
Lingua oficial de: Xeorxia
Regulado por: sen regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: ka
ISO 639-2: geo (B)kat (T)
ISO 639-3: kat
SIL: GEO
Mapa
Status

O xeorxiano está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O xeorxiano[2] (ქართული Kartuli) é a lingua oficial de Xeorxia, unha república do Cáucaso. O xeorxiano é a lingua materna duns catro millóns de xeorxianos, aproximadamente o 70% da poboación do país, e outros dous millóns de persoas no estranxeiro (principalmente Turquía e Rusia, con comunidades máis pequenas en Irán, Acerbaixán, Grecia etc.). É a principal lingua escrita para todos os grupos étnicos xeorxianos, incluso para os falantes das outras linguas caucásicas do sur (svanuri, mingreliano e laz).

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O xeorxiano é a máis falada entre as linguas caucásicas do sur, familia que tamén inclúe svanuri e mingreliano (faladas principalmente ao noroeste de Xeorxia) e laz (falada ao longo da costa do Mar Negro de Turquía, desde Rize ata a fronteira con Xeorxia.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Entre os principais dialectos do xeorxiano están: Imeretiano, Racha-Lechkhumiano, Guriano, Adxarano, Imerkheviano (en Turquía), Kartliano, Kakhetiano, Inxilo (en Acerbaixán), Tush, Khevsur, Mokheviano, Pshaviano, Fereidano (tamén en Irán), Mtiuletiano e Meskhetiano.

Historia da lingua

[editar | editar a fonte]

Crese que o xeorxiano se diferenciou do mingreliano e do laz no III milenio antes da nosa era. En base ao grao da mudanza, algúns lingüistas, tales como G. Klimov, T. Gamkrelidze e G. Machavariani expuxeron a posibilidade de que o comezo do cambio ocorrera no II milenio a.d.C ou máis cedo, diferenciando o svanuri das outras linguas. As linguas mingreliana e laz diferenciáronse do xeorxiano aproximadamente un milenio máis tarde.

O xeorxiano ten unha prolífica tradición literaria. O texto escrito máis antigo en xeorxiano que aínda se conserva é o "Martirio do Santo Shushaniki, da Raíña" (C'amebax c'midisa Shushanik'isi, dedoplisa) escrito por Iakob Tsurtaveli, datado no século V.

O alfabeto moderno ten 33 letras. Nun principio tiña máis, pero algunhas delas ficaron obsoletas.

Historia do alfabeto

[editar | editar a fonte]

A forma máis antiga do alfabeto xeorxiano, o alfabeto Asomtavruli ("capital"), foi creado o -412 a.d.C por curas xeorxianos do culto de Matra ( Mithra de Persia). O alfabeto Asomtavruli sufriu reformas no ano -284 adC feitas polo rei Pharnavaz I de Iberia.

O alfabeto Asomtavruli, tamén coñecido como Mrgvlovani ("redondeado"). Aínda hoxe consérvanse mostras deste alfabeto en inscricións monumentais, tales como as que se atopan na igrexa xeorxiana de Bolnisi Sioni preto de Tbilisi (dos séculos IV ou V). Incluso se atoparon mostras máis antigas, que datan do século III adC ao século III dC, en Armaztsikhe (preto de Mtskheta) e Nekresi (na rexión de Kakheti ao leste de Xeorxia), en 1940 e desde 1995 ata o 2003 expedicións científicas realizadas por Simon Janashia (1900-1947) e Levan Chilashvili [2]. As inscricións do Armaztsikhe foron estudadas por Pavle Ingorokva.

Os alfabetos Nuskhuri ("minúscula") ou Kutkhovani ("cuadriculado") apareceron nun comezo no século IX. Asomtavruli e Nusxuri, coñecidos como Khutsuri (ხუცური, ou "escritura eclesiástica"), foron usados para escribir manuscritos relixiosos, utilizando o Asomtavruli para escribir as maiúsculas.

O alfabeto moderno, chamado Mxedruli (მხედრული, "secular" ou "escritura militar"), apareceu por primeira vez no século XI. Utilizábase con fins non relixiosos ata o século XVIII, que foi cando substituíu por completo ao Khutsuri. Os lingüistas considérano como fonémico.

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]

Consoantes

[editar | editar a fonte]
  Bilabial Dental Palatal Velar Consoante Postvelar1 Uvular Glotal
Oclusiva p b
ფ ბ პ
t d
თ დ ტ
k g
ქ გ კ

Fricativa v
s z
ს ზ
ʃ ʒ
შ ჟ
ɣ̠
ხ ღ
h
Africada   ʦ ʣ ʦʼ
ც ძ წ
ʧ ʤ ʧʼ
ჩ ჯ ჭ
Nasal m
n
         
Líquida l, r
ლ, რ

ა /a/ pronúnciase igual que nas palabras: mar, pai etc.

ბ /b/ bourar

გ /g/ Galiza,guia etc.

დ /d/ dedo, maduro etc.

ე /e/ español, meta etc.

ვ /v/ pronunciase como "v" na palabra inglesa "voice", é distinta do "b".

ზ /z/ pronunciase como "z" na palabra inglesa "zoo", distinta do "z" galego.

თ/t'/ pronunciase como "t" na palabra inglesa "toy", distinta do "t" galego, é máis lene.

ი /i/ inglés, dito etc.

კ /k/ kilo, coite etc.

ლ /l/ lea, pelo, é un pouco máis forte que o "l" galego.

მ /m/ mamá, amor etc.

ნ /n/ nulo etc.

ɪ   ʊ
ɛ   ɔ
  a  
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeorxiano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pavle Ingorokva. Inscricións antigas en xeorxiano.- Boletín de ENIMK, vol. X, Tbilisi, 1941, pp. 411–427 (en xeorxiano)
  • Zaza Aleksidze. Epistoleta Tsigni, Tbilisi, 1968, 150 pp (en xeorxiano).
  • Korneli Danelia, Zurab Sarjveladze. Cuestións sobre a paleografía do xeorxiano, Tbilisi, 1997, 150 pp (en xeorxiano, sumario en inglés).
  • Elene Machavariani. Grafía do alfabeto xeorxiano, Tbilisi, 1982, 107 pp (en xeorxiano, sumario en francés).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]