Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

disciplina

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ðis.θi.'pli.na̯/ ou /ðis.si.'pli.na̯/ (AFI)

Substantivo feminino

disciplina
(sg: disciplina; pl: disciplinas)

  1. Instrución física, mental ou moral.
    • Exemplo: No meu colexio educáronme nunha disciplina moi ríxida.

      .
  2. Conxunto de regras ou normas que rexen a conduta dunha persoa ou dunha colectividade.
    • Exemplo: Os seminaristas están sometidos á disciplina marcada polo reitor do seminario.

      .
  3. Cada unha das materias que se ensinan nun centro educativo dentro do plan de estudos.
    • Exemplo: As disciplinas científicas son as miñas favoroitas

      .
  4. (Figurado) Malleira.
    • Exemplo: O rapaz levou unha boa disciplina de paus do enfurecido mestre.

      .

Substantivo feminino plural

disciplinas

  1. Instrumento formado por varias cordas ou láminas de coiro que se usaba para flaxelar ou flaxelarse.
    • Exemplo: Aquel frade todas as noites rompía o lombo coas súas disciplinas.

      .

Antónimos

indisciplina

Termos relacionados

disciplina de voto, disciplina eclesiástica

Traducións