Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Washington, D.C.

cidade e capital dos Estados Unidos de América
(Redirección desde «Washington, DC»)

Washington, D.C.[1] (ou Distrito de Columbia, ou distrito federal americano) é a capital dos Estados Unidos de América. O seu nome oficial é Washington, Distrito de Columbia. A cidade tamén se coñece como D.C., Washington, Capital Nacional ou Capital Federal. Está situada no leste do país, nas marxes do río Potomac, entre os estados de Maryland e Virxinia. Non se debe confundir co 42° estado americano, Washington. Por isto, Washington, a capital nacional, é xeralmente chamado Distrito de Columbia, e Washington, o estado, Estado de Washington.

Modelo:Xeografía políticaWashington, D.C.
Washington (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Lema«Justitia Omnibus» (1871–) Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialCapitalsaurus (en) Traducir (Dinosauro)
Tordo-dos-bosques (pt) Traducir (aves) Editar o valor en Wikidata
EpónimoGeorge Washington e Cristovo Colón Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°53′42″N 77°02′12″O / 38.895, -77.0367
EstadoEstados Unidos de América
Distrito FederalDistrito de Colúmbia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Capitalsen valor Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación689.545 (2020) Editar o valor en Wikidata (3.895,73 hab./km²)
Número de fogares288.307 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaRegião metropolitana de Washington (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:6.385.162) Editar o valor en Wikidata
Parte de
Superficie177 km² Editar o valor en Wikidata
Auga10,67 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Potomac, Rio Anacostia (pt) Traducir e Rock Creek (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude72 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoFort Reno Park (en) Traducir (124,7 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación16 de xullo de 1790 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
public emergency (en) Traducir
6 de xaneiro de 2021Toque de queda Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Prefeito (pt) Traducir Editar o valor en WikidataMuriel Bowser (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal20001–20098 e 20201–20599 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico202 Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE11001 Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS2390665 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Tshwane (pt) Traducir
Bangkok (1962–)
Dakar (1980–)
Pequín (1984–)
Rexión de Bruxelas-Capital (1985–)
París (2000–)
Atenas (2000–)
Pretoria (2002–)
Seúl (2006–)
Accra (2006–)
Sunderland (2006–)
Roma (2011–)
Ancara (2011–)
Brasilia (2013–)
Adís Abeba (2013–)
San Salvador (2018–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webdc.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451789

O Distrito de Columbia é o distrito federal dos Estados Unidos, que posúe limitado poder gobernamental propio, sendo gobernada maioritamente polo Congreso americano. É o centro administrativo, lexislativo e xudicial do país.

A poboación de Washington é de 588.292 habitantes (2007), e a súa rexión metropolitana posúe preto de 4,4 millóns de habitantes (7,8 millóns xuntamente coa rexión metropolitana de Baltimore, localizado a 100 km de Washington). A súa construción iniciouse en 1792, instalándose o goberno federal en 1800. A cidade constitúe o Distrito de Columbia, desanexado dos estados de Virxinia e Maryland. Posúe innúmeros monumentos, entre os que se encontran a Casa Branca (residencia do Presidente dos Estados Unidos), o Capitolio dos Estados Unidos (sede do Congreso), a Biblioteca do Congreso, o Monumento de Washington, e o Monumento a Lincoln.

Foto aérea do Monumento de Washington e da Casa Branca.

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Washington, D.C..

Xeografía

editar
 
Imaxe de satélite do centro de Washington DC. Note a estrutura das vías públicas da cidade.

Localización xeográfica

editar

As coordenadas xeográficas de Washington son 38°53′42″N 77°02′11″O. O Distrito de Columbia está localizada na marxe nordeste do Río Potomac, ao norte do Estado de Virxinia, e ao sur do Estado de Maryland. A altitude media de Washington é de 7,6 metros, e o seu punto máis alto posúe 125 metros de altitude.

A cidade

editar

Washington está dividida por catro longas rúas que dividen a cidade en catro cuadrantes. Esas rúas parten do Washington Capitol, e chámanse North Capitol Street, South Capitol Street, East Capitol Street e West Capitol Street. Os cuadrantes son noroeste (Northwest), nordeste (Northeast), suroeste (Southwest) e sueste (Southeast). Todos os cuadrantes nomean as súas rúas usando o seguinte esquema: as rúas que cortan a cidade nun sentido leste-oeste son nomeadas cunha letra do alfabeto e as rúas que cortan a cidade nun sentido norte-sur son nomeadas cun número.

Alén diso, Washington está cortada por 50 avenidas que corren na diagonal (nordeste-suroeste, por exemplo), cada unha delas nomeando un Estado americano. Cando se inaugurou, Washington posuía 13 avenidas, nomeando as antigas 13 colonias americanas, localizadas próximas ao Capitolio dos Estados Unidos. Á medida que se engadiron máis Estados á Unión, construíronse máis avenidas , cada vez máis afastadas do Washington Capitol. Cando se cruzan dúas avenidas, forman unha rotatoria. Tales rotatorias posúen moitas veces parques, e teñen nome de personalidades famosas dos Estados Unidos ou do Distrito de Columbia. Washington está dividida nun total de 8 wards (distritos electorais) e 127 bairros diferentes.

O Distrito de Columbia impón límites de altura para os edificios construídos dentro do Distrito. Estas limitacións foron impostas no inicio do século XX, co aparecemento dos rañaceos, para evitar que estes edificios superasen en altura os monumentos da National Mall, co obxectivo de preservar a grandiosidade destes monumentos. Como consecuencia, Washington posúe un dos ceos máis limpos e abertos do país.

Cuadrante Noroeste

editar
 
Imaxe de satélite do Distrito de Columbia. As liñas negras indican as rúas que dividen Washington en catro diferentes cuadrantes, todas partindo do Washington Capitol.

O Cuadrante Noroeste é o maior dos catro cuadrantes, posuíndo aproximadamente a metade da cidade. O Cuadrante Noroeste non soamente é sede do centro gobernamental dos Estados Unidos, senón que tamén é o principal centro económico e comercial da cidade. As principais universidades da cidade tamén se localizan aí.

Cuadrante Nordeste

editar

O Cuadrante Nordeste cobre aproximadamente un cuarto da área da cidade. O Cuadrante Nordeste é predominantemente residencial, e a súa poboación é composta na súa maior parte por familias de clase media e alta.

Cuadrante Sueste

editar

O Cuadrante Sueste cobre aproximadamente un cuarto da área da cidade. Predominantemente residencial, onde moran familias de clase baixa e media, o Cuadrante Sueste tamén posúe un centro comercial importante.

Cuadrante Suroeste

editar

A menor dos catro cuadrantes, ocupando cerca dun décimo da cidade, o Cuadrante Suroeste foi o albo dun extensivo programa de renovación urbana entre a década de 1950 e a década de 1980. Moito do Cuadrante Suroeste é residencial, porén, no Cuadrante Suroeste localízanse varias estruturas gobernamentais e mais unha base aérea, así como un porto militar.

Rexión Metropolitana

editar

A Rexión Metropolitana de Washington-Baltimore inclúe o Distrito de Columbia, Baltimore, as cidades de Alexandria, Falls Church, Fredericksburg, Manasas e Manasas Park, no estado de Virxinia, e outros 18 condados en Maryland e en Virxinia. Como aconteceu en moitas grandes cidades norteamericanas, ambas Baltimore e Washington presentaron perda de poboación, desde a década de 1950. Moito dos habitantes vivindo en mudaranse para cidades veciñas, por causa da alta taxa de criminalidade.

A pesar da caída do número de habitantes na cidade desde a década de 1950, e do seu crecemento lento na actualidade, a rexión metropolitana sempre medrou axiña, desde entón: os habitantes de Washington, ao saír da cidade, mudáronse principalmente ás cidades veciñas. En 1950, a metrópole tiña preto de 3 millóns de habitantes. En 1980, alcanzara case os 5 millóns, e en 2000, 7,8 millóns.

En canto que Washington posúe unha poboación maioritamente afroamericana, que compoñen preto do 60% da poboación, as cidades arredor de Washington son maioritariamente poboadas por brancos.

O clima é temperado, e a cidade posúe catro estacións ben definidas. A temperatura media no inverno é de 3.4 °C, e no verán, de 26 °C. A temperatura mínima no inverno é de -30 °C a 4 °C, e no verán, entre 12 °C a 25 °C. As máximas no inverno fican entre -22 °C a 13 °C, e no verán, entre 19 °C a 33 °C. A precipitación anual media (choiva e sarabia) é de 127 cm. A precipitación media anual de neve é de aproximadamente 150 centímetros.

Administración

editar

Administración municipal

editar

Washington posúe un prefecto e un Consello municipal, como na gran maioría das cidades norteamericanas. Os habitantes da cidade elixen o prefecto e os membros do Consello, por mandatos de 4 anos. O Consello municipal está formado por 13 oficiais. Cinco deles son elixidos pola poboación do distrito e cada un dos oito restantes son elixidos por un dos oito distritos electorais (wards) da cidade. Porén, o poder do goberno municipal está limitado por emendas da Constitución norteamericana. O Goberno federal dos Estados Unidos ten poder de veto e autoridade sobre calquera feito relacionado coa cidade .

O Consello municipal cría novas leis municipais e discute posíbeis modificacións en leis xa existentes, e o prefecto pode vetar ou aprobar novas leis ou mudanzas en leis xa existentes. Porén, novas leis e mudanzas en leis xa existentes poden ser vetadas polo Congreso norteamericano. Unha lei pode ser desaprobada polo Congreso norteamericano, mesmo que esa dada lei fose aprobada por unanimidade polo prefecto e por todos os membros do Consello municipal. O Goberno norteamericano tamén pode criar e aplicar novas leis sen a aprobación do goberno municipal .

Cerca de 70% da renda provén de impostos recadados por impostos municipais, como impostos mensuais aplicados a propiedades, terreos e venda e compra de produtos. O resto da renda anual provén do Goberno federal norteamericano. Este paga unha taxa anual, polas propiedades gobernamentais instaladas en Washington.

Representación no goberno federal

editar

De acordo coa Constitución norteamericana, Washington DC está baixo directa xurisdición do Congreso federal. Este gradualmente cedeu algunha cantidade desta autoridade para o goberno local. Mesmo así, os habitantes do Distrito de Columbia non posúen o mesmo grao de representatividade, aproveitada por habitantes doutros estados norteamericanos.

Os habitantes do Distrito poden votar nas eleccións nacionais para a escolla do presidente norteamericano, mais non posúen representantes no Congreso norteamericano ou no Senado. Os cidadáns están representados na Casa dos Representantes dos Estados Unidos por Eleanor Holmes Norton, unha oficial que participa de comités e en debates mais non pode votar. Así, os cidadáns do Distrito de Columbia son únicos no mundo, xa queos habitantes doutras capitais en todos os outros países do mundo posúen os mesmos dereitos de representación gobernamental que habitantes doutras rexións do país. Moitas tentativas tentaron mudar esta situación, mais elas non tiveron suceso.

Actualmente, a frase Taxation Without Representation (Impostos sen representación) é inscrita nas placas de licenza dos vehículos comercializados no Distrito. Isto é unha forma de protesta, unha vez que, mesmo sen representación no goberno federal, os habitantes do Distrito de Columbia precisan pagar todos os impostos federais norteamericanos, tendo os mesmos deberes dos habitantes dos 50 estados norteamericanos, mais non a mesma totalidade dos dereitos.

Demografía

editar

De acordo co censo nacional de 2000, 572 059 habitantes, 274 845 residencias (248,338 habitadas) e 114 235 familias vivindo na cidade. Cerca do 60% da poboación é afroamericana, 32,78% son brancos, 2,66% son asiáticos, 0,30% son nativos norteamericanos, 0,06% son nativos de rexións norteamericanas do Pacífico, 3,84% son doutras razas e 2,35% son descendentes de dúas ou máis etnias. 7,86% da poboación da cidade son hispánicos, de calquera etnia.

Existen 248 338 residencias ocupadas, dos cales 19.8% abrigan persoas menores de 18 anos de idade, 22,8% abrigan casais, 18,9% abrigan unha muller sen marido presente e 54,0% son ocupadas por apenas unha persoa, ou por persoas que non posúen parentesco ou maior relación entre si. 43,8% das residencias ocupadas son ocupadas por apenas unha persoa, e 10% abrigan cando o menos unha persoa necesitada. Unha residencia ocupada abriga en media 2.16 persoas, e o tamaño medio dunha familia é de 3,07 integrantes.

20,1% da poboación da cidade son menores de idade, 12,7% posúen entre 18 a 24 anos de idade, 33,1% posúen entre 25 a 44 anos de idade, 21,9% posúen entre 45 a 64 anos de idade, e 12,2% da poboación da cidade posúe máis de 65 anos de idade. A idade media dos habitantes da cidade é de 35 anos. Para cada 100 persoas do sexo feminino hai 89 persoas do sexo masculino. Para cada 100 persoas do sexo feminino maior de idade hai 86,1 persoas do sexo masculino maiores de idade.

A renda anual familiar media é de 46 283 dólares. Os homes posúen renda anual media de 40 513 dólares, e as mulleres 36 361 dólares. A renda per capita da cidade é de 28,659 dólares. 20,2% da poboación e 16,7% das familias da cidade viven abaixo da liña de pobreza. 31.1% dos menores de idade e 16,4% dos necesitados que viven no Distrito de Columbia viven baixo a liña de pobreza. Preto do 68% da poboación da cidade son protestantes, 16% son católicos, 4% son crentes doutras relixións, e 7% non posúen relixión ningunha.

Economía

editar

O produto interno bruto do Distrito de Columbia é duns 70 000 millóns de dólares.

Servizos públicos

editar

O goberno dos Estados Unidos é facilmente o maior empregador da cidade. O goberno federal emprega preto de 190 mil persoas que viven dentro de Washington, e outros 130 mil que viven en cidades veciñas. Entre estes traballadores, destacan os membros do Congreso e mais o presidente dos Estados Unidos. Washington é practicamente inmune ás depresións económicas que moitas veces afectan o resto do país. Isto é debido a que o goberno federal norteamericano sempre funciona, calquera que sexa o estado da economía.

Servizos comerciais

editar

O sector comercial e financeiro emprega a preto de 130 mil persoas. Varias compañías e empresas de grande porte teñen a sede na cidade ou nos seus suburbios, facilitando a observación de medidas e leis tomadas polo goberno, e as relacións con este último, cando é necesario. Entre estas compañías e empresas están moitas firmas de dereito, bancos, organizacións financeiras, sindicatos, que aplican presión no goberno na busca de influenciar o goberno, en nome dos membros e/ou clientes destes sectores, ou cando o goberno cría ou aproba certa medida ou lei (ex: un novo imposto para certo sector da economía).

O turismo é outra importante fonte de renda para a cidade. Millóns de turistas vidos de todas as partes dos Estados Unidos e do mundo visitan Washington todo ano. Actividades comerciais relacionadas co turismo empregan preto de 50 mil persoas. Cerca de 55 mil persoas traballan no sector de saúde, nun dos varios hospitais do Distrito. Outras 45 mil persoas traballan nunha das varias institucións de ensino superior do Distrito de Columbia.

Medios de comunicación

editar

Washington posúe dous xornais de circulación diaria: A The Washington Post e a The Washington Times. The Washington Post, o xornal máis antigo e o máis lido da cidade, é tamén un dos xornais máis recoñecidos dos Estados Unidos, e as súas reportaxes políticas son moi influentes. Un xornal nacional, a USA Today, tamén é publicada na cidade. A United Press International, un dos líderes do xornalismo mundial, ten sede en Washington, e preto de 500 diferentes revistas e xornais comunitarios son publicados na cidade. Alén diso, sete emisoras de televisión e máis de 40 emisoras de radio serven a cidade.

Educación

editar
 
A Library of Congress (Biblioteca do Congreso), unha das maiores bibliotecas do mundo.

Escolas

editar

O sistema escolar público está administrado por un Consellor que consta de 9 membros. Cinco deles son electos polos habitantes e os catro restantes polo prefecto da cidade. Os nove membros entón escollen un superintendente, que é encargado de administrar o sistema escolar.

Hai preto de 146 escolas públicas, responsábeis da educación de máis de 72 mil estudantes. Da poboación estudantil, o 85% son afroamericanos, un 9% hispanos e os 6% restantes son na súa maioría brancos ou asiáticos. Outros 10 mil estudantes estudan en escolas privadas.

Bibliotecas

editar

Washington posúe un sistema de bibliotecas públicas administradas pola cidade, e centralizadas nunha biblioteca central, a Biblioteca Martin Luther King.

A Biblioteca Folger Shakespeare, localizada ao leste do Capitolio dos Estados Unidos, acolle a maior colección de obras do escritor inglés William Shakespeare do mundo. A biblioteca é privada, e moitas das súas rarísimas obras non poden ser vistas polo público en xeral (apenas por persoas especializadas). Mesmo así, esta biblioteca é un dos principais puntos turísticos da cidade.

Xa a Biblioteca do Congreso (Library of Congress) posúe máis de 100 millóns de ítems (libros, xornais, revistas, fotos, pinturas, vídeos etc) en 460 idiomas diferentes. Non soamente é unha das maiores bibliotecas do mundo senón que é tamén a axencia de dereitos de autor dos Estados Unidos.

Ensino superior

editar

Washington posúe un total de 10 universidades e 5 facultades, e outras institucións de ensino superior están localizadas en cidades veciñas.

Puntos de interese

editar

Washington posúe preto de 150 parques. Unha actividade común no verán é nadar ou ir a vela polo Río Potomac ou na Baía Chesapeake. A maior e máis coñecida delas é a National Mall, un parque que posúe 3 km de lonxitude.

Outeiro do Congreso

editar
 
O Capitolio dos Estados Unidos.

O Outeiro do Capitolio (Capitol Hill), que posúe 24 metros de altitude, é unha lomba localizada próxima ao centro xeográfico. Están localizadas aquí:

  • O Capitolio dos Estados Unidos, localizado próximo ao centro xeográfico . É onde os membros do Congreso norteamericano se xuntan para discutir e adoptar a lexislación. Posúe 91 metros de altura, e é considerada unha das máis belas estruturas do país.
  • O Tribunal Supremo dos Estados Unidos, onde os membros do tribunal supremo do país se reúnen en sesións para discutir leis e decisións tomadas por tribunais de niveis inferiores. Os turistas non só poden apreciar a arquitectura do edificio, senón tamén poden atender ás sesións do Tribunal.
  • O Xardín Botánico dos Estados Unidos, un xardín botánico que exhibe preto de 10 mil especies diferentes de plantas.

A National Mall é un gran parque, localizado no centro. Posúe 3 km de lonxitude, desde o Capitolio dos Estados Unidos ata o Memorial de Lincoln. Foi inaugurada no comezo do século XX. Nela, están localizadas:

Memoriais a presidentes dos Estados Unidos

editar
 
O World War II Memorial, aberto ao público en 2004, que homenaxea os soldados mortos na segunda guerra mundial.

Memoriais de guerra

editar
 
O Pentágono, localizado na cidade veciña de Arlington, Virxinia.

Outros puntos de interese

editar

Nos suburbios de Washington

editar
  • O Pentágono, o maior edificio de escritorios do mundo e a sede do Departamento de Defensa dos Estados Unidos, localizado en Arlington, Virxinia. Alí, preto de 26 mil persoas traballan diariamente.
  • Tamén en Arlington fica outro punto de interese, a Marine Corps War Memorial, dedicado a todas as persoas que morreron defendendo os Estados Unidos en guerra.

Deportes

editar

Washington é o fogar de varios equipos profesionais norteamericanos. A D.C. United é un equipo de fútbol da Major League Soccer; a Washington Capitals é un equipo de hóckey sobre xeo da National Hockey League, a Washington Mystics é un equipo de basquet feminino da Women's National Basketball Asociation; a Washington Wizards é un equipo de basquet masculino da National Basketball Asociation; e a Washington Nationals é un equipo de basebol da Major League Baseball.

A Washington Nationals é outro equipo de béisbol que se estableceu na cidade en 2005. A Washington Nationals é o novo nome do antigo Montréal Expos, que tiña a sede en Montreal, e mudou de nome ao mudar de cidade.

Transportes

editar
 
Unha estación de metro de Washington.

Transporte público

editar

O sistema de transporte público é extensivo e eficiente. A Washington Metro administra unha malla de ómnibus e un sistema de metro que posúe catro liñas diferentes, 170 km de lonxitude e un total de 89 estacións, que espallase por Washington e cidades veciñas. O sistema non é totalmente integrado: pasaxeiros poden transferirse libremente entre calquera liña de ómnibus, calquera liña de metro ou transferirse entre dunha liña de metro para unha de ómnibus, mais precisan pagar unha taxa extra ao transferirse entre unha liña de ómnibus para unha de metro. Preto de metade dos traballadores e cidades veciñas usan o transporte público para se desprazar para o traballo.

Vías públicas

editar

Metade dos traballadores da rexión metropolitana usan vehículos para se desprazar ao traballo, que posúen un dos mellores e máis completos sistemas de vías públicas dos Estados Unidos. Dúas vías expresas e catro autoestradas interestatais cortan a cidade. Varias pontes conectan o Distrito de Columbia co estado de Virxinia.

Ferrovías

editar

Varias liñas de trens conectan Washington cos seus suburbios máis distantes, e a Union Station conecta a cidade co resto do país. Tanto as liñas de trens suburbanos como as inter-estatais usan a Union Station como estación central.

Aeroportos

editar

O Distrito de Columbia non posúe ningún aeroporto dentro dos seus límites. Mentres tanto, tres aeroportos, localizados en cidades veciñas, atenden a poboación do Distrito:

O 51º Estado norteamericano?

editar

Desde a década de 1970, moitos dos habitantes da cidade queren que o Distrito de Columbia se torne un Estado independente, e gañe todos os privilexios dun estado dos Estados Unidos de América, como representación no Casa dos Representantes e no Senado. Se isto acontecese, o Distrito de Columbia tornaríase o 51º Estado americano, o Estado de Nova Columbia (State of New Columbia).

En 1978, o Congreso americano criaba unha emenda que estipulaba a elevación do Distrito de Columbia a un estado norteamericano, coa condición que un dado número de estados do país concordasen e ratificasen esta emenda nun período de sete anos. Un número insuficientes de estados do país aprobaron a emenda, ata 1985, o prazo final, e o Senado norteamericano rexeitou a emenda en 1992. Porén, a loita polo status de estado continua ata hoxe.

  1. "washingtoniano/a: Persoa natural ou habitante de Washington (Os Estados Unidos de América). Real Academia Galega". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar