Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
A magnífica colección de cadernos de viaxe de Le Corbusier -por el chamados carnets- que dado o seu carácter íntimo, só puido ser estudiada tralo seu pasamento, plasma en setenta volumes un inxente número de imaxes espontáneas e nada preciosistas obtidas durante unha vida adicada á reflexión e a análise do hábitat humano. O obxecto deste breve traballo é o de analizar dous dos debuxos do carnet denominado B4, que LC realizara co gallo da súa primeira viaxe a Sudamérica. Estes debuxos representan escenas de Vigo e da súa ría. LE CORBUSIER EN GALICIA En setembro de 1929 Le Corbusier viaxa a Sudamérica invitado por diversas entidades culturais e profesionais para dictar conferencias en Bos Aires, Montevideo e Río de Xaneiro, regresando a París en decembro dese mesmo ano. Pese a ter realizado numerosos desprazamentos locais en avión -dos que quedara fondamente impresionado- a travesía do Atlántico ía realizala no Giulio Cesare, un dos transatlánticos que enlazaban o norte de Europa coa Arxentina realizando escalas na Coruña, en Vigo e Lisboa para recoller emigrantes. 3. Le Corbusier autorretratado con Josephine Baker en Río. Lapis de cor sobre cartolina. 7 OS DEBUXOS Diciamos anteriormente que no caderno B4 hai dous debuxos referidos a Galicia. O primeiro deles, trazado na propia capa do caderno é unha vista da cidade de Vigo realizada dende o barco surto na ría. Nesta imaxe recoñécese o castelo do Castro, que coroa o monte do seu mesmo nome. As edificacións da daquela pequena cidade amoréanse na aba do monte inmediata á beiramar. Entre estas sobresae a silueta da Colexiata e a dun desaparecido tinglado portuario localizado preto da batería da Laxe. Ó lonxe, nun segundo plano pero case no centro da imaxe, destaca a característica silueta do Monte do Galiñeiro. Curiosamente este debuxo non foi correctamente identificado por Le Corbusier xa que as anotacións manuscritas situadas nos cantos superior e inferior da marxe dereita da folla refírenno indistintamente á Coruña e a Vigo. Por este motivo este esquizo está catalogado na Fundación Le Corbusier de París como relativo á Coruña. O segundo debuxo, numerado co 3 -o que nos fai supoñer a desaparición doutro intermedio- leva a anotación manuscrita «Vigo» na esquina inferior esquerda da folla e a de «Uriburer. M.ser Ricardo Guiralde» na inferior dereita. As nosas pescudas tentando averiguar a significación do nome a apelidos aquí anotados resultaron infructuosas dado que na prensa da época por nos consultada -tanto viguesa como coruñesa- non só non aparece referido o GiuJio Cesare entre os numerosos transatlánticos que daquela tocaban nos portos de Galicia senón que tampo.uco se reflicte a presencia de ilustres viaxeiros en tal barco. Esto danos fe do nulo recoñecemento que a sociedade galega da época tiña dun arquitecto que naquel intre xa proxectara unha das grandes obras da arquitectura do século: a Vila Savoie. Alén das enigmáticas notas manuscritas arriba referidas o contido gráfico do esquizo é moi claro e interesante. En primerio pIano aparece unha dorna navegando coa súa vela despregada. Detrás dela o perfil da costa no que se recoñece o Monte Ferro. Nun plano máis alonxado, conformando o fondo do debuxo, a Serra da Groba. No debuxo represéntase, ademais dun vapor que se alonxa no horizonte cara ó ponente, unha dorna do xeito. Esta embarcación que cos seus oito ou dez metros de eslora era a raíña das embarcacións adicadas ó trafego costeiro en Galicia está hoxe totalmente extinguida. Na actualidade nas costas das rías baixas sobreviven, cun futuro nada claro, as dornas pequenas, cunha eslora de entre catro e seis metros, carentes de vela. O debuxo de Le Corbusier acada así a categoría de documento etnográfico. Nel a embarcación está representada con todo detalle: o mastro aparece fortemente inclinado cara á popa, lugar onde está sentado o mariñeiro que dirixe a embarcación, a proa é lanzada, o cuaño é estreito por debaixo da liña de flotación e incluso reflíctese a tradicional decoración branca e negra (que recentemente a CEE pretendeu, de acordo cunha normativa de seguridade marítima, substituír pola cor naranxa). O máis coñecido debuxo deste caderno é aquel, realizado en vivas cores, no que Le Corbusier se autoretrata con Josephine Baker diante do Pea de Sucre en Río. Esta muller coincidira con LC na viaxe cara á Arxentina onde ela acudía para realizar unha actuación. A relación xurdida entre ambos mesmo levou a LC a deseñarlle a coreografía duns dos seus espectáculos. Na páxina quince do carnet o propio LC describe polo miúdo a que sen dúbida pode considerarse como a súa máis rechamante obra. 8 5. Fotografía dunha dorna do xeito. 1. Vista da cidade de Vigo. Tamaño orixinal 17x 11 cm. Lapis sobre papel. 2. Vista da ría de Vigo. Mesmo tamaño e técnica. 9 Fig. 1.-Las ciudades costeras han ido modificando paulatinamente la línea de la costa para obtener nuevas áreas de expansión urbana. Bostón: terrenos ganados al mar desde 1775. Fig. 2.-EI desarrollo urbano de Nueva York en el privilegiado escenario natural de la desembocadura del Hudson. De los 5 distritos -Manhattan, Brooklyn, Queens, Staten Island y Bronx-, sólo este último se ubica en el continente y los restantes están construidos sobre islas. Figs. 3 y 4.-La insularidad de Manhattan ofrece un larguísimo perímetro costero que sin embargo no se utiliza, salvo excepciones -Battery Park, Area de la ONU- para emplazamiento de enclaves cívicos significados, y además de las instalaciones portuarias está ceñido por una autopista perimetral de gran densidad de tráfico que establece una barrera entre la costa y la ciudad. La operación de remodelación de una de las partes más antiguas del puerto -South Street Seaport Museum, Pier 17- constituye un ejemplar modelo de apertura de la ciudad hacia la costa. Fig.4 10