Liubliana
Liubliana[1][2] (en esloveno: Ljubljana, literalmente: A cidade que se ama, en alemán: Laibach, en italiano: Lubiana) é a capital de Eslovenia, situada entre os ríos Ljubljanica e Sava. A súa poboación é de 310.000 habitantes.
Ljubljana (sl) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Eslovenia | ||||
City municipality of Slovenia (en) | Ljubljana City Municipality (en) | ||||
Capital de | Eslovenia (1991–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 284.293 (2022) (1.736,03 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua eslovena | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 163,76 km² | ||||
Bañado por | Río Sava e Río Ljubljanica | ||||
Altitude | 309 m | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Zoran Janković (en) (2012–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 1000 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ljubljana.si | ||||
Historia
editarOs restos arqueolóxicos permitiron datar os primeiros asentamentos humanos hai 3500 anos. Os romanos chamaron a cidade Emona (Colonia Emona (Æmona) Iulia trubu Claudia), e o seu nome actual aparece mencionado en 1144 (baixo o nome alemán de Laibach) e en 1146 (co nome de Luwigana).
Despois de ser recoñecida como cidade en 1220, Liubliana pasou a formar parte do imperio dos Habsburgo en 1335. Converteuse no centro dunha diocese en 1461 e desenvolveu unha cultura eslovena durante a Idade Media. Os Habsburgo de Austria gobernaron a rexión cunha interrupción debida ás guerras napoleónicas. Entre 1809 e 1813 Liubliana foi a capital das provincias ilirias pertencentes ao Primeiro Imperio francés. En 1821 a cidade acolleu o congreso de Laibach.
En 1693 estableceuse en Liubliana a sociedade científica Academia operosorum labacensis, e en 1701 naceu a sociedade filharmónica Academia philharmonicorum. En 1919 Liubliana foi dotada dunha universidade, e en 1937 fundouse a Academia Nacional das Ciencias e das Artes.
Coa coalición de croatas e serbios en 1918, Liubliana converteuse no centro da Dravska banovina (o dominio do ban do Drava e, despois da segunda guerra mundial, a capital da república iugoslava de Eslovenia. Liubliana seguiu sendo a capital eslovena despois da independencia desta república en 1991.
Liubliana foi moitas veces devastada por tremores de terra. Despois do sismo de 1511 foi reconstruída segundo o modelo dunha cidade renacentista e despois do de 1895, que danou seriamente a cidade, foi novamente reconstruída seguindo esta vez o estilo neoclásico. A arquitectura da cidade é pois unha mestura de estilos. As grandes estruturas da cidade construídas despois da segunda guerra mundial están caracterizadas polo traballo do arquitecto esloveno Jože Plečnik.
Transportes
editar- A frota de autobuses é moderna. Os buses son coñecidos como troles, desde o tempo en que Liubliana tiña un servizo de trolebús. En 2005, a tarifación non permitía coller dous buses ou máis co mesmo billete.
- A estación de Liubliana ten conexións ferroviarias con numerosas cidades de Eslovenia e de Europa.
- A rede de taxis é parecida á de calquera cidade europea
Cidades irmás
editarNotas
editar- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ Varios. Universidade de Vigo, ed. "Lingua galega. Dúbidas lingüísticas." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2014. Consultado o 7 de xuño de 2013.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Liubliana |