Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Indro Montanelli

xornalista italiano

Indro Alessandro Raffaello Schizògene Montanelli,[1] nado en Fucecchio (Florencia) o 22 de abril de 1909 e finado en Milán o 22 de xullo de 2001, foi un xornalista, escritor e historiador italiano.

Modelo:BiografíaIndro Montanelli

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1909 Editar o valor en Wikidata
Fucecchio, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xullo de 2001 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfección urinaria Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Florencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, guionista, escritor, director de cinema Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tartu Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioMarmidone
Folco Ferrasco
Pellegrino Tirinnanzi Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalRoberto Gervaso (pt) Traducir: Q19357664 Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeColette Rosselli (1974–1996) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Dizionario degli scrittori italiani contemporanei pseudonimi: 1900-1975 (en) Traducir, (p.178-179) >>>:Marmidone (Indro Montanelli) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0598975 Allmovie: p173828
BNE: XX990685 Dialnet: 2291319 Discogs: 5773325 WikiTree: Montanelli-5 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos e inicios no xornalismo

editar

Indro Montanelli naceu en Fucecchio, preto de Florencia en 1909. O seu pai, Sestilio Montanelli, era profesor de filosofía nun instituto e a súa nai, Maddalena Doddoli, era filla dun rico comerciante de algodón. O nome "Indro" foi escollido polo seu pai polo deu hindú Indra.[2]

Montanelli licenciouse en dereito pola Universidade de Florencia, cun ano de adianto, e escribiu unha tese sobre a reforma electoral do fascismo en que sostiña que non era máis que a abolición das eleccións; puido realizala grazas á axuda dos profesores antifascistas. Frecuentou tamén un grupo en Grenoble de ciencias políticas e sociais. Iniciouse no xornalismo en Il Selvaggio de Maccari, un pequeno xornal de 500 exemplares con xornalistas que, aínda que fascistas, foron os primeiros en romper coa unánime conformidade co réxime. En 1932 entrou en L'Universale, que tiraba uns 1500 exemplares. En 1934 recibiu os parabéns de Mussolini por un artigo contra o racismo e foi convidado a colaborar en Il Popolo d'Italia, despois de que ser pechado polo réxime L'Universale fose pechado polo réxime.

Do fascismo ao antifascismo

editar
 
Montanelli en Etiopía en 1936.

A súa actividade como xornalista comezou de xeito efectivo co seu traballo como reporteiro de rúa para Paris Soir en 1934, especializándose na crónica negra. Foi despois enviado como correspondente a Noruega e de alí ao Canadá[3] coa United Press, aínda que continuou a colaborar con Paris Soir. Entrevistou o magnate Henry Ford, facendo del un retrato moi orixinal.[4]

Cando Mussolini invadiu Abisinia en 1935, co intento de facer de Italia un imperio (segunda guerra italo-abisinia), Montanelli abandonou a súa colboración con United Press e converteuse en voluntario como comandante dun batallón de askari. Con vinte e tres anos, foi posto ao mando dun exército de cen homes.[5] Consideraba, como moitos italianos da época, que era ocasión de que Italia levase a civilización ao mundo "salvaxe". Mentres estaba en África, Montanelli comprou e casou cunha nena de doce anos que era a súa escrava sexual, práctica común entre os soldados italianos de Abisinia.[6] Finalmente, vendo a incapacidade, a desorganización do exército e a abundancia de medallas sen valor ningún, comezou a dubidar do réxime.

Involucrouse a continuación na guerra civil española, situándose a favor do bando republicano, chegando a axudar na súa fuxida ata a fronteira a Valentín González, El Campesino, comandante comunista da 46.ª división, que o recompensou regalándolle o seu carné do partido, que Montanelli conservou durante toda a súa vida.

A súa posición contraria ao fascismo levouno ás primeiras serias disidencias con el. Rexeitou o carné do partido, polo que para evitar o peor, Giuseppe Bottai buscoulle un lectorado de italiano na Universidade de Tartu, en Estonia, e posteriormente o fixo nomear Director do Instituto Italiano de Cultura de Tallinn. De volta a Italia, a súa ruptura co partido fascista fíxose efectiva nunha manifestación; recibiu o apoio do Corriere della Sera, que o contratou.

Traballou como reporteiro por toda Europa: en Alemaña, onde conseguiu un encontro con Hitler que narrou no seu libro Il testimone; en Noruega, onde asistiu á invasión alemá; e en Finlandia, de onde saíron unha serie de relatos sobre a guerra entre Finlandia e Rusia que apaixonaron os lectores italianos e en que demostrou a súa predilección por Finlandia.

De novo en Italia, viviu o colapso do 8 de setembro e afiliouse a Giustizia e Libertà, un partido clandestino. Porén, foi descuberto polos alemáns, condenado á morte e encarcerado. Desta experiencia tirou inspiración para un dos seus Incontri, pequenos retratos de personaxes, en concreto o seu relato Il generale della Rovere, que despois serviu de base para que Roberto Rossellini realizase o filme homónimo que obtivo o León de Ouro en Venecia e unha candidatura aos Óscar na categoría de mellor guión adaptado. Saíu de San Vittore por intercesión do cardeal de Milán Ildefonso Schuster, axuda que só coñeceu moitos anos despois grazas a un dos seus lectores.

As revolucións nos países comunistas

editar

Refuxiouse en Suíza ata o final da guerra. Despois do seu remate, a súa actividade de reporteiro levouno a Budapest, durante a invasión rusa con tanques de 1956, e que inspirou o argumento dunha obra teatral, posteriormente adaptada ao cinema con dirección artística do propio Montanelli, I sogni muoiono all'alba (1960). Alí viviu a revolución e asistiu á derriba da estatua de Stalin. Sinalaba nas súas crónicas que estes revolucionarios eran mozos comunistas antistalinistas e non "reaccionarios burgueses" como pretendían os soviéticos e a esquerda internacional. Escribiu tamén destacadas reportaxes sobre a Primavera de Praga de 1968.

Entre as súas amizades, cóntanse personaxes fundamentais da cultura italiana da época como Leo Longanesi e Dino Buzzati.

Declaradamente anticomunista, anarcoconservador (como gustaba definirse), as súas actitudes intransixentes e contracorrente valéronlle nas décadas de 1970 e 1980 unha etiqueta de "fascista" (aínda que nos noventa foi chamado tamén "comunista") por parte das esquerdas, en que vía, naqueles anos, un perigo importante como voceiros da superpotencia soviética.

A saída do Corriere

editar

Co Corriere della Sera baixo a dirección de Piero Ottone, Montanelli dixo que se convertera nunha especie de estraño, e dimitiu antes de ser despedido: a liña do xornal, conformista e servil cos modelos políticos dominantes, era máis do que podía asumir, polo que acabou por fundar en 1974 o seu propio xornal, Il Giornale.[7] Seguírono varios colegas que, como el, non vían ben a nova dirección do Corriere. O propio Ottone recoñeceu con pena que Montanelli estaba a levarse "a vaixela de prata da familia", en referencia aos grandes xornalistas que marcharon con el.

Con Il Giornale, que xa dende o principio concibiu como un xornal de opinión, Montanelli tivo a oportunidade de expresar con maior forza as súas posicións, sempre pouco conformistas e frecuentemente orixinais; a modo de interlocutor exterior á política, orientado ao debate sobre cuestións de principios e partidario dunha dereita idealista, introduciuse no debate político, contribuíndo á creación da figura do analista político de procedencia xornalística.

Ante o crecemento, para el perigoso, do Partido Comunista Italiano, fixo célebre a súa petición electoral de "tapar o nariz para votar a Democracia Cristiá".[8]

En 1977 foi vítima dun atentado por parte das Brigadas Vermellas, que lle dispararon catro tiros (dous deles alcanzáronlle nas pernas) cando se dirixía como todas as mañás ao xornal. Os terroristas xustificaron o atentado por considerar a Montanelli un "escravo das multinacionais". Montanelli recibiu poucos telegramas de pesar e, mesmo, o Corriere dedicoulle un simple solto onde sen nomealo directamente informaba de que un xornalista fora tiroteado ("Milano [...] un giornalista è stato colpito [...]").[9]

Il Giornale tivo un público fiel durante anos, con todo sempre limitado en relación con outros diarios. As crises económicas non tardaron en facerse notar, ata obrigalo a aceptar a entrada de Silvio Berlusconi como editor. A súa asociación durou ata comezos dos anos 1990, cando a entrada en política de Berlusconi provocou as primeiras disidencias entre os dous, levando a Montanelli a abandonar o diario que fundara por encamiñarse este a unha liña con que en absoluto estaba de acordo. Rexeitou a dirección do Corriere della Sera, ofertada por Paolo Mieli e Giovanni Agnelli, e decidiu fundar un novo xornal, La Voce, xunto con corenta xornalistas da súa redacción anterior.

O diario converteuse nunha voz principal da oposición ao goberno de Berlusconi. Montanelli organizou campañas para defender a liberdade de prensa «ameazada: sentemos arredor da mesa, esquerda e dereita, para defender o ben común: a liberdade de expresión», foi unha das súas declaracións máis celebradas. Non obstante, a nova empresa non tivo unha vida longa xa que non obtivo un suficiente volume de vendas; como el mesmo tivo que dicir, La Voce propuña un fenómeno demasiado ambicioso; a páxina cultural tivo particular éxito e foi a parte máis lida.

Montanelli colaborou tamén co pseudónimo "Marmidone" no diario Il Tempo, onde respondía os lectores e polemizaba con outro toscano, Curzio Malaparte.

Volveu entón a traballar para o Corriere, aceptando unha colaboración que lle permitiu permanecer en contacto cos seus "verdadeiros editores", como gustaba chamar os lectores. Creou a sección denominada "Stanza di Montanelli" (Cuarto de Montanelli), unha especie de diálogo cos lectores.

Rexeitamento á política e á relixión

editar

A súa incomodidade fronte a posibles influencias políticas púxose de manifesto cando rexeitou en 1991 a proposta de ser nomeado senador vitalicio da República de Italia. Nunha carta ao presidente Francesco Cossiga, sinalou: "desafortunadamente, o ideal que teño de ser un xornalista absolutamente independente impídeme aceptar esta oferta tan afagadora". En materia relixiosa, consideraba a súa falta de fe como unha profunda inxustiza.[10]

Nos seus últimos anos, Montanelli expresou unha posición profundamente crítica respecto do líder de Forza Italia Silvio Berlusconi, o seu antigo editor. A poucos días das eleccións de maio de 2001, considerando a Berlusconi preto da vitoria electoral, comparouno cunha doenza e dixo que Italia estaría curada, como ocorre coa acción dunha vacina, tralo seu paso polo poder.

Morreu o 22 de xullo de 2001 na mesma clínica de Milán en que outro escritor e xornalista do Corriere, con quen colaborara e tivera unha fonda amizade, Dino Buzzati, morrera 29 anos antes.[11] Ao día seguinte, o Corriere publicou en primeira páxina a súa carta de adeus aos lectores, no seu estilo conciso e esencial, en que lles agradecía o afecto e a fidelidade con que o seguiron ao longo de tantos anos.

  1. "Il vero nome di Montanelli". Fondazione Montanelli Bassi. 19 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  2. "Indro Montanelli". www.treccani.it. Enciclopedia Treccani. Consultado o 17 de xuño de 2020. 
  3. "Montanelli, Indro". 2017. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 4 de setembro de 2017. 
  4. "Indro Montanelli (1909–)". 2017. Consultado o 4 de setembro de 2017. 
  5. Teggi, Annalisa (16 de agosto de 2018). ""Did you, Mr. Montanelli, rape a 12-year-old girl?" asked Elvira Banotti". Aleteia. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  6. "Statue of famous Italian journalist defaced in Milan". Al Jazeera. 15 de xuño de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  7. Montonati, Paola. "Indro Montanelli, una vita dedicata al giornalismo". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2020. Consultado o 18 de febreiro de 2020. 
  8. Postiglione, Venanzio (6 de xuño de 1993). "Montanelli si tura il naso come nel '76: voto l'uomo della Lega". Corriere della Sera. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2012. Consultado o 6 de outubro de 2012. 
  9. "I giornalisti nuovo bersaglio della violenza. Le Brigate rosse rivendicano gli attentati". Corriere della Sera. 3 de xuño de 1977. 
  10. Eco, Umberto; Martini, Carlo María (2005). "¿En que creen los que no creen?". ISSN 0798-1171. 
  11. "Ore 17.30, è morto Indro Montanelli". Corriere della Sera (en italiano). 23 de xullo de 2001. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2015. Consultado o 23 de abril de 2014. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Marcello Staglieno, Montanelli. Novant'anni controcorrente, Milán, Mondadori, 2001
  • Giorgio Soavi, Indro. Due complici che si sono divertiti a vivere e a scrivere, Milán, Longanesi, 2002
  • Gian-Luca Mazzini, Montanelli mi ha detto. Avventure, aneddoti, ricordi del più grande giornalista italiano, Il Cerchio, Rimini 2002. ISBN 88-8474-025-8
  • Marco Travaglio, Montanelli e il Cavaliere. Storia di un grande e di un piccolo uomo, Milán, Garzanti, 2003
  • Giorgio Torelli, Il Padreterno e Montanelli, Milán, Ancora, 2003
  • Paolo Granzotto, Montanelli, Bologna, Il Mulino, 2004.
  • Paolo Avanti-Alessandro Frigerio, "A cercar la bella destra - I ragazzi di Montanelli", Milán, Mursia, 2005
  • Sandro Gerbi-Raffaele Liucci, Lo stregone: la prima vita di Indro Montanelli, Torino, Einaudi, 2006
  • Renata Broggini, Passaggio in Svizzera. L'anno nascosto di Indro Montanelli, Milán, Feltrinelli, 2007
  • Federica Depaolis, Walter Scancarello (a cura di), Indro Montanelli. Bibliografia 1930-2006, Pontedera, Bibliografia e Informazione, 2007 ISBN 978-88-902523-1-0
  • Sandro Gerbi-Raffaele Liucci, "Montanelli l'anarchico borghese. La seconda vita (1958-2001", Einaudi (collana Gli struzzi) 2009
  • Giancarlo Mazzuca, Testimoni del Novecento, Poligrafici Editoriale SpA - il Resto del Carlino, 2008
  • Marcello Staglieno, Introduzione a Montanelli le passioni di un anarco-conservatore, Firenze, Le Lettere, 2009

Ligazóns externas

editar