Mailoc
Mailoc (ou Maeloc) foi un bispo galego de orixe britana do século VI.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Morte | valor descoñecido |
Bispo | |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Período de actividade | (Con vida en: 572 ) |
Participou en | |
xuño de 572 | Segundo Concilio de Braga |
Traxectoria
editarO seu nome aparece entre os prelados participantes no Primeiro Concilio de Lugo, no ano 569, e no Segundo Concilio de Braga, no ano 572, asinando: "Mayloc, Brittinorum eclesiae episcopus”.
Representaría a colonia britana estabelecida no norte de Galiza, por brito-romanos emigrantes que abandonaran a illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña, fuxindo das invasións de anglosaxóns xermánicos, acaecidas entre o século V e o VII. Esta hipótese foi formulada por primeira vez por Filgueira Valverde, se ben no existen fontes documentais que o demostren.
Mailoc figura como bispo da diocese de Britonia, lugar que os expertos identifican habitualmente coa actual parroquia de Santa María de Bretoña, situado no concello lucense da Pastoriza.
O nome Mailoc ou Maeloc
editarO seu nome indubidabelmente céltico, corresponde ao actual francés Maclou, como en Saint Maclou, tomado do bretón continental, onde tal santo é tradicionalmente tido por un dos sete fundadores do cristianismo armoricano. O onomástico latinizouse como Maclovius e aínda Machutus. A forma céltica orixinaria debe ser Mac'h Low, composto de «mac'h» 'prenda' e «luh» 'luz; brillante'. Se escollemos o galés como referencia, existe en galés moderno o nome Maelog, que os celtistas relacionan con Mael 'líder'. Pode tamén estar relacionado co San Maelog que aparece en topónimos (p. ex. Llyn Maelog) nas dedicatorias das igrexas de Gales e Bretaña e que viviu no século VI e mesmo que puidese ser el, aínda que non hai máis probas que a coincidencia do nome e a data[1].
O primeiro disco do grupo folk galego Milladoiro levaba por título A Galicia de Maeloc.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Novo título |
Bispo de Britonia ? - 572 - ? |
Sucesor: Metopio |
Notas
editar- ↑ Young, Simon (2002). Britonia: Camiños novos. Toxosoutos. pp. 33-34 ISBN 84-95622-58-0. Hai outros lingüistas como o filólogo Melville Richards que suxire outras posibilidades para o nome de Maelog como Maglocunos. Richards, Melville. "Mailoc". Habis, III. 1972. p. 159
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- García García, Antonio, "Ecclesia Britoniensis". Estudios Mindonienses 2. 1986. pp 121–134
- Young, Simon, Britonia: Camiños Novos, Noia, 2002. ISBN 84-95622-58-0