Oroxenia caledoniana
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 6 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
A oroxenia caledoniana[2] foi unha era de formación de montañasque tivo lugar nas partes norte de Irlanda e Gran Bretaña, na zona das montañas Escandinavas, Svalbard, leste de Groenlandia e partes do norte e centor de Europa. A oroxenia caledoniana comprende sucesos que ocorreron desde o Ordovícico ao Devónico temperán, aproximadamente hai de 490 a 390 millóns de anos (Ma). Foi causada polo peche do antigo océano de Iapetus cando chocaron os continentes e os terreos de Laurentia, Báltica e Avalonia.
A oroxenia caledoniana denomínase así por Caledonia, o nome latino de Escocia. Este nome utilizouno primeiramente en 1885 o xeólogo austríaco Eduard Suess para referirse a un episodio de formación de montalñas no norte de Europa que precedeu ao Devónico. Os xeólogos Émile Haug e Hans Stille, entre outros, consideraban a oroxenia caledoniana como unha das varias fases episódicas de formación de montañas que ocorreran durante a historia da Terra.[3] A idea actual é que a oroxenia caledoniana comprende varias fases tectónicas que poden ser lateralmente diacrónicas. O nome "caledoniano" pode, por tanto, non ser usado para un período de tempo xeolóxico absoluto, e aplicarse só a unha serie de eventos relacionados tectonicamente.
Historia xeodinámica
A oroxenia caledoniana foi unha das varias oroxenias que finalmente formaron o supercontinente Panxea no Paleozoico tardío. No Paleozoico temperán a maioría das masas continentais estaban unidas constituíndo o paleocontinente de Gondwana, que contiña a codia da futura África, Suramérica, sur de Eurasia, Australia e a Antártida, que estaba centrado no polo sur. Entre hai 650 e 550 millóns de anos (no período ediacárico) os continentes máis pequenos de Laurentia (que contiña a futura parte nordeste de Norteamérica), Báltica e Siberia separáranse de Gondwana para moverse ao norte cara ao ecuador. No proceso, o océano de Iapetus situado entre Gondwana, Báltica e Laurentia acabou pechándose.
No período ordovícico inicial (hai uns 480 millóns de anos) o microcontinente (un pequeno fragmento de litosfera continental) Avalonia (cuxa litosfera hoxe está repartida entre o leste de Nova Inglaterra, o sur da illa de Terra Nova, partes de Nova Brunswick e Nova Scotia, sur de Irlanda, a maior parte de Inglaterra e Gales, os Países Baixos e o norte de Alemaña) empezou a separarse da marxe norte de Gondwana.[4]
Fases iniciais
Algunhas fases iniciais de deformación ou metamorfismo poden recoñecerse nas Caledónidas escandinavas. A primeira fase que se inclúe a miúdo na oroxenia caledoniana é a fase Finnmarkiana de hai 505 millóns de anos (Cámbrico tardío). Outra fase foi a fase Jämtlandiana de hai 455 millóns de anois. Estas fases explícanse pola asunci´`on de que a beira occidental de Báltica chocou cun arco de illas ou microcontinente. De maneira similar, a beira oriental de Laurentia colisionou cun arco de illas durante a oroxenia tacónica (desde hai 480 a 435 millóns de anos).
Durante o Ordovícico, o pequeno continente de Avalonia movíase independentemente en dirección nordeste cara a Báltica. Este movemento estaba acompañado da subdución da parte sureste do océano de Iapetus (o denominado mar de Tornquist) que se metía dentro do manto por debaixo do leste de Avalonia. No Ordovícico tardío (hai uns 450 millóns de anos) empezou unha colisión continental entre Avalonia e Báltica.[5] O mar de Tornquist desapareceu neste proceso, e a sutura que quedou denominase liña de Tornquist, que discorre por baixo o mar do Norte, sur de Dinamarca e norte de Alemaña e Polonia.
Fase Escandiana/Grampiana
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Scandinavian mountains
- Świętokrzyskie Mountains
- Geological structure of Great Britain
- Central Pangean Mountains
- Iapetus Suture
- Queen Louise Land
- Trans-European Suture Zone
Bibliografía
- Cocks, L.R.M. & Torsvik, T.H.; 2006: European geography in a global context from the Vendian to the end of the Palaeozoic, in: Gee, D.G. & Stephenson, R.A. (eds.): European Lithosphere Dynamics, Geological Society of London Memoirs 32, pp. 83–95.
- Cocks, L.R.M.; McKerrow, W.S. & Staal, C.R. van; 1997: The margins of Avalonia, Geological Magazine 134, pp. 627–636.
- Fossen, H. & Dunlap, J.W.; 1998: Timing and kinematics of Caledonian thrusting and extensional collapse, southern Norway: evidence from 40Ar/39Ar thermochronology. Journal of Structural Geology 20, 765-781.
- Jones, K. & Blake, S.; 2003: Mountain building in Scotland, ISBN 0-7492-5847-0.[1]
- Matte, P.; 2001: The Variscan collage and orogeny (480–290 Ma) and the tectonic definition of the Armorica microplate: a review, Terra Nova 13, 122–128.
- McKerrow, W.S.; Mac Niocaill, C. & Dewey, J.F.; 2000: The Caledonian Orogeny redefined, Journal of the Geological Society 157, pp. 1149–1154.
- Schätz, M.; Reischmann, T.; Tait, J.; Bachtadse, V.; Bahlburg, H. & Martin, U.; 2002: The Early Palaeozoic break-up of northern Gondwana, new palaeomagnetic and geochronological data from the Saxothuringian Basin, Germany, International Journal of Earth Sciences 91(5), pp. 838–849.
- Stampfli, G.M.; Raumer, J.F. von & Borel, G.D.; 2002: Paleozoic evolution of pre-Variscan terranes: From Gondwana to the Variscan collision, Geological Society of America Special Paper 364, pp. 263–280.[1]
- Torsvik, T.H. & Cocks, L.R.M.; 2004: Earth Geography from 400 to 250 Ma: a palaeomagnetic, faunal and facies review, Journal of the Geological Society of London 161, pp. 555–572.
- Torsvik, T.H. & Rehnström, E.F.; 2003: The Tornquist Sea and Baltica–Avalonia docking, Tectonophysics 362, pp. 67– 82.
- Torsvik, T.H.; Smethurst, M.A.; Meert, J.G.; Van der Voo, R.; McKerrow, W.S.; Brasier, M.D.; Sturt, B.A. & Walderhaug, H.J.; 1996: Continental break-up and collision in the Neoproterozoic and Palaeozoic – A tale of Baltica and Laurentia, Earth-Science Reviews 40, p. 229–258.
- Ziegler, P.A.; 1990: Geological Atlas of Western and Central Europe, Shell Internationale Petroleum Maatschappij BV (2nd ed.), ISBN 90-6644-125-9.
Ligazóns externas
- Ordovícico medio (mapa continental)
- Silúrico medio (mapa continental)
- Tempo de emprazamento do granito de Galway ...
- Redefiindo o Caledoniano
- O Caledoniano en Shetland
- Formación de Gran Bretaña
- ↑ Fossen, H. & Dunlap, J.W. 1998: Timing and kinematics of Caledonian thrusting and extensional collapse, southern Norway: evidence from 40Ar/39Ar thermochronology. Journal of Structural Geology 20, 765-781.