Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

solla

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «solla».
  • Pronuncia: /ˈsoʎa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

solla (sg: solla; pl: sollas)

  1. (Zooloxía, Alimentación) Peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos, pertencente ao xénero Pleuronectes, que vive nas cotas do Atlántico, sobre fondos areosos ou lamacentos, ás veces de grava, desde o mar de Barents até o Mediterráneo occidental (golfo de León), así como nas de Islandia e do sur de Groenlandia. Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.
  2. (Zooloxía, Alimentación) Peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos, pertencente ao xénero Platichthys. Vive nas costas do Atlántico, sobre fondos areosos ou fangosos, ás veces de grava, desde o mar de Barents até noroeste de África e no Mediterráneo, até o mar Negro. Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.

Traducións