Frank Zappa
Frank Vincent Zappa, nado en Baltimore (Maryland) o 21 de decembro de 1940 e finado nos Ánxeles o 4 de decembro de 1993,[1] foi un cantante, guitarrista, compositor e artista satírico estadounidense.
Biografía
editarDe ascendencia siciliana, grega, árabe, francesa, irlandesa e alemá, foi o maior de catro fillos. A causa da asma que Frank sufría, a súa familia mudouse en xaneiro de 1951 a Monterey (California), uns 150 quilómetros ó sur de San Francisco. Antes de volver a California (San Diego) a principios dos 50, viviron un tempo en Pomona e en El Cajón. En 1955 a familia reestableceuse en Lancaster, pequena cidade no val Antelope, no deserto Mojave, uns quilómetros ó norte dos Ánxeles. Con 15 anos Frank pasara xa por seis escolas diferentes, o que puido contribuír ó sentido de alienación que o embargaría de adulto.
O seu pai, que nacera en Sicilia, era químico e traballaba cerca da base Edwards da Forza Aérea estadounidense, lugar dedicado naquela época á investigación no campo das armas químicas. Dada esa proximidade tiña na súa casa máscaras de gas para usar en caso de accidente, e é seguro que iso afectou enormemente a Frank de mozo: na súa obra encóntranse varias referencias a xermolos, guerra bacteriolóxica e outros aspectos da industria militar secreta.
A situación de Lancaster permitiu a Frank acceder á estimulante influencia dos sons (musicais e publicitarios) das radios dos Ánxeles e zonas adxacentes, e os seus pais compráronlle un tocadiscos, discos, un televisor e instrumentos musicais. A televisión foi igualmente outra grande influencia: en case tódalas súas obras hai referencias a ela, ós seus programas, os seus anuncios publicitarios e os seus jingles.
A súa obra cubriu unha longa variedade de estilos musicais (principalmente, avant-garde, rock psicodélico, jazz fusión, e clásico contemporáneo) e destacou na súa mestura de academia, ópera rock, absurdo, humor escatolóxico e satírico.
Creou e liderou unha gran banda musical The Mothers Of Invention, posteriormente chamados só "Mothers", pola que pasaron os mellores expoñentes do rock e o jazz da súa xeración, un exquisito grupo de músicos entre os que destacan Jean Luc Ponty, George Duke ou Warren Cuccurullo.
Frank Zappa morreu o 4 de decembro de 1993, con 52 anos, de cancro de próstata. Foi inhumado nunha tumba sen identificación no Westwood Village Memorial Park Cemetery, en Westwood, California.
O seu lugar na música do século XX
editarMalia que gran parte da súa obra foi loada pola crítica, nunca obtivo un éxito masivo, se ben nunca buscou tal cousa ó longo da súa carreira (o que pode comprobarse nas súas declaracións acerca do mainstream, a corrente principal da industria musical).
Discografía
editarÁlbums de Frank Zappa
editar- Freak Out! (1966)
- Absolutely Free (1967)
- Lumpy Gravy (1967)
- We're Only in It for the Money (1968)
- Cruising with Ruben & the Jets (1968)
- Uncle Meat (1969)
- Mothermania: The Best of the Mothers (1969)
- Worst of the Mothers (1969)
- The !@#$ of the Mothers of Invention (1969)
- Hot Rats (1969)
- Burnt Weeny Sandwich (1969)
- Weasels Ripped My Flesh (1970)
- Chunga's Revenge (1970)
- Fillmore East - June 1971 (1971)
- 200 Motels (1971)
- Just Another Band From L.A. (1972)
- Waka/Jawaka (1972)
- The Grand Wazoo (1972)
- Overnite Sensation (1973)(na actualidade véndese conxuntamente co Apostrophe).
- Apostrophe (1974)
- Roxy & Elsewhere (1974)
- One Size Fits All (1975)
- Bongo Fury (1975)
- Zoot Allures (1976)
- Zappa In New York (1978)
- Studio Tan (1978)
- Sleep Dirt (1979)
- Sheik Yerbouti (1979)
- Orchestral Favorites (1979)
- Joe's Garage acts 1,2 y 3 (1979)
- Tinseltown Rebellion (1981)
- Shut Up 'N' Play Yer Guitar (1981)
- You Are What You Is (1981)
- Ship Arriving Too Late To Save A Drowning Witch (1982)
- The Man From Utopia (1983)
- Baby Snakes (1983)
- London Symphony Orchestra, vol. 1 (1983)
- Boulez Conducts Zappa: The Perfect Stranger (1984)
- Them or Us (1984)
- Thing-Fish (1984)
- Francesco Zappa (1984)
- Frank Zappa Meets The Mothers Of Prevention (1985)
- Does Humor Belong In Music? (1986)
- Jazz From Hell (1986)
- London Symphony Orchestra, vol. 2 (1987)
- Guitar (1988)
- You Can't Do That on Stage Anymore, vol. 1 (1988)
- You Can't Do That on Stage Anymore, vol. 2 (1988)
- Broadway The Hard Way (1989)
- You Can't Do That on Stage Anymore, vol. 3 (1989)
- The Best Band You Never Heard In Your Life (1989)
- You Can't Do That on Stage Anymore, vol. 4 (1991)
- Make A Jazz Noise Here (1991)
- Beat The Boots I (nove discos que se comercializaron nunha caixa ou por separado) (1991):
- As An Am (1981-82)
- The Ark (1968)
- Freaks & Motherfu*#@%! (1970)
- Unmitigated Audacity (1974)
- Anyway The Wind Blows (2 discos) (1979)
- 'Tis The Season To Be Jelly (1967)
- Saarbrucken 1978 (1978)
- Piquantique (1973)
- Beat The Boots II (8 discos en caja o por separado) (1992):
- Disconnected Synapses (1970)
- Tengo Na Minchia Tanta (1970)
- Electric Aunt Jemima (1968)
- At The Circus (1978)
- Swiss Cheese/Fire! (2 discos) (1971)
- Our Man In Nirvana (1968)
- Conceptual Continuity (1976)
- You Can't Do That on Stage Anymore, vol. 5 (1992)
- You Can't Do That on Stage Anymore, vol. 6 (1992)
- Playground Psychotics (1992)
- Ahead Of Their Time (1993)
- The Yellow Shark (1993)
Álbums póstumos
editar- Civilization, Phaze III (1994)
- Frank Zappa Plays the Music of Frank Zappa: A Memorial Tribute (1996)
- Trance Fusion (2006)
Edicións de Concertos en Vivo
editar- FZ:OZ (2002)
- Halloween (2003)
- Imaginary Diseases (2006)
Recompilacións
editar- Strictly Commercial (1995)
- Have I Offended Someone? (1997)
- Cheap Thrills (1998)
- Son of Cheep Thrills (1999)
Rarezas de estudio
editar- Läther (1996)
- The Lost Episodes (1996)
- Mystery Disc (1998)
- Cucamonga Years: The Early Works of Frank Zappa 1962-196] (1998)
- Everything Is Healing Nicely (1999)
- Joe's Corsage (2004)
- Joe's Domage (2004)
- QuAUDIOPHILIAc (2004)
- Joe's XMASage (2005)
- MOFO -Making Of Freak Out- (2007)
Homenaxes e outros
editarZappa entrou no Rock and Roll Hall of Fame (Museo e templo da fama do rock and roll en Cleveland) en 1995. Nese ano creouse a única estatua coñecida de Zappa, situada no centro da vila de Vilnius, capital de Lituania, feita por Konstantinas Bogdanas, o escultor lituano especializado nos retratos de Lenin. Pódese ver tamén un busto de Zappa en Bad Doberan no nordeste de Alemaña, onde cada ano se celebran as Zappanales. Tamén hai un busto máis antigo en Praga (República Checa). Un asteroide foi nomeado "(3834) Zappafrank[6]" en homenaxe a Zappa. Nos suburbios de Berlín Leste inagurouse o 28 de xullo de 2007 a rúa "Frank-Zappa-Strasse" .
- Jean-Luc Ponty: King Kong: Jean-Luc Ponty Plays the Music of Frank Zappa (1970)
- BRT Big Band: The BRT Big Band Plays Frank Zappa (1990)
- Yahozna: Yahozna Plays Zappa (1992)
- Joel Thorne/Orchestra of Our Time: Zappa's Universe - A Celebration Of 25 Years Of Frank Zappa's Music (1993)
- Ensemble Modern: The Yellow Shark (1993)
- Harmonia Ensemble: Harmonia Meets Zappa (1994)
- Omnibus Wind Ensemble: Music By Frank Zappa (1995)
- The Muffin Men: Frankincense: The Muffin Men Play Zappa (1997)
- The Persuasions: Frankly A Cappella (2000)
- Ensemble Ambrosius: The Zappa Album (2000)
- Bohuslän Big Band: Bohuslän Big Band plays Frank Zappa (2000)
- Ensemble Modern: Zappa: Greggery Peccary & Other Persuasions (2003)
- Unmatched: Sete volumes con 83 versións interpretadas na súa maioría por grupos españois e con varias aportacións de grupos europeos e hispanoamericanos. (1996-2004)
Películas
editar- 200 Motels
- The True Story of 200 Motels
- Does Humor Belong In Music?
- Baby Snakes
- Video from hell
- Uncle Meat
Notas
editar- ↑ Feldman, Paul (06/12/1993). Los Angeles Times, ed. "Frank Zappa, Iconoclast of Rock, Dies at 52" (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2017.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Frank Zappa |
A Galicitas posúe citas sobre: Frank Zappa |
Bibliografía
editar- De la Fuente Soler, Manuel (2006). Frank Zappa en el infierno. El rock como movilización para la disidencia política. Madrid: Biblioteca Nueva.
- Pagán, Alberte. "Vacas ou As laganhas de Zappa". Café Barbantia, 4 decembro 2016.
Ligazóns externas
editar- www.zappa.com Sitio oficial de Frank Zappa. (en inglés)