Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Dúas novas escenas con équidos en Mougás

Revista de Estudos Miñoráns número 23 (2023) ISSN: 2340-2644 Dúas novas escenas con équidos en Mougás In memoriam de Juan González, prospector, coñecedor de tódolos petróglifos de Oia e descubridor de moitos, que nos deixou este ano. Veciño da Riña, en Oia. Grazas polo teu traballo a prol do patrimonio do noso país. Xilberte Manso de la Torre, Cándido Verde Andrés, Xosé Lois Vilar Pedreira, Eloy Martínez Soto, Bruno Centelles García, José Antonio Viña Arias, Xosé Alonso Álvarez & Manuel Ledo Bernárdez (Sección de Arqueoloxía do IEM) Autor para correspondencia: bentevexo@gmail.com Como citar este artigo: Xilberte Manso de la Torre, Cándido Verde Andrés, Xosé Lois Vilar Pedreira, Eloy Martínez Soto, Bruno Centelles García, José Antonio Viña Arias, Xosé Alonso Álvarez & Manuel Ledo Bernárdez (Sección de Arqueoloxía do IEM) (2023).Dúas novas escenas con équidos en Mougás. Revista Estudos Miñoráns 23 XX-XX Resumo Na parroquia de Mougás en Oia, damos conta da aparición dun novo petróglifo con équidos e posiblemente cánidos, nunha escena de captura con trampas. Revísase tamén o Petróglifo Pedra da Lan 2, onde se atopa un novo cuadrúpede, posiblemente équido, nunha escena con reticulado, círculos concéntricos e liñas e outros petróglifos próximos. Abstract In the parish of Mougás in Oia, we report the appearance of a new petroglyph with equids and possibly canids, in a scene of capture with traps. We also review Pedra da Lan Petroglyph 2, where a new quadruped, possibly an equid, is found in a scene with reticulation, concentric circles and lines, and other nearby petroglyphs. Palabras clave: Mougás, petróglifo de équidos, cánidos, reticulado, trampas, captura. Key words: Mougás, petroglyph of equids, canids, reticulated, traps, capture. Seguindo cos traballos do Proxecto Equus (Martínez Soto, E. & al, 2017), o grupo de arqueoloxía do IEM quere dar ao coñecemento público un novo descubrimento dunha laxe gravada co que consideramos unha escena de captura de équidos, e unha nova lectura do Petróglifo Pedra da Lan 2. Revisando a zona da parroquia de Mougás onde se atopan os petróglifos da Pedra da Lan e os de Bouza Fariña, segundo o Plan Básico Autonómico (PBA) da Xunta, o noso compañeiro Cándido Verde atopou un novo petróglifo con équidos. Revisado e fotografado para facer un modelo 3D, 76 Instituto de Estudos Miñoráns Dúas novas escenas con équidos en Mougás O monte é de propiedade comunal da CMMVVMC de Mougás. Breve descrición do achado Na parroquia de Mougás, nunha zona onde se atopan outros petróglifos xa catalogados e outros moitos sen catalogar, atopamos esta escena de équidos nunha posible representación dunha trampa para capturalos vivos. Fig 1 Toponimia da zona onde se atopan os petroglifos, segundo a páxina oficial da Xunta https://galicianomeada.xunta.gal/ sixtop/visor atopamos unha escena que definimos de captura de équidos e que denominamos petróglifo número 1 de LARGAVELLA. Os datos de localización serían: Provincia: PONTEVEDRA; Concello: OIA; Parroquia: MOUGÁS; Lugar: LARGAVELLA COORDENADAS: 42,056490˚ N; 8,875664˚ W. As características físicas do lugar onde se atopa a laxe co petróglifo son as dun monte en caída cara ao sur, con pendente pronunciada sobre base de granito con pouca cobertura de terra. Monte baixo con toxo, urces e algún piñeiro, carballos e eucaliptos con fentos e silveiras, e restos de roza que tapan parte das laxes , que presentan destrucións e alteracións, con restos de antigo aproveitamento de pedra. Laxes partidas e rotas por acción dos canteiros. Visitamos esta zona na que xa coñecíamos un grupo de petróglifos novos que se sumaban aos da Pedra da Lan e aos que no PBA Plan Básico Autonómico (PBA, https:// mapas.xunta.gal/visores/pba/) veñen como Bouza Fariña, e que na toponimia de Oia figura como Largavella no norte e Pedra da Lan no sur. Revisando as pedras da zona, atopamos varios petróglifos novos de moito interese, entre o que salientamos este. Petróglifo Largavella nº 1. Este novo petróglifo confirma algunhas das hipóteses de traballo do Proxecto Equus ao representar unha escena de captura de équidos, probablemente axudados por cánidos (Vilar Pedreira, 2014), e cunha representación moi clara da trampa ou rede e con varias escenas nunha mesma representación que, se as separamos para facerlle unha lectura, virían representar un acoso por cánidos dun équido que se achega á trampa ou rede, e que nunha segunda escena cae na trampa. Na parte lateral destas dúas escenas, un cánido grande e outro máis pequeno. Fáltanos o home ou grupo de humanos Fig 2. Petróglifo Largavella 1 coas figuras numeradas. Instituto de Estudos Miñoráns 77 Xilberte Manso de la Torre, Cándido Verde Andrés, Xosé Lois Vilar Pedreira, Eloy Martínez Soto, Bruno Centelles García, José Antonio Viña Arias, Xosé Alonso Álvarez & Manuel Ledo Bernárdez (Sección de Arqueoloxía do IEM) Équido 1. Escena na que se aprecia a figura dun équido (Manso de la Torre, 2016), rabo longo,e pescozo curvo, patas dianteiras inclinadas cara atrás e traseiras cara adiante simulando o movemento cara adiante . Por baixo das patas unha figura cadrada con dúas raias que a dividen en tres partes non simétricas e algo irregulares. Poderíamos interpretar a escena como o achegamento do équido á trampa. Équido 2. Figura de équido das mesmas características que o anterior desta vez dentro da figura cadrada que, neste caso, amosa unha soa división horizontal que a súa vez se subdivide polo menos en catro cadradiños. Temos a representación do équido dentro da trampa xa, capturado ao estar todo o seu corpo dentro da mesma agás parte do pescozo e a cabeza.. Équido 3. Figura dun cadrúpede de corpo máis estreito e patas máis curtas. A súa posición respecto das anteriores está entre as dúas, coa cabeza dirixida aos cuartos traseiros da figura 1 que se dirixía a trampa. Interpretamos a escena como o acoso dun cánido ao équido para dirixilo cara a trampa. Équido 4. A figura menos nítida, mais que se nos asemella á figura nº 3 do presunto cánido, e que está nunha posición máis baixa e a continuación do primeiro “cánido” e por baixo da retícula da primeira trampa. Teríamos dous posibles cánidos acosando a un équido e dirixindoo cara a trampa. Fig. 3. Na fotos e máis nos modelos 3D pódense ver os detalles. Fig. 5. Modelo 3D de textura natural. Fig. 4. Imaxe 3D do petróglifo completo. Fig 6: Modelo 3D coa luz angulada para que se aprecie mellor o équido nº 4. 78 Instituto de Estudos Miñoráns Dúas novas escenas con équidos en Mougás que armaron a trampa e que, deseguido, aproveitaron a captura, probablemente en vivo, deste équido, para domalo. Esta lectura de captura, e non caza, facémola tendo en conta outras escenas nas que, cando queren representar a caza, queda moi clara e patente co uso de lanzas, frechas ou outras armas, e cando queren representar a captura representan lazos e trampas e escenas de acoso. Observamos que as patas dos équidos son máis longas que as dos posibles cánidos. No équido número 1 as patas son finas e pola posición creemos que pretenden amosar movemento. Xa no número 2 as patas están rectas e amosan unha posición estática. No caso dos dous cánidos, apreciase perfectamente que son máis curtas e o corpo máis estreito. Nestes breves apuntamentos queremos facer constar o descubrimento desta escena con équidos que se vén sumar ás outras atopadas na Serra da Groba, e que nos amosa a importancia que estes animais tiñan no pasado ao ser os protagonistas nas representacións con animais (Vilar Pedreira, 2020), superando os cervos que, noutros casos, son o animal central das representacións de caza e universo simbólico dos petróglifos galegos. Sumamos esta nova descuberta a outras que iremos dando a coñecer e que van fornecéndonos de máis datos para unha mellor interpretación do noso pasado. Foto 8. Panel informativo dos petróglifos da pedra da Lan. Fig. 9. Detalle do panel onde se aprecia o debuxo do petróglifo Pedra da Lan 2 Novidades no petróglifo Pedra da Lan 2. Unha nova lectura Nas imaxes que analizamos do modelo 3D do petróglifo denominado Pedra da Lan 1 podemos ver unha nova lectura do mesmo coa aparición dun novo cuadrúpede ata o de agora non descrito, dada a dificultade que ten o ver a pedra ao natural e mesmo con luz artificial de noite. As novas tecnoloxías cos modelos 3D facilitan a visión de detalles antes ocultos pola acumulación de liques e os efectos dos axentes atmosféricos durante miles de anos sobre a base pétrea. Nos paneis indicadores colocados na zona non aparece nos debuxos o cuadrúpede do panel 2 que nós atopamos Fig. 12. Petróglifo que denominamos Largavella 3. Fig 7. Petróglifo Pedra da Lan 2. No círculo, o cuadrúpede atopado coa revisión co modelo 3D. Fig. 11 Novo reticulado que denominamos Largavella 2. Instituto de Estudos Miñoráns 79 Xilberte Manso de la Torre, Cándido Verde Andrés, Xosé Lois Vilar Pedreira, Eloy Martínez Soto, Bruno Centelles García, José Antonio Viña Arias, Xosé Alonso Álvarez & Manuel Ledo Bernárdez (Sección de Arqueoloxía do IEM) e indicamos cun círculo nunha das capturas 3D realizadas pola sección de arqueoloxía do IEM. Nesta laxe xa coñecida non se fixera un levantamento 3D para explicar o contido da mesma. Neste pequeno apuntamento só pretendemos facer constar o descubrimento, e a necesidade dunha revisión máis completa de toda a zona. A presenza dun cuadrúpede (que podería ser outro équido) neste contexto de círculos concéntricos con punteado interior e un reticulado próximo, na mesma escena, xunto con outras figuras de difícil lectura polo desgaste que amosan, poderíanos levar a sumar a lectura de todo o panel como outra posible escena de caza ou captura. Deixamos aquí as imaxes para análises posteriores cando dispoñamos de, quizais, mellores modelos 3 D, con máis nitidez. Outros petróglifos na contorna máis próxima Un Reticulado 40x46 cm. Coord: 42,057219˚ N; 8,875457˚ W. Un metros máis ao norte da laxe anterior, dentro do mesmo afloramento granítico, nunha pedra a rente o chan. Laxe con círculos concéntricos e pequenas pías de diversos tamaños e fonduras. Referencias bibliográficas Manso de la Torre, X. (2016). Equus ferus Atlanticus. As burras do monte da Serra da Groba. Revista Estudos Miñoráns 14/15: 107-135 (consultado 16/11/2023) https://iem.gal/wp-content/uploads/2023/08/9.-Equus-ferus-Atlanticus.-As-burrasdo-monte-da-Serra-da-Groba.pdf Martínez Soto, E., Verde Andrés, C., Álvarez, X. “O Buraco”, Centelles García, B., Manso de la Torre, X., Vilar Pedreira, X. L. & Ledo Bernárdez, M. (2017). O Proxecto Equus: un novo paradigma nas escenas de caza da arte rupestre galega e do norte de Portugal. Revista Estudos Miñoráns 16/1: 2375. (consultado 16/11/2023). https://iem.gal/wp-content/ uploads/2023/11/02.-O-Proxecto-Equus-un-novo-paradigma-nas-escenas-de-caza-da-arte-rupestre.pdf Vilar Pedreira, X. L., Manso de da Torre, X., Martínez Soto, E., Méndez Quintas, E., Ledo Bernárdez, M., Alonso Álvarez, X., Verde Andrés, C. , Centelles García, B., & Viña Arias, J.(2020). Traballos do IEM en arte rupestre (2016-2019). Continúa a tradición. Revista Estudos Miñoráns 19: 1146. (consultado 16/11/2023) https://iem.gal/wp-content/ uploads/2023/08/01.Traballos-do-IEM-en-arte-rupestre2016-2019.-Continua-a-tradicion.pdf Vilar Pedreira, X.L. (2014). Escenas de caza nos petróglifos galegos e portugueses. Revista Estudos Miñoráns 12-13: 119-134(consultado 16/11/2023) https://iem.gal/docs/REM/REM_1213/06.pdf As coordenadas para a súa localización son: 42,056626˚ N; 8,874617˚ W. Fig. 10. Modelo 3 D do Petróglifo Pedra da Lan 2 completo. 80 Instituto de Estudos Miñoráns