degradación
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín degradatĭōne.
- Pronuncia: /ðe.ɣɾa.ða.ˈθjoŋ/ ou /ðe.ɣɾa.ða.ˈsjoŋ/ (AFI)
degradación
(sg: degradación; pl: degradacións)
- Acción e efecto de degradar ou degradarse.
- (Arte) En pintura, diminución das figuras dun cadro segundo as leis da perspectiva.
- (Ecoloxía) Substitución dunha comunidade vexetal por outra máis afastada do clímax.
- (Medicina) Cesamento do desenvolvemento dun órgano.
- (Química) Reacción na que un composto se converte noutro máis simple.
- (Xeografía) Alteración das formas de relevo da superficie terrestre debida a procesos de erosión.
- (Xeoloxía) Evolución dun solo de xeito desfavorábel.
Termos relacionados
degradación ambiental, degradación canónica, degradación da enerxía, degradación da luz, degradación do solo, degradación polimérica, degradación térmica.
Traducións
Castelán
degradación (sg: degradación; pl: degradaciones)