Década de 1140
Segundo milenio | |||||
Século XII | |||||
| |||||
|
1140
- Artigo principal: 1140.
- Fundación do mosteiro de Monfero, Galiza
- A cidade da Guarda, na Beira Alta de Portugal, é tomada aos mouros.
Arte e cultura
- Remátase o pórtico románico da igrexa francesa de San Lázaro de Autun, (comezado en 1130), obra de Gislebertus.
1141
- Artigo principal: 1141.
Extremo Oriente
- Sutoku, emperador do Xapón, abdica do trono en favor do seu irmán Konoe, que se converte no 76º soberano nipón (até 1155).
Europa
- O mosteiro de Oseira pasa a depender da Orde do Císter.
- O mosteiro de Cambre é cedido polo mosteiro de San Paio de Antealtares a Sancha González, primeira esposa de Fernan Pérez de Traba.
1142
- Artigo principal: 1142.
- 22 de marzo: o abade Pedro e un grupo de monxes cistercienses toman posesión do mosteiro de Sobrado, hoxe na provincia da Coruña,Galiza, que lle cederan os condes de Traba.
- O deán Pedro Elías sucede a Diego Xelmírez na dirección da diocese de Santiago de Compostela (até 1149).
- O rei Afonso VII de León conquista a cidade de Cáceres, aínda que non definitivamente.
1143
- Artigo principal: 1143.
- 26 de febreiro: Afonso o Magnánimo conquista o Reino de Nápoles.
- Inicio do pontificado de Celestino II (ata 1144).
- Inicio do reinado de Manuel I de Bizancio (ata 1180).
- Fundación da cidade de Lübeck por Adolfo III de Holstein-Schaumburg.
- A cidade de Reims obtén as franquías comunais.
- O Papa e o Reino de León recoñecen a Portugal como reino independente.
- Roxerio II de Sicilia ataca as costas da actual Tunisia.
1144
- Artigo principal: 1144.
- 19 de xaneiro: Geoffroy Plantagenêt toma Ruán
- 20 de xaneiro: Geoffroy Plantagenêt, conde de Anjou e de Maine é coroado duque de Normandía en Ruán
- outubro: Unha "tregua" entre o papa e Roxerio II fixa os límites do reino das Dúas Sicilias, que perdurarán sete séculos.
- 24 de decembro: No Medio Oriente a toma de Édessa por Zengi (Zanki) vai estar na orixe da segunda cruzada
- Inicio do pontificado de Lucio II (ata 1145)
- O conde Alphonse Jourdain funda Montauban
- Os habitantes de Roma elixen o seu propio parlamento, o Senado.
- As esculturas do pórtico da catedral de Chartres son un dos primeiros grandes conxuntos plásticos dunha catedral
- Afonso VII ataca Córdoba
- Primeiro exemplo de arquitectura gótica no coro da catedral de Saint Dénis de París
- Primeira mención de Liubliana (Eslovenia)
- Manuel I Comneno pon a Raimundo de Antioquía baixo control bizantino
1145
- Artigo principal: 1145.
1146
- Artigo principal: 1146.
1147
- Artigo principal: 1147.
África
- Os almohades asaltan e toman Marraquech, o que significou a desaparición dos almorábides.
Europa
- Inicio da segunda Cruzada por influencia de Bernaldo de Claraval.
- Toma da cidade de Santarém, até entón en mans dos mouros, polo rei de Portugal, Afonso Henriques.
- Por proposta de D. Afonso Henriques, rei de Portugal, unha armada de cruzados ingleses inicia o cerco de Lisboa. Despois de cinco meses, Lisboa é conquistada aos mouros polas tropas do rei.
- Fundación do mosteiro de São Vicente de Fora por D. Afonso Henriques, monarca portugués.
- Fundação da cidade de Moscova, a actual capital da Rusia.
Ciencia e tecnoloxía
- Primeiro uso documentado, en Europa, do trabuquete, unha máquina para lanzar proxectís, ordinariamente pedras, que utilizaron os voluntarios franceses durante o asedio de Lisboa. Era accionada por un centenar de homes.
1148
- Artigo principal: 1148.
- Bermudo Pérez de Traba funda o mosteiro de Noguerosa, preto de Pontedeume.
1149
- Artigo principal: 1149.
Europa
- 24 de outubro: o rei de Aragón Ramón Berenguer IV toma a cidade de Fraga.
Oriente Próximo
- Nur ad-Din termina a reconquista de Edesa, e acosa os cruzados, tomando as últimas prazas do principado de Antioquía, sitas alén do río Orontes (Apamea, Albara, Artah).
- 27 de xuño: Shirkuh, tío de Saladino, mata a Raimundo de Poitiers na batalla de Font-Muret (Inab), enviando a súa cabeza metida nun cofre de prata ao califa de Bagdad.