Impresión por transferencia
A Impresión por transferencia (en inglés transfer-printing) é un método para decorar olaría cerámica ou outros materiais mediante unha placa de cobre ou aceiro gravada da que se toma unha impresión monocroma en papel que logo se transfire premendo sobre a peza de cerámica. A cerámica decorada usando a técnica coñécese en ocasións polo seu nome en inglés como transferware.
Naceu en Italia, desenvolveuse principalmente en Inglaterra a partir da década de 1750, e no século XIX fíxose enormemente popular nese país, aínda que relativamente pouco utilizado noutros países produtores de cerámica. A maior parte da produción procedía da industria cerámica dominante de Staffordshire. América era un mercado importante de produtos ingleses impresos por transferencia, cuxas imaxes se adaptaban a aquel mercado.
A técnica era esencial para engadir decoración complexa como o patrón Willow a cerámica relativamente barata.
Ademais da cerámica, a técnica foi utilizada en metal, e metal esmaltado, e ás veces en madeira e téxtiles. Aínda é utilizado hoxe, a pesar de que maioritariamente se emprega a por litografía. No século XIX desenvolvéronse os métodos de transferencia en cor.
Proceso
editarComeza cunha placa de impresión de metal gravada similar ás que se usan para facer augafortes e outros tipos de gravados en papel. A placa úsase para imprimir o patrón en papel de seda, empregando como "tinta" mesturas de pigmentos especiais resistentes ao lume. A transferencia colócase do lado do pigmento cara a abaixo sobre a peza de cerámica, de xeito que a tinta pegañenta se transfira á superficie cerámica. Normalmente, necesitábanse varias seccións de transferencia diferentes para cada peza se o deseño cubría todo o obxecto (ver ilustración). O papel flota ao mergullar a peza en auga ou déixase queimar no enfornado. Isto pódese facer por enriba ou por baixo o vitrificado da cerámica, pero o método de subesmalte ("underprinting") proporciona unha decoración moito máis duradeira. A cerámica é entón vidrada (se isto non se fixera xa) e cociñada nun forno para fixar o patrón. Coa impresión de esmalte só era necesario un lume a baixa temperatura. O proceso produce liñas finas semellantes ás impresións dos gravados.[1]
Antes do transfer, a cerámica pintábase a man, un proceso laborioso e custoso. A impresión por transferencia permitiu que a alta calidade de representación desenvolvida na pintura sobre porcelana se fixese moito máis barata. Inicialmente, empregábase principalmente en porcelana, pero despois duns anos tamén se empezou a usar nos novos utensilios de barro de alta calidade que viñan desenvolvendo os oleiros ingleses, como Creamware (unha cerámica refinada de cor crema con esmalte de chumbo vítreo brillante e Pearlware (louza de mesa refinada recoberta cun esmalte vítreo levemente azulado contendo cobalto).[2]
A finais do século XVIII, introduciuse unha técnica variante chamada "bat printed wares" (literalmente, "pezas impresas con morcegos"). A técnica asociouse coa introdución de punteado en lugar de gravado en liña como a técnica empregada nas placas de cobre.[3] O proceso era moito máis complicado, e foi pouco utilizado após 1820.[4]
Cor
editarEstas técnicas imprimían unha soa cor, que era a miúdo o azul de cobalto que se usou intensamente para pintar cerámica durante séculos en todo o mundo. O seu éxito foi porque a cor era atractiva e o cobalto mantña a súa cor incluso en fornos de porcelana a temperaturas moi altas. Inicialmente, o azul cobalto, o negro e o marrón eran probablemente as únicas opcións de cor para a impresión de transferencia de esmalte.
A Impresión por transferencia podería ser complementada con pigmentos ou dourados engadidos a man. O uso de transferencias múltiples, cada un cunha cor diferente, presentouse bastante cedo, ao principio de ser empregada a técnica, cando as áreas diferentes eran imprimidas en partes, por exemplo, un prato co centro nunha cor, e a fronteira noutro. Era máis difícil de construír unha imaxe completa policromada, mais isto foi perfeccionado por Messrs F&R Pratt de Fenton nos 1840s.[5]
-
Teteira con escena dunha adiviñadora de fortuna. Debuxo negro imprimido con manual esmalte de cores. 1762–82
-
Prato usando dous transfers, morado e verde, c. 1830, Enoch Wood & Co.
-
Teteira policroma, 1896
-
Caixiña de metal con publicidade, Gran Bretaña, finais do século XIX
-
Impresión moderna a cor - 1937 'Cunca de coroación' (Coronation mug) por Eric Ravilious para Wedgwood
Historia dos deseños
editarA cerámica e o gravado eran mundos xa moi relacionados, cun gran número de copias a ser feitas por pintores, especialmente de porcelana, para o cal as ilustracións de libros foron a principal fonte de imaxes. As primeiras escenas, sobre todo en pezas relativamente pequenas, ou en pezas máis grandes que ocupaban só o centro da peza, incluíanse parellas ou grupos pequenos, paisaxes, ruínas clásicas, barcos e retratos, especialmente dos heroes militares da Guerra dos Sete Anos de 1756–63. Todo isto proviña do repertorio existente de pintura porcelana, con escenas de fábulas de Esopo sendo as referencias literarias máis populares.
No 1776 comezan a facerse pezas en Nova York, e América do Norte converteuse nun importante mercado. Nese momento a impresión por transferencia en cerámicas refinadas, como as <i>creamware,</i> era habitual. Un gran número de deseños celebraron a nova república dos Estados Unidos e en particular George Washington, con elaboradas decoracións arredor da imaxe central a medida que o século chegaba ao seu fin.
Historia
editarItalia
editarA pesar de que Inglaterra dominou a historia da impresión por transferencia, a técnica xa fora utilizada en Italia. Unhas cantas pezas de maiolica, probabelmente dos arredores de Turín, mestura elementos imprimidos e pintados na súa decoración. Datan de finais do século XVII, ou de principios do XVIII; Coñécense catro pezas sobreviventes. Entre 1749 e 1752, ao tempo das primeiras pezas de transfer-printting inglesas, a fábrica de porcelana Doccia preto de Florencia tamén usou impresión por transferencia. Eles tamén experimentaron con estarcido, e algunhas pezas mesturan estas técnicas. Sobre 50 pezas sábese que sobreviviron.[6]
Inglaterra
editarNo 1750s tres homes fixeron avances significativos na aplicación da decoración imprimida en superficies cerámicas; probabelmente non eran conscientes dos precedentes italianos. A maioría de usos temperáns eran en caras pezas de porcelana, en contraste co século XIX, cando era moito máis utilizado en louza. Inicialmente, todas as pezas eran de esmalte <i>overglaze</i> impreso. Unha soa peza de porcelana de Chelsea sobrevive no Museo británico, a cal ten un deseño de transfer-printting coa marca da "forma de áncora" indicando unha data entre 1750 e 1752. Tamén está documentado que un artista de esmalte suízo facía a impresión nunha fábrica non identificada próxima (pero diferente) á de Chelsea, durante unha visita a Londres que rematou a finais de 1752.[7]
En 1751, John Brooks, un gravador irlandés que entón radicaba en Birmingham, solicitou unha patente para "imprimir e revertir o esmalte e a porcelana a partir de placas gravadas e mezotintadas e de esqueixos sobre madeira e metal... " Preocupouse principalmente pola decoración impresa en esmaltes - caixas, placas, medallóns etc. A súa solicitude de patente fallou e mudouse de Birmingham a Londres, onde continuou solicitando sen éxito as patentes. Estivo involucrado na impresión inicial de esmaltes en Battersea en Londres e probablemente en Bilston, onda Birmingham. [8]
A impresión sobre esmalte comezou probablemente cara ao 1753 (unha carta de Horace Walpole datada o 7 de setembro de 1755 menciona unha caixa Battersea impresa) e cara ao 1756 o seu proceso estaba a usarse nalgunha porcelana de Bow (de Stattford-at-Bow, Londres), aínda que os resultados non foron excelentes, quizais como o esmalte foi "demasiado suave e fusible", dando a tendencia a esvaer a imaxe. As cores da década de 1750 eran un "negro violáceo ou marrón" ou un "fermoso vermello ladrillo cálido". Cara a 1760 había algunha impresión de esmalte en azul.[9]
Cinco anos após o primeiro intento de patente de Brooks, en 1756,[10] John Sadler (en colaboración con Guy Green) afirmou nunha declaración xurada de patente que pasaran os últimos sete anos aperfeccioando un proceso para imprimir en azulexos e que podían "imprimir máis de 1200 baldosas de terras de diferentes patróns" nun período de 6 horas. Sadler e Green estamparon en Liverpool, onde o seu comercio incluía a impresión de arxila esmaltada, porcelana e <i>creamware</i>.[11]
A impresión por transferencia en porcelana na fábrica de porcelana de Worcester na década de 1750 adoita asociarse a Robert Hancock, gravador que asinou algunhas pezas e tamén traballara para Bow. Richard e Josiah Holdship, os xerentes de Worcester, foron moi solidarios e implicáronse co traballo de Hancock. A mediados da década de 1750 a fábrica de Worcester producía estampas de esmaltes por debaixo (underglazed) en azul e estampados de esmalte por riba (overglazed), predominantemente en negro.[12]
Algunhas pezas impresas presentaban formas complicadas e incluían dourado, o que demostraba que a técnica era neste momento considerada axeitada para produtos de luxo.[13]
A partir de 1842 a Oficina de Patentes do Reino Unido introduciu un sistema de marcas rexistradas, normalmente impresas na parte inferior das pezas. Os deseños rexistrábanse facilmente enviando as transferencias impresas en papel.[14] A tecnoloxía de impresión por transferencia estendeuse tamén a Asia. A cerámica de Kawana no Xapón desenvolveuse a finais do período Edo e era un tipo de porcelana branca e azul.
Galiza
editarA Real Fábrica de Sargadelos, tiña a materia prima necesaria para a cerámica de Sargadelos moi próxima: arxilas, caolins, leña, cursos de auga... Tamén o porto de San Cibrao para recibir e enviar mercadorías a lugares distantes, imitando así a iniciativa inglesa.
A creación da fábrica en 1806 implicou un novo sistema de produción, introducindo o proceso mecánico que substituiría a peza feita a man, tentando así tamén baixar os prezos. A pintura a man tamén foi substituída polo moderno sistema de estampación por transferencia importado de Bristol (Inglaterra). As pezas estaban feitas de louza fina, un produto intermedio entre a louza e a porcelana, un material duro e lixeiro ao mesmo tempo, feitas con lume entre 1.100 °C e 1.200 °C. Despois da cocción, a cor vólvese branca e é cando se aplica un verniz plumbífero (de chumbo). Este sistema difire da louza porque en vez de engadir area á pasta, engádense sílice, feldespato, caolín e calcio, obtendo diferentes resultados en función das cantidades engadidas. Sobre esta pasta superpón o patrón, cuxa técnica fora aperfeccioada en 1761 por John Sadler e Guy Green, na fábrica de Liverpool.
A partir de 1845 a empresa pasou a mans dunha familia compostelá e tomou un novo curso, chegando a contratar a numerosas familias (máis de mil, alén de 300 pares de bois e 22 barcos) que permitiron crear grandes cantidades de pezas de boa calidade, tanto estética como técnica. Nesa época fabricáronse tamén algunhas vaixelas reais para Isabel II —partes das cales se exhiben no Museo de Pontevedra—. Este período foi dirixido polo británico Edwing Forestier e un grupo de ceramistas ingleses chegou en 1847 desde Staffordshire. Os pratos estaban feitos con barro fino pero moi duro chamado "sílex".
A vaixela e as xerras tiñan unha decoración estampada en gran parte de xeito industrial, a técnica empregada consistía en gravar unha placa de cobre ou estaño co debuxo a copiar —as primeiras placas importáronse de Inglaterra—, posteriormente entintábase coa tinta mesturada con graxa. Esta placa era impresa nun papel fino que estaba pegado á superficie da peza. Esta absorbía a tinta e imprimíase o debuxo, retirábase o papel con auga e cubríase cun verniz plumbífero e pasábase a unha segunda cocción. A transparencia deste verniz permitía ver o debuxo impreso con claridade ademais de darlle un brillo especial. A decoración máis frecuente nesta época foi a chamada "góndola": un debuxo paisaxístico no que o primeiro termo é unha balaustrada, detrás da cal se pode ver un río cunha góndola; o fondo está formado por outeiros con edificios e árbores. Outras decoracións presentaban cisnes, pavos reais ou temas chineses. As cores empregadas foron o negro, o púrpura, o vermello, o verde e o azul cobalto claro. Houbo outra innovación exitosa que foi a serie chamada china opaca, a imitación do inglés flown blue. Consistiu en manipular a placa de estampación para que o debuxo quedase lixeiramente borroso ou desenfocado, dando así un aspecto enigmático. O tema era sempre chinés.
Non se perderon as pezas de tipo popular que tiveron tanto éxito na etapa anterior e continuou a fabricación de xerras de Mambrús e tamén se fixeron as figuras de macacos sentados, osos, cans, parrulos, pombas etc. Outros traballos foron pequenas cuncas para auga bendita, tinteiros ou pezas centrais. Tamén se fabricaron obxectos que deixaron de ser útiles despois dun século, como aguamaniles, cuspideiras (escupideras), urinarios e pediluvios.
Fabricantes
editarEntre os principais fabricantes ingleses dos séculos XIX ou XX inclúense Crown Ducal, Enoch Wood & Sons, Royal Staffordshire, Royal Crownford, Alfred Meakin (Tunstall), Spode, Johnson Brothers e Mason's. O proceso foi popular noutros países, incluída Alemaña. Un tipo de transferware particularmente distintivo, cun estampado floral integral, chámase cerámica chintz ou chintzware.
Galería
editar-
Sadler e Green, 1760
-
Caixa de madeira, c. 1900
-
Impresión nunha xarra australiana de pedra (stoneware), impresa en Nova Zelandia
-
Impresión con papel de transferencias, holandesa, 1859
-
Departamento de impresión por transferencia da fábrica de louza, Societe Ceramique, Maastricht
-
Cafeteira decorada con xogos en azul coa técnica de impresión por transferencia térmica ou "carryover". Ginori en Doccia, 1745-50. Museo Richard-Ginori, da fábrica Doccia
-
Prato de cerámica de Sargadelos
-
Marca de impresión, porcelana Sarreguemines, acervo do Museu Paulista da USP
Notas
editar
- ↑ Honey, 6–7; Savage, 30
- ↑ Battie, 117
- ↑ Godden, 44
- ↑ Honey, 7; "Bat-Printed Porcelain", Regency World
- ↑ Godden, 44
- ↑ "Early Italian Ceramic Printing", Printed British Pottery and Porcelain
- ↑ "Overglaze Printing on English Porcelain: the beginnings"
- ↑ Honey, 7; Savage, 30
- ↑ Honey, 7, 116–121, 120 quoted; Savage, 30
- ↑ Hildyard, Robin. (1999) European Ceramics. London: V&A Publications, p. 90. ISBN 1851772596
- ↑ Honey, 295–296
- ↑ Dawson, 172–192; Honey, 7, 118, 220–224
- ↑ Dawson, 186
- ↑ /mark/reg.htm The Potteries, "Ceramic Marks"
Bibliografía
editar- Battie, David, ed., Sotheby Enciclopedia Concisa de Porcelain, 1990, Conran Polbo,
- Copeland, Robert, Transferencia Azul e Branca-Olaría imprimida, 2000, Shire Publicacións Ltd,
- Dawson, Aileen, A Arte de Worcester Porcelain, 1751-1788: Masterpieces desde a Colección de Museo británica, 2009, UPNE de Museo/británico, , 781584657521
- Godden, Geoffrey, China inglesa, 1985, Barrie & Jenkins,
- Mel, W.B., Vello inglés Porcelain, 1977 (3.º edn.), Faber e Faber,
- Savage, George, Olaría Polas Idades, Pingüín, 1959
Véxase tamén
editar- Joe Keller e Mark Gibbs, English Transferware: Popular 20th Century Patterns ISBN 0-7643-2348-2
- Gillian Neale, Miller's: Encyclopedia of British Transfer-Printed Pottery Patterns, 1790 - 1930. Mitchell Beazley 2005
Ligazóns externas
editar- Transferware Club de coleccionistas Arquivado 06 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- A primeira porcelana inglesaArquivado 09 de setembro de 2019 en Wayback Machine.