Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

andar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «andar».
  • Pronuncia: /anˈdaɾ/ (AFI)

Substantivo masculino

andar (sg: andar; pl: andares)

  1. División horizontal dunha construción.
  2. Xeito de camiñar.
  3. Paso dun período de tempo, transcurso.

Verbo intransitivo

andar

  1. Ir dun sitio a outro a pé.
  2. Desprazarse mediante un medio de transporte.
  3. Desprazarse un medio de transporte.
  4. Realizar a ou as funcións para o que un mecanismo foi concibido.
  5. Estar ou vivir temporalmente nun lugar (andar por).
  6. Atoparse nun lugar.
  7. Facer certa acción no lugar que se menciona.
  8. Encontrarse alguén nun determinado estado.
  9. Comportarse dun xeito determinado.
  10. Estar próximo a unha cantidade, aproximarse.
  11. Manter unha relación de amizade ou amorosa, estando xuntos de maneira habitual.
  12. Estar en movemento.
  13. Poñer as mans ou os dedos nalgunha cousa. (andar en)

Verbo transitivo

andar

  1. Facer a pé un determinado percorrido ou distancia.

Conxugación


Galego-portugués

  • Pronuncia: /ã.ˈdaɾ/ (AFI)

Verbo

andar

  1. Andar.

Descendentes

Portugués

Verbo

andar

  1. Andar.