Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Lontra

É un animal mamífero pertencente á orde Carnivora e á familia dos mustélidos.

A lontra[1] ou londra[2] (Lutra lutra) é un animal mamífero pertencente á orde Carnivora e á familia dos mustélidos. Ten unha distribución principalmente euroasiática, incluíndo Galicia. É o membro da subfamilia das lontras (Lutrinae) de máis ampla distribución, e encóntrase en vías fluviais e costas de Europa, moitas partes de Asia e partes do norte de África. Come principalmente peixes e é fortemente territorial. Está en perigo en parte da súa área de distribución, pero está recuperándose noutras. Non se debe confundir coas lontras americanas do xénero Lontra, actualmente clasificadas separadas do xénero do Vello Mundo Lutra, ao que pertence esta especie.[3]

Lontra
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Lutrinae
Xénero: Lutra
Especie: L. lutra
Nome binomial
'Lutra lutra'
(Linnaeus, 1758)
Distribución Lutra lutra
Distribución Lutra lutra

Distribución Lutra lutra
Distribución da especie
Distribución da especie

Distribución da especie

Descrición

editar

Esta londra euroasiática é unha especie típica da súa subfamilia. É un animal longo e delgado de hábitos acuáticos, de cor marrón por arriba e crema por debaixo. Os seus ósos mostran osteosclerose, incrementando a súa densidade para reducir a flotabilidade.[4] Esta lontra difire da Lontra canadensis norteamericana polo seu pescozo máis curto, cara máis larga, maior espazo entre as orellas e cola máis longa.[5] Porén, a especie euroasiática é a única lontra que hai en gran parte da súa área, polo que raramente se pode confundir con outro animal. Normalmente, esta especie ten unha lonxitude de 57 a 95 cm, sen contar a cola, que mide outros 35 a 45 cm. A femia é menos longa que o macho.[6] O peso seu medio é de 7 a 12 kg, aínda que ocasionalmente un macho vello grande pode acadar os 17 kg.[7][8] O maior espécime rexistrado en fontes fiables pero non verificadas, pesaba uns 24 kg.[9] Ese animal posúe unha pelaxe con dúas capas, unha externa impermeable e outra interna usada para o illamento térmico. Deste xeito pode mergullarse frecuentemente e durante longo tempo para buscar alimento. O corpo é hidrodinámico, preparado para nadar a alta velocidade. De vista reducida, pecha os oídos e o nariz cando se mergulla, polo que confía moito no tacto dos seus bigotes para pescar, que lle permiten detectar pequenas vibracións da auga en condicións difíciles. Xeralmente a lontra ten hábitos nocturnos, durmindo de día na marxe do río e espertando de noite para buscar alimento. Os grupos sociais están formados polas femias e as súas crías. Os machos non viven en grupos e só se xuntan coas femias na época de procreación.

Distribución e hábitat

editar

É a especie de lontra máis amplamente distribuída, a súa área esténdese a partes de Asia, toda Europa e parte do norte de África. Aínda que se cre que agora está extinta en Liechtenstein e Suíza, é moi común en Letonia, ao longo da costa de Noruega, e tamén se está facendo máis abondosa en Galicia, Portugal e Gran Bretaña, especialmente nas Shetland.[10] As lontras irlandesas están moi espalladas xeograficamente e considéranse a poboación máis estable de Europa.[11] En Italia, pode encontrarse en partes do sur da península. A poboación de Corea do Sur está en perigo. Na India a especie está distribuída nas faldras do Himalaia, o sur dos Ghats occidentais e na zona central do país.[12]

Nos últimos anos as súas poboacións están progresando en cifras xerais[13] en Europa, e en particular en Galicia.[14]

En xeral, as súas dietas son variables e adaptables e necesitan vivir en corpos de auga doce non contaminados, incluíndo lagos, regatos, ríos e lagoas, sempre que a fonte de alimento sexa axeitada. En Andalucía pode vivir mesmo en campos de golf.[15] Poden vivir tamén na costa, en auga salgada, pero cómprelles un acceso regular á auga doce para limpar a súa pel. Aínda que ás veces viven frecuentando o mar, non deben confundirse coas verdadeiras londras mariñas de América, moito máis adaptadas a ese tipo de vida.

A lontra de río xaponesa (Lutra lutra whiteleyi), xa extinguida, considérase xeralmente que era unha subespecie de L. lutra.

 
Lontra alimentándose de peixe
Vídeo de lontras comendo peixe conxelado no Acuario de Xixón, Asturias

Comen principalmente peixe.[16] O peixe é a súa comida preferida na zona mediterránea e hábitats de auga doce temperados.[17] Porén, durante o inverno e en ambientes máis fríos, o consumo de peixes é significativamente menor, e utilizan outras fontes de comida, como anfibios,[18][19] crustáceos, insectos, aves e ás veces pequenos mamíferos, incluído crías de castor.[20]

Reprodución

editar
 
Cranio dunha lontra europea

Son animais moi territoriais, que viven en soidade a maior parte do tempo. O territorio dun individuo pode variar entre 1 e 40 km de longo, e o máis habitual é uns 18 km. A lonxitude do territorio depende da densidade de comida dispoñible e a anchura da auga axeitada para cazar (é máis curta nas costas, onde a anchura axeitada é moito maior, e máis longa en ríos estreitos). Usan as súas feces para marcar o seu terriotorio e priorizan o uso dos recursos ante outros membros do grupo.[21] Os territorios só se defenden contra outros individuos do mesmo sexo, polo que os territorios de machos e femias poden solaparse.[22] O apareamento ten lugar na auga. Non se reproducen estacionalmente (machos e femias reprodúcense en calquera momento do ano) e a súa tempada de apareamento é probablemente determinada simplemente pola madurez reprodutiva e estado fisiolóxico da lontra. As femias son sexualmente maduras entre os 18 e 24 meses de idade e a idade media do primeiro apareamento é de 2 anos e medio. A xestación dura de 60 a 64 días, e as crías pesan ao nacer un 10% da masa corporal da femia. Despois do período de xestación nacen dunha a catro crías, que serán dependentes da nai durante uns 13 meses.[23] O macho non intervén directamente nos coidados parentais, pero o territorio dunha femia coas súas crías está xeralmente completamente dentro do territorio do macho.[22] A caza do alimento ten lugar principalmente de noite, mentres que o día o animal o pasa na súa toqueira, que xeralmente é un burato escavado ou un tronco oco na ribeira do río, ao que ás veces se pode entrar só mergullándose por debaixo da auga. Aínda que durante moito tempo se pensaba que cazaba só valéndose da vista (que non é moi boa) e o tacto (teñen sensibles vibrisas), hai probas de que pode tamén cheirar baixo a auga, posiblemente de xeito similar ao do tálpido Condylura cristata.[24][25]

Conservación

editar

As poboacións desta lontra declinaron en case toda a súa área de distribución na segunda metade do século XX[26] principalmente debido á contaminación por pesticidas como os organoclorados e bifenilos policlorados. Outras ameazas son a perda de hábitat e a caza, tanto legal coma ilegal.[27] Agora as poboacións estanse a recuperar en moitas partes de Europa. Por exemplo, no Reino Unido, o número de lugares con presenza de lontras aumentou e as lontras regresaron a todos os condados de Inglaterra cando antes desapareceran de todos menos o West Country e partes do Norte de Inglaterra.[28] A súa recuperación débese en parte á prohibición dos pesticidas máis nocivos que se aplica en Europa desde 1979,[29] en parte pola mellora na calidade das augas co conseguinte aumento das poboacións de peixes, e en parte pola protección legal directa da Directriz de Hábitats da Unión Europea[30] e a lexislación nacional de varios países europeos.[31][32] En canto a Galicia, nos últimos anos as súas poboacións están progresando en cifras xerais, estendendo a súa área de distribución á costa (o 70% da costa galega ten poboacións de lontra)[14]. Entre 1981 e 2004, a lontra aumentou ata un 20% no territorio galego, particularmente nas provincias setentrionais[14]. De feito a existencia de lontras en Galicia vese reflectida na toponimia, así temos os exemplos da Cova da Lontra en Tirán, Moaña ou As Lontreiras, zona litoral rochosa que se atopa no faro da Illa de Sálvora.[33]

En Asia, está na lista de animais en perigo en Paquistán, India, Bangladesh, Myanmar e Tailandia, e está en perigo crítico en Mongolia.[34] En Hong Kong é unha especie protexida pola Ordenanza de Protección de Animais Silvestres Cap 170. Clasifícase como case ameazada na Lista Vermella da IUCN.[34]

A maioría das especies que son vítimas dun declive da súa poboación ou unha perda de hábitat adoitan acabar perdendo as súas dierenzas xenéticas debido á endogamia en pequenas poboacións. Un estudo realizado en 2001, examinou se as poboacións desta lontra sufrían ou non unha falta de variabilidade xenética. No estudo, examináronse os dentes e cranios conservados no Museo Zoolóxico de Copenhague e no Museo de Histoeia Natural de Aarhus. As mostras foran recollidas entre 1883 e 1963 en Dinamarca (Funen, Zelandia e Xutlandia). Estudáronse os tecidos dos dentes e dos cranios determinándose a súa variabilidade xenética facendo análises de ADN. En conclusión, descubriuse que malia o declive das poboacións actual, a especie non presentaba unha diminución da súa variabilidade xenética.[35]

O declive das poboacións de peixes e auga doce nativos, que son os preferidos destas lontras, nos ríos da Península Ibérica, xunto coa expansión de especies exóticas de peixes como os centrárquidos poderían potencialmente poñer esta lontra en risco de extinción.[36]

Na literatura

editar

O naturalista escocés Gavin Maxwell escribiu un libro clásico sobre lontras, Ring of Bright Water, onde narra a convivencia de anos coa súa lontra Edal, ata que esta faleceu no incendio da casa de Maxwell.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lontra.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para londra.
  3. Wilson, Don; Reeder, DeeAnn, eds. (2005). «Genus Lutra». Mammal Species of the World (en inglés) (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. (2142 pp.). ISBN 978-0-8018-8221-0.
  4. Hayashi, S.; Houssaye, A.; Nakajima, Y.; Chiba, K.; Ando, T.; Sawamura, H.; Inuzuka, N.; Kaneko, N.; Osaki, T. (2013). "Bone Inner Structure Suggests Increasing Aquatic Adaptations in Desmostylia (Mammalia, Afrotheria)". PLoS ONE 8 (4): e59146. Bibcode:2013PLoSO...859146H. PMC 3615000. PMID 23565143. doi:10.1371/journal.pone.0059146. 
  5. Godman, John Davidson (1836) American Natural History, Hogan & Thompson.
  6. Hans, Kruuk (2007). Otters ecology, behavior and conservation. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-856587-1. 
  7. European Otter. theanimalfiles.com
  8. European otter Arquivado 23 de decembro de 2011 en Wayback Machine.. purpleopurple.com
  9. Wood, Gerald L. (1983) The Guinness Book of Animal Facts and Feats. Sterling Pub Co Inc., ISBN 978-0-85112-235-9
  10. "Shetland Otters". Shetland Otters. Consultado o 2010-03-15. 
  11. "Vincent Wildlife Trust, Ireland: Otter". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2018. Consultado o 28 October 2018. 
  12. "Joshi, AS, Tumsare, VM, Nagar, AK, Mishra, AK and Pariwakam, MP (2016). Photographic Records of Eurasian Otter Lutra lutra from the Central Indian Landscape. IUCN Otter Spec. Group Bull. 33 (1): 73 - 78". www.otterspecialistgroup.org. IUCN. 2017. Consultado o 2017-01-27. 
  13. All About Otters, in Birds, revista da RSPB, febreiro-abril 2008, vol. 22, nº1
  14. 14,0 14,1 14,2 A lontra expándese en Galicia e ocupa xa máis do 70% da costa, La Voz de Galicia, 06.02.08
  15. "The Use of Artificial Lakes on Golf Courses as Feeding Areas by the Otter (Lutra lutra) in Southern Spain". 
  16. Jędrzejewska, B.; Sidorovich, V. E.; Pikulik, M. M.; Jędrzejewski, W. (2001). "Feeding habits of the otter and the American mink in Białowieża Primeval Forest (Poland) compared to other Eurasian populations". Ecography 24 (2): 165–180. doi:10.1034/j.1600-0587.2001.240207.x. 
  17. Clavero, Miguel; Prenda, José; Delibes, Miguel (2003-05-01). "Trophic diversity of the otter (Lutra lutra L.) in temperate and Mediterranean freshwater habitats". Journal of Biogeography 30 (5): 761–769. ISSN 1365-2699. doi:10.1046/j.1365-2699.2003.00865.x. hdl:10272/2962. 
  18. Pagacz, Stanisław; Witczuk, Julia (2010). "Intensive exploitation of amphibians by Eurasian otter (Lutra lutra) in the Wolosaty stream, southeastern Poland" (PDF). Annales Zoologici Fennici 47 (6): 403–410. doi:10.5735/086.047.0604. 
  19. Weber, J.-M. (1990). "Seasonal exploitation of amphibians by otters (Lutra lutra) in north-east Scotland". Journal of Zoology 220 (4): 641–651. doi:10.1111/j.1469-7998.1990.tb04740.x. 
  20. Kitchener, Andrew (2001). Beavers. Whittet Books. p. 144. ISBN 978-1-873580-55-4. 
  21. Kruuk, H. (1992-06-20). "Scent marking by otters (Lutra lutra): signaling the use of resources". Behavioral Ecology 3 (2): 133–140. ISSN 1045-2249. doi:10.1093/beheco/3.2.133. 
  22. 22,0 22,1 Erlinge, S. (1968). "Territoriality of the otter Lutra lutra L.". Oikos 19 (1): 81–98. JSTOR 3564733. doi:10.2307/3564733. 
  23. Hauer, Silek; Ansorge, Hermann; Zinke, Olaf (2002). "Reproductive performance of otters Lutra lutra (Linnaeus, 1758) in Eastern Germany: Low reproduction in a long-term strategy". Biological Journal of the Linnean Society 77 (3): 329. doi:10.1046/j.1095-8312.2002.00097.x. 
  24. Alleyne, Richard (2010-06-05). "Can otters smell underwater?". Daily Telegraph (London). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2010. Consultado o 2010-06-06. Hamilton James dixo: “Eu sempre tiven a sospeita de que as lontras podían cheirar baixo a auga e quería probalo. Como estaba escuro e os peixes totalmente submerxidos, iso probaba que as lontras tiñan que estar usando un sentido distinto ao da vista e o tacto para localizalos. Despois de revisar a gravación decateime que unha pequena burbulla golpeaba o peixe e era aspirada pola lontra.” 
  25. Director: Richard Taylor Jones; Camera Operators: Richard Taylor Jones, Charlie Hamilton James; Producer: Philippa Forrester (2010-06-06). "Late Summer". Halcyon River Diaries. Episodio 4. London. BBC. BBC One. 
  26. "The Eurasian Otter (Lutra lutra)". English Nature. Consultado o 2010-03-15. 
  27. "Otter: Background to selection". Jncc.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2009. Consultado o 2010-03-15. 
  28. Michael McCarthy (2011-08-18). "Otters return to every county in England". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2019. Consultado o 2011-08-19. 
  29. "Council Directive 79/117/EEC of 21 December 1978". Eur-lex.europa.eu. Consultado o 2010-03-15. 
  30. "Council Directive 92/43/EEC of 21 May 1992". Eur-lex.europa.eu. Consultado o 2010-03-15. 
  31. "Species other than birds specially protected under The Wildlife and Countryside Act, 1981: Schedule 5 (Animals)". Jncc.gov.uk. 2005-08-30. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2009. Consultado o 2010-03-15. 
  32. "Wildlife Act 1976 (Ireland)". Internationalwildlifelaw.org. 1976-12-22. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2006. Consultado o 2010-03-15. 
  33. Otters of the world. otter.org
  34. 34,0 34,1 {{{assessors}}} (2008). "Lutra lutra". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 21 March 2009.  Database entry includes justification for why this species is near threatened
  35. Pertoldi, Cino; Hansen, Michael Møller; Loeschcke, Volker; Madsen, Aksel Bo; Jacobsen, Lene; Baagoe, Hans (2001-09-07). "Genetic consequences of population decline in the European otter (Lutra lutra): an assessment of microsatellite DNA variation in Danish otters from 1883 to 1993". Proceedings of the Royal Society of London B: Biological Sciences 268 (1478): 1775–1781. ISSN 0962-8452. PMC 1088808. PMID 11522195. doi:10.1098/rspb.2001.1762. 
  36. Blanco-Garrido, F., Prenda, J., Narvaez, M. “Eurasian otter (Lutra lutra) diet and prey selection in Mediterranean streams invaded by centrarchid fishes.” Springer Science+Business Media B.V., 2007.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • de la Fuente, J. C.: "Nutrias costeras en Lugo", na revista Quercus. Novembro 2013 (en castelán).

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  • ARKive Fotografías e vídeos.