imaxe
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín imāgō, imāginem, do protoitálico *imā, do protoindoeuropeo *h₂eym-.
- Pronuncia: [i.ˈma.ʃɪ] (AFI)
imaxe (sg: imaxe; pl: imaxes)
- Representación dun obxecto por medios visuais, gráficos, plásticos ou fotográficos.
- Estampa ordinariamente gravada e coloreada máis ou menos groseiramente.
- Efixie ou pintura de Xesús, da Virxe ou dun santo. Por extensión pode tamén ser a representación plástica dunha persoa ou cousa.
- Idea, representación mental.
- Para falar da semellanza entre duas cousas.
- (Física) En óptica:
- Imaxe real: A que se produce polo concurso dos raios de luz no foco real dun espello cóncavo ou dunha lente converxente.
- Imaxe virtual: A formada aparentemente detrás do espello.
- Fotografía e artes gráficas: Reprodución da figura dun obxecto pola combinación dos raios de luz.
- (Lingüística) Representación viva e eficaz dunha cousa por medio da linguaxe.
- (Literatura) Figura literaria. Metáfora pola cal se fai unha idea máis viva e máis sensible, prestándose ao obxecto do cal se fala das formas, das aparencias, das calidades tomadas a outros obxectos.
- (Matemáticas) Elemento que se asocia a outro nunha correspondencia.
Traducións
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego derivadas do latín
- Entradas en galego derivadas do protoitálico
- Entradas en galego derivadas do protoindoeuropeo
- Entradas en galego con etimoloxía
- Entradas en galego con transcrición fonolóxica
- Substantivos masculinos en galego
- Física en galego
- Óptica en galego
- Lingüística en galego
- Literatura en galego
- Matemáticas en galego