Arts & Crafts
Arts & Crafts (literalmente artes e oficios, aínda que é máis común manter a expresión orixinal) foi un movemento estético xurdido en Inglaterra na segunda metade do século XIX. Defendeu a artesanía creativa como alternativa á mecanización e á produción en masa e predicou o final da distinción entre o artesán e o artista. Afrontou os avances da industria e pretendía imprimir en mobles e obxectos os trazos do artesán-artista, que máis tarde sería coñecido como deseñador. Estivo influído polas ideas do romántico John Ruskin e dirixido polo socialista e medievalista William Morris.
Durou relativamente pouco tempo, pero influíu no movemento art nouveau francés e é considerado por moitos historiadores como unha das raíces do movemento moderno no deseño gráfico, no deseño industrial e na arquitectura.
Segundo Tomás Maldonado, o Arts & Crafts foi unha importante influencia para a posterior aparición da Bauhaus, que, como os británicos do século XIX, tamén cría que a ensinanza e produción do deseño debían estruturarse en pequenas comunidades de artistas artesáns, en obradoiros baixo a dirección dun ou máis mestres. A Bauhaus desexaba así unha produción de obxectos feitos por uns poucos e adquiridos por uns poucos, na que a sinatura do artesán teña un valor simbólico fundamental. En liñas xerais, a Bauhaus herda a reacción xerada no movemento Morris contra a produtividade anónima dos obxectos da revolución industrial.[1]
O Arts and Crafts influíu tamén noutros movementos de todo o mundo, como o Mingei no Xapón (moi vinculados á súa vez a ceramistas como Bernard Lecher ou Marguerite Wildenhain-Friedländer da Bauhaus) [2], que pretendía valorar a arquitectura tracidional xaponesa e a cerámica artesanal, lonxe da cerámica industrial do XIX, e o estilo anglo-xaponés de olaría; o Deutscher Werkbund (precursor da Bauhaus no sentido de integración de arte e artesanía, aínda que non reivindicaba esta última senón que a supeditaba á industria)[3], o Wchutemás de Moscova, o Wiener Werkstätte [4], a arquitectura "American Craftsman architecture" dos Estados Unidos e o Canadá, tendo especial relevancia a integración formulada por Frank Lloyd Wright[5], a artesanía en Australia e Nova Zelandia, e mesmo a arte dos renovadores en Galiza, primeiro na obra de Camilo Díaz Baliño, e especialmente nas iniciativas de Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane e Fernández-Albalat vinculadas ao Laboratorio de Formas.[6]
Galería
editarNotas
editar- ↑ Maldonado, Tomás (2006). Design industrial. ISBN 9789724413310.
- ↑ "Bernard Leach and the Japanese Folk Crafts Movement (en inglés)". Jstor.
- ↑ "La figura del fabricator en los procesos técnicos de arte contemporáneo (Tese doutoral en castelán)" (PDF). Universidad Complutense de Madrid.
- ↑ "Los Talleres Vieneses. Historia del Diseño Industrial". Arq. José Luis Esperón. Consultado o Setembro 2015.
- ↑ "FLW, The art and craft of the machine". Franklloydwright.org.
- ↑ M. Vilanova, Fernando (Novembro 2010). ""A arte de Seoane no Laboratorio Industrial"". Raigame (33).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arts & Crafts |
Bibliografía
editar- Argan, Giulio Carlo; Arte moderna, (Versión en portugués brasileiro) São Paulo: Cia das Letras, 1992
- Benevolo, Leonardo; História da arquitetura moderna (Versión en portugués brasileiro), São Paulo: Perspectiva, 2004
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |