Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

causa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «causa».
  • Pronuncia: /'kaw.sa̯/ (AFI)

Substantivo feminino

causa
(sg: causa; pl: causas)

  1. Todo aquilo o que produce un efecto ou ten como consecuencia certa cousa ou suceso.
    • Exemplo: A soberbia é a causa dos seus males

      .
  2. Motivo ou razón que leva a alguén a actuar de determinada maneira,
    • Exemplo: A causa da miña visita é coñecer a túa neta

      .
  3. Conxunto de ideas, circunstancias ou intereses polos que alguén loita ou aos que se lles presta atención.
    • Exemplo: Meu primo sempre defendeu a causa dos emigrantes

      .
  4. (Dereito) Proceso xurídico.
    • Exemplo: Maña vaise ver unha causa por asasinato

      .

Termos relacionados

a causa de, avogado de causas perdidas, causa criminal, causa eficiente, causa final, causa formal, causa ilícita, causa impulsiva, causa instrumental, causa onerosa, causa primeira, causa segunda, causa maior, continencia da causa, dar a causa por conclusa, facer causa común