ventá
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués ventãa, do latín vulgar *ventana, do latín ventus.
- Pronuncia: /benˈta/ (AFI)
ventá ----
singular | plural |
ventá | ventás |
- (Arquitectura) Vao que se abre nunha parede para que entre a luz e o aire nun espazo pechado.
- Estrutura de madeira ou metal, con ou sen cristais, coa que se pecha a abertura anterior.
- Por extensión, cada un dos dous orificios nasais.
Sinónimos
- fiestra (1) (2)
- xanela (1) (2)
- fosa nasal (3)
- venta (3)