Khoisa
Os khoisas[1] son un dos grupos étnicos que habitan na rexión suroeste de África e que comparten algunhas características físicas e lingüísticas.
Khoisa | |
---|---|
Home san de 33 anos, en Namibia | |
Poboación | |
Poboación total: | |
Rexións principais: | |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas khoisas |
Relixión | Animismo, islam |
Grupos relacionados | Pobo san, Khoikhoi |
Historia
editarCulturalmente, os khoisas divídense en dous grupos: Os san, antigamente coñecidos como bosquimáns, un pobo dedicado á caza e a recolleita; e os khoi (ou tamén khoikhoi), antigamente coñecidos como hotentotes e que é un dedicado ao pastoreo. Aparentemente, estes pobos teñen unha longa historia, estimada en varios millares, talvez decenas de millares de anos, mais neste momento existen tan só uns poucos grupos, principalmente no deserto do Kalahari, en Namibia.
Os khoisas actuais poden ser descendentes de pobos cazadores-recolectores que habitaban toda África Austral e que desapareceron coa chegada dos bantú a esta rexión, hai preto de 2000 anos. Non é probábel que os bantú exterminasen aos khoisas, pois algunhas das súas características lingüísticas e físicas foron asimiladas por varios grupos bantú, como os xosas e mais os zulús. É máis probábel que a redución do seu territorio de caza, derivado da instalación dos agricultores bantú, fora unha causa da redución do seu número e da súa área de vida.
Ata á instalación dos neerlandeses e franceses hugonotes en Suráfrica, hai preto de 200 anos, estes pobos aínda poboaban grandes extensións da Namibia e da actual Botswana, mais foron practicamente exterminados, ao non aceptar traballar nas condicións que os novos colonos exixían.
Estes colonos chamáronlles hotentotes, que significa "gago" na lingua neerlandesa, probabelmente debido á súa lingua peculiar - ou bushmen, ou sexa "homes do bosque", termo que se adaptou en lingua galega como bosquimáns. Ambos os nomes teñen, actualmente, unha connotación pexorativa, así como o termo san usado para un grupo específico de khoisa, ademais de que na súa lingua significa estranxeiro. Os nomes utilizados hoxe en día derivan dos nomes das súas linguas. Así e todo, a palabra hotentote continúa a ser utilizada nos nomes de varias plantas e animais de Suráfrica, como a herba do coitelo Carpobrotus edulis (en inglés "figo hotentote"), ou o Toirán-hotentote Turnix hottentotta.
Características físicas
editarFisicamente, os khoisa son en media máis baixos e exiguos que os restantes pobos africanos. Alén diso, posúen unha cor de pel amarelada e prega epicántica nos ollos, como os chineses e outros pobos do Extremo Oriente. Algunhas destas características son agora comúns noutros grupos étnicos surafricanos e son patentes en Nelson Mandela.
Unha outra característica física dos khoisas é a esteatopixía das mulleres (gran desenvolvemento posterior das nádegas), que levou a que unha muller chamada Saartje, ou Sarah Baartman, fose levada para a Europa no século XIX e usada para exhibición en feiras, a famosa Venus Hotentote.
Os khoisas posúen o máis elevado grao de diversidade do ADN mitocondrial de todas as poboacións humanas, o que indica que son unha das comunidades humanas cunha historia máis antiga. O seu cromosoma Y tamén suxire que os khoisas se atopan, do punto de vista evolutivo, moi preto da raíz da especie humana.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para khoisa.