RMS Titanic
Aparencia
RMS Titanic foi un transatlántico construído en Irlanda, que afundiu na súa viaxe inaugural a través do Océano Atlántico Norte ao colisionar cun iceberg a noite do 14 ao 15 de abril de 1912 na viaxe a Nova York. Finaron máis de 1500 persoas e recolléronse soamente uns 300 corpos do mar.
Citas
[editar]- Non podo concibir que algo poida afundir os barcos de hoxe, a construción moderna vai moito máis alá ca isto
- O capitán do Titanic. Recollido na revista The Watchtower, publicado polos Testemuñas de Xeová, o 15 de abril de 1988.
- Nin Deus podería afundir este barco.
- Un membro da tripulación a unha pasaxeira. Recollido na revista The Watchtower, publicado polos Testemuñas de Xeová, o 15 de abril de 1988.
- O Titanic afundiu preto de 2h20 15 abril de 1912, de acordo cos rexistros. Vino desprazar para dentro do océano para o seu horrible final. No momento en que afundiu deixou unha memoria de algo que me asombra ata hoxe. Era o son asustado de persoas xemendo e berrando desesperadamente por axuda, como eles foron lanzados para a auga xeada. Case todos morreron de auga fría. Os sons duraron preto de 45 minutos e despois desapareceron.
- Louis Garrett, supervivinte do Titanic. Recollido na revista Awake! o 22 de outubro de 1981.
- En seguridade,. . . Críase que a palabra anterior fora pronunciada na construción do "Titanic". '
- New York Times, 16 de abril de 1912
Durante o naufraxio
[editar]- Por Deus, home! Abre a porta e deixar pasar as nenas!
- A Night to Remember[1]. As veces recollida como:
- Polo amor de Deus! Deixa que polo menos as nenas vaia aos botes [2]
- James "Jim" Farrell a un membro da tripulación que bloqueaba as portas.
- Vivimos xuntos por moitos anos. Onde ti vas, eu vou.
- Dito por Ida Straus ao seu marido Isidor cando ela rexeitou embarcar nun bote. [3]
- Envíe SOS; é a nova chamada, e esta pode ser a súa derradeira oportunidade de enviala
- Harold Bride a Jack Phillips (operadores da radio do Titanic)
Sen atribuir
[editar]- Preguntei por xeo, pero isto é ridículo.
- Creese que é do coronel John Jacob Astor, pero por diversas razóns esta atribución é falsa.[4]
Ligazóns externas
[editar]
|