Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Lord Protector

título nobiliario propio de Inglaterra para xefes de estado

Lord Protector é un título nobiliario propio de Inglaterra para xefes de estado, con dous significados (e estilos) distintos en diferentes momentos da historia.

Rexente real feudal

editar

O título de Lord Protector usouse orixinalmente por parte de príncipes reais ou outros nobres no exercicio dunha rexencia individual (é dicir, que non formasen parte dun Consello de Rexencia) mentres o lexítimo monarca de Inglaterra fose menor de idade, ou non estivese en situación de reinar.

Exemplos notables deste tipo de Lord Protector son:

A república de Cromwell

editar

Lord Protector da Mancomunidade de Inglaterra, Escocia e Irlanda foi o título do xefe do estado durante o Protectorado do Interregno inglés, xusto despois do primeiro período da Mancomunidade de Inglaterra (Commonwealth of Ingland) baixo o goberno do Consello de Estado inglés. O cargo foi ocupado por Oliver Cromwell (decembro de 1653 a setembro de 1658), seguido do seu fillo, Richard Cromwell (setembro de 1658 a maio de 1659).

O Instrumento de Goberno (a constitución republicana) establecía que

Oliver Cromwell, capitán xeneral das forzas armadas de Inglaterra, Escocia e Irlanda, debe ser, e é xa que logo así declarado, Lord Protector da Mancomunidade de Inglaterra, Escocia e Irlanda e os dominios que a forman, para sempre.

A constitución que o substituíu en 1657, a pseudo-monárquica "Humilde Petición e Consello", deu a a súa Alteza o Lord Protector o poder de nomear ao seu sucesor. Cromwell elixiu o maior dos seus fillos, o politicamente inexperto Richard Cromwell. Este sistema de sucesión non representativa e de facto sumouse a outros moitos xestos, como as connotacións monárquicas dos títulos outorgados, a dobre invocación (o 16 de decembro de 1653 e o 3 de setembro de 1658) como "Pola graza de Deus e a República Lord Protector da Mancomunidade de Inglaterra, Escocia e Irlanda", e outras prerrogativas reais como a potestade de nomear cabaleiros, así como os trazos autoritarios do réxime militarizado. Estes signos convenceron a unha parte substancial da poboación de que a Guerra civil rexicida, que en teoría debía sustentar ao parlamento fronte á "tiranía real" e ao protestantismo fronte ao "papismo estuardiano", en realidade creara unha república coroada fortemente represora, e fatalmente incapaz de devolver ao país a paz e a prosperidade.

O mozo Cromwell, ao suceder ao seu pai tras a súa morte en setembro de 1658, só conservou o cargo durante oito meses antes de ter que renunciar ao mesmo en maio de 1659. Ese foi o inicio do segundo período de dominio da Mancomunidade ata a restauración do herdeiro de Carlos I no exilio, Carlos II de Inglaterra, en maio de 1660

O título estivo en desuso desde entón en calquera das súas formas, e é improbable que sexa reutilizado no futuro.