Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Carlos III de España

rei de España

Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón.

Modelo:BiografíaCarlos III de España

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Carlos III Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1716 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de decembro de 1788 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor en Wikidata
Monarca de España
10 de agosto de 1759 – 14 de decembro de 1788
← Fernando VI de EspañaCarlos IV de España →
Xefe de Estado de España
10 de agosto de 1759 – 14 de decembro de 1788
Rei de Sicilia
2 de setembro de 1734 – 6 de outubro de 1759
← Carlos VI de AlemañaFernando I das Dúas Sicilias →
Rei de Nápoles
10 de maio de 1734 – 6 de outubro de 1759 (Abdication of Charles III of Spain from the Throne of Naples (en) Traducir)
← Carlos VI de AlemañaFernando I das Dúas Sicilias → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalacio Real de Madrid Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de España
Rei de Navarra
Rei de Galicia
Rei de Granada
Rei de León
Rei de Aragón
Rei de Castela
Rei de Xerusalén Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borbón-Anjou Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaría Amalia de Saxonia (1738–1760), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosMaría Isabel Antonieta de Padua de Borbón y Sajonia, María Josefa Antonieta de Borbón y Sajonia, María Isabella Anna de Borbón y Sajonia, Maria Josefa de Espanha, María Ludovica de Borbón y Sajonia, Infante Felipe, Duque de Calábria, Carlos IV de España, María Teresa Antonieta Francisca de Borbón y Sajonia, Fernando I das Dúas Sicilias, Gabriel de Borbón, María Ana de Borbón y Sajonia, Antonio Pascual de Borbón, Francisco Xavier de Espanha Editar o valor en Wikidata
PaisFilipe V de España Editar o valor en Wikidata  e Isabel de Farnesio Editar o valor en Wikidata
IrmánsMariana Vitoria de Borbón
María Teresa de Borbón y Farnesio
María Antonia Fernanda de Borbón
Filipe I de Parma
Lois Antón de Borbón e Farnesio
Francisco de Borbón e Farnesio
Lois I de España
Fernando VI de España Editar o valor en Wikidata
ParentesLois I de España, irmán consanguíneo
Filipe Lois de Borbón, irmán consanguíneo
Filipe Pedro de España, irmán consanguíneo
Fernando VI de España, irmán consanguíneo Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
6 de outubro de 1759Abdication of Charles III of Spain from the Throne of Naples (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1035900 WikiTree: Bourbon-69 Find a Grave: 8852600 Editar o valor en Wikidata

Era o terceiro fillo home de Filipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.

Rei de Nápoles e Sicilia

editar

Durante o seu reinado en Nápoles e Sicilia, soubo gobernar, reformar e modernizar o reino, unificándoo, conquistando o amor dos cidadáns xunto coa súa amada esposa María Amalia de Saxonia, continuou as súas guerras contra Austria e participou xunto con Francia e España nos chamados "Pactos de Familia"

Logo da modernización do estado, dedicouse a explorar as artes, protexeu os pensadores científicos, comezou as escavacións das ruínas de Pompeia. A morte sen descendencia de Fernando VI de España, fixo recaer en Carlos a Coroa de España, que pasou a ocupar en 1759, deixando con gran tristeza tanto dos reis como do pobo, a coroa do Reino de Nápoles e Sicilia ao seu terceiro fillo, Fernando I.

Rei de España

editar

Tralos falecementos de Lois I e de Fernando VI sen descendencia, o trono de España pasou a Carlos III, fillo máis vello de Filipe V e Isabel de Farnesio, con grande experiencia de goberno como rei de Nápoles.

Política exterior

editar
A Guerra dos Sete Anos (1756 a 1763)
editar

O primeiro asunto que o Rei tivo que tratar foi a Guerra dos Sete Anos. O monarca español viuse obrigado a tomar parte na guerra trala ocupación británica de Honduras e a perda da colonia francesa do Quebec, o que requiriu a intervención española no conflito para frear o expansionismo británico por América.

En 1761 asinarase o Terceiro Pacto de Familia e España entrou no conflito bélico. A guerra terminou coa Paz de París de 1763. España cedeu a Gran Bretaña a Florida e territorios de golfo de México, a cambio da Habana e Manila, conquistadas polos británicos, e a Luisiana francesa. Portugal, aliado británico, recuperou Colonia de Sacramento.

Guerra de independencia dos Estados Unidos (1776 a 1783)
editar

España continuou a alianza francesa. Así, na guerra de independencia dos Estados Unidos, interveu xunto a Francia contra Gran Bretaña en apoio á emancipación das trece colonias británicas. O Tratado de Versalles de 1783 puxo fin á guerra. España recuperou Florida, os territorios do golfo de México, aínda que non puido facer o mesmo con Xibraltar. España, desta forma, contribuíu á independencia dos Estados Unidos, feito que creou un precedente para a emancipación das colonias españolas no século XIX.

Mediterráneo
editar

O monarca interveu no norte de África co dobre obxectivo de conseguir liberar o mar de piratas berberiscos e obter concesións económicas.

Política interior

editar

En política interior, o intento de modernizar a sociedade utilizando o poder absoluto do monarca baixo un programa Ilustrado denominouse despotismo ilustrado.

Despotismo Ilustrado

editar
 
Carlos III de España estatua do Real Xardín Botánico de Madrid.

Na liña do despotismo ilustrado propio da súa época, Carlos III realizou importantes reformas -sen crebar a orde social, política e económica básica- con axuda dun equipo de ministros e colaboradores ilustrados como Esquilache, Aranda, Campomanes, Floridablanca, Wall e Grimaldi.

Promulgación da Pragmática
editar

En 1783 Carlos III promulga a pragmática que recolle os seguintes aspectos:

  1. Os xitanos son cidadáns españois.
  2. Debe deixarse de dicir xitano xa que tódolos cidadáns son iguais.
  3. Os nenos deben ir á escola a partir dos 4 anos.
  4. Os xitanos son libres de fixar a súa residencia.
  5. Os xitanos poden empregarse ou traballar en calquera actividade.
  6. Os xitanos teñen dereito a asilo e atención aos seus enfermos.
  7. Os gremios que impidan a entrada ou se opoñan á residencia dos xitanos serán penalizados.
  8. Impóñense penas a quen obstaculice a integración dos xitanos.

Así a todo, para que o xitano poida gozar destas igualdades, debe de cumprir unhas condicións:

  • Abandonar a súa forma de vestir.
  • Non usar a súa lingua (o caló) en público.
  • Asentarse e abandonar a vida errante.
As reformas de Esquilache
editar

O monarca nomeou a marqués de Esquilache Secretario de Facenda. Este incorporou señoríos á Coroa, controlou os sectores eclesiásticos e reorganizou as Forzas Armadas. O seu programa de reformas e a intervención española na guerra dos Sete Anos provocaron que se necesitasen máis ingresos, que se conseguiron cun aumento da presión fiscal e novas fórmulas, como a creación da Lotería Nacional. Ao mesmo tempo liberalizou o comercio dos cereais, o que orixinou unha subida dos prezos dos produtos de primeira necesidade por mor das especulacións dos acaparadores e das malas colleitas dos últimos anos.

En marzo de 1766 produciuse o Motín de Esquilache. O seu detonante foi a orde de cambiar a capa longa e o chapeu de á ancha dos madrileños pola capa curta e o chapeu de tres picos. A manipulación realizada por sectores nobiliarios e eclesiásticos converteuno nun ataque directo á política reformista levada a cabo por ministros estranxeiros do goberno do Rei. De Madrid, trasladouse ás provincias afectando a cidades como Cuenca, Zaragoza, A Coruña, Oviedo, Santander, Bilbao, Barcelona, Cádiz e Cartaxena entre outras moitas. O aglutinador común foi a protesta pola escaseza e a suba dos prezos dos alimentos ocasionados pola liberalización do comercial.

Os amotinados esixiron a redución do prezo dos alimentos e a supresión da Xunta de Abastos, a derrogación da orde sobre a vestimenta, o cesamento de ministros estranxeiros de Carlos III e a súa substitución por españois e un perdón xeral. O monarca desterrou a Esquilache e nomeou no seu lugar ao conde de Aranda.

A política relixiosa
editar

Desaparecidos os ministros estranxeiros, o Rei apoiouse nos reformistas españois como Pedro Rodríguez de Campomanes, o conde de Aranda ou o conde de Floridablanca. Campomanes, nomeado fiscal do Consello de Castela tratou de demostrar que os verdadeiros indutores do motín de Esquilache foran os xesuítas. Nomeouse unha comisión de investigación e as súas principais acusacións foron:

  • As súas grandes riquezas.
  • O control dos nomeamentos e da política eclesiástica.
  • O seu apoio ao Papa.
  • A súa lealdade ao marqués da Ensenada.
  • A súa participación nos asuntos de Paraguai
  • A súa intervención no devandito motín.

Sectores da nobreza e diversas ordes relixiosas estiveron claramente en contra. Por todo iso, mediante o decreto real do 27 de febreiro de 1767, foron expulsados de España e tódolos seus dominios e posesións foron confiscadas.

A expulsión dos xesuítas quíxose aproveitar para realizar unha reforma do ensino que debía fundamentarse nas disciplinas científicas e na investigación. Someteu as universidades ao padroado real e creou en Madrid os Estudos de San Isidro (1770) como centro moderno de ensino medio destinado a servir de modelo e tamén as Escolas de Artes e Oficios, que perduraron ata o século XX (cando pasaron a chamarse Escolas de Formación Profesional, EFP). As propiedades dos xesuítas foron utilizadas para a creación de novos centros de ensino e residencias universitarias. As súas riquezas, para beneficiar os sectores máis necesitados, dedicáronse á creación de hospitais e hospicios.

As reformas económicas
editar

O impulso cara á reforma da agricultura durante o reinado de Carlos III foi impulsado polas Sociedades Económicas de Amigos do País. Campomanes, influído pola fisiocracia centrou a atención nos problemas da agricultura. No seu Tratado da Regalía da Amortización, defendeu a importancia desta para conseguir o benestar do Estado e dos cidadáns e a necesidade dunha máis equitativa distribución da terra.

En 1787, Campomanes elaborou un proxectou de repoboación das zonas deshabitadas das terras de reguengo de Serra Morena e do val medio do Guadalquivir. Para iso, e supervisado por Pablo de Olavide, intendente real de Andalucía, trouxéronse inmigrantes centroeuropeos. Tratábase principalmente de católicos alemáns e flamengos, para fomentar a agricultura e a industria nunha zona despoboada e ameazada polo bandoleirismo. O proxecto foi financiado polo Estado. Fundáronse así novos asentamentos como A Carolina, A Carlota ou A Luisiana, nas actuais provincias de Xaén, Córdoba e Sevilla.

Reorganizouse o exército, ao que dotou dunhas Ordenanzas en 1768 destinadas a perdurar ata o século XX e impulsouse o comercio colonial: formando compañías como a de Filipinas e liberalizando o comercio con América en 1778. Tamén destaca o Decreto de libre comercio de grans de 1765.

Entre as formulacións teóricas para o desenvolvemento da industria destacou o Discurso sobre o fomento da industria popular de Campomanes, para complementar con ela a economía das zonas rurais e facer posible o seu autofornecemento. As Sociedades Económicas de Amigos do País encargáronse da industria e a súa teoría nesta época.

Outras medidas reformistas do reinado foron a creación do Banco de San Carlos, en 1782 e a construción de obras públicas, como a Canle Imperial de Aragón e un plan de camiños reais de carácter radial, con orixe en Madrid e destino Valencia, Andalucía, Cataluña e Galicia.

A sociedade
editar
  • A nobreza: Descendeu en número, debido á desaparición dos fidalgos nos censos polas medidas restritivas cara a este grupo polo Rei. Representaba o 4% do total da poboación. O seu poder económico acrecentouse grazas aos matrimonio entre familias da alta nobreza, que propiciaron unha progresiva acumulación de bens patrimoniais. O Rei mediante un decreto en 1783 aprobou o traballo manual e recoñeceuno, favorecendo os nobres. A partir dese momento os nobres podían traballar, cousa que antes non podían facer, unicamente podían vivir das súas riquezas. Os títulos nobiliarios aumentaron coas concesións feitas por Filipe V e Carlos III. Creáronse a Orde Militar de Carlos III e a das Reais Mestranzas con estatutos nobiliarios. En contrapartida puxéronse numerosas restricións aos morgados e aos señoríos, aínda que nunca chegaron a desaparecer durante o reinado.
  • O clero: Representaba un 2% da poboación. A Igrexa posuía cuantiosas riquezas. Segundo o Catastro de Ensenada era propietaria da sétima parte das terras de labor de Castela e da décima parte do gando lanar. Aos bens inmobles engadíanse o cobramento dos décimos, aos que se descontaban as terzas reais, e outros ingresos como rendas hipotecarias ou alugamentos. A diocese máis rica era a de Toledo, cunha renda anual de 3 500 000 reais.
  • O estado raso: Era o grupo máis numeroso. Nel atopábanse o campesiñado, que gozaban de certa estabilidade económica. Os xornaleiros sufrían situacións de miseria. De acordo co Catastro de Ensenada, os artesáns representaban o 15% do total dos asalariados e tiñan mellores retribucións cós campesiños. A burguesía comezou a despuntar timidamente en España. Localizada na periferia peninsular, identificouse cos propósitos reformistas e os ideais ilustrados do século. Foi especialmente importante en Cádiz, polo monopolio comercial americano, Barcelona e Madrid.

A herdanza: unha Nación

editar
 
Estatua ecuestre de Carlos III en Madrid.

Cando o rei morreu en 1788 terminou a historia do reformismo ilustrado en España, pois o estoupido case inmediato da Revolución Francesa no ano seguinte provocou unha reacción de terror que converteu o reinado do seu fillo e sucesor, Carlos IV, nun período moito máis conservador. Axiña, a invasión francesa arrastraría o país a un ciclo de revolución e reacción que marcaría o século seguinte, sen deixar espazo para continuar un reformismo sereno como o que desenvolvera Carlos III.

Entre os aspectos máis duradeiros da súa herdanza quizabes haxa que destacar o avance cara á configuración de España como nación, á que dotou dalgúns símbolos de identidade (como o himno e a bandeira) e ata dunha capital digna de tal nome, pois se esforzou por modernizar Madrid (coa construción de paseos e traballos de saneamento e iluminación pública) e engrandecela con monumentos (da súa época datan a Porta de Alcalá, o Museo do Prado -concibido como Gabinete de Historia Natural- ou a inauguración do novo Xardín Botánico, en substitución do antigo de Migas Quentes) e con edificios representativos destinados a albergar os servizos da crecente administración pública. O impulso aos transportes e comunicacións interiores (coa organización do Correo como servizo público e a construción dunha rede radial de estradas que cubrían todo o territorio español converxendo sobre a capital) foi, sen dúbida, outro factor político que actuou no mesmo sentido, acrecentando a cohesión das diversas rexións españolas.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar