Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

vivir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

vivir1

  • Pronuncia: /biˈβiɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

vivir

  1. Ter vida, estar ou seguir vivo.
    • Exemplo: O médico dixo que papá está grave, pero vivirá

  2. (Figurado) Ter existencia.
    • Exemplo: Os sapoconchos viven moitos anos.

  3. Ter a residencia nun lugar ou compartila con alguén.
    • Exemplo: Vive con dous amigos.

  4. Pasar a vida.
    • Exemplo: Vive coma un cura

      .
  5. Dedicar a vida a un fin.
    • Exemplo: vive para o teatro

      .
  6. Obter os medios materiais que permiten a subsistencia.
    • Exemplo: Vive da caridade. Está sen traballo, non ten de que vivir

      .
  7. Gozar da vida.
    • Exemplo: Ten moitos cartos pero non sabe vivir.

Verbo transitivo

  1. Dedicar a vida enteiramente a certa cousa.
    • Exemplo: vive para o fútbol.

  2. Experimentar persoalmente unha determinada cousa.
    • Exemplo: Vive horas de pesar

      .
  3. Participar nun suceso ou estar presente cando ocorre.
    • Exemplo: Meus pais viviron a guerra civil

      .

Sinónimos

Traducións

Conxugación


vivir2

  • Pronuncia: /biˈβiɾ/ (AFI)

Substantivo masculino

vivir (sg: vivir; pl: vivires)

  1. Feito de estar vivo, desenvolvemento da vida.


Castelán

Verbo

vivir

  1. Vivir.