Ronald Reagan
Aparencia
Ronald Reagan (1911-2004), foi o 40º presidente dos Estados Unidos.
- "A diferenza que hai entre unha democracia e unha democracia popular é a mesma que existe entre unha camisa e unha camisa de forza."
- "A historia ensina que as guerras comezan cando os gobernos consideran que o prezo da agresión é baixo."
- "A visión gobernamental da economía pode resumirse nunhas curtas frases: se se move, póñaselle un imposto. Se se segue movendo, regúlese, e se non se move máis, outórgueselle un subsidio."
- "Ás veces pregunteime que aspecto terían os Dez Mandamentos se Moisés os pasara polo Congreso dos EUA."
- "O goberno é como un bebé. Unha canle alimenticia con grande apetito nun extremo e ningún sentido da responsabilidade no outro."
- "O goberno non pode resolver o problema. O problema é o goberno."
- "O goberno non soluciona problemas; os subsidia."
- "O propósito da política de benestar debería ser a eliminación, tanto como sexa posible, da necesidade de tal política."
- "Suponse que a política é a segunda profesión máis antiga da Terra. Cheguei á conclusión de que garda unha gran semellanza coa primeira."
- ¿Por que temos que subvencionar a curiosidade intelectual?