A víbora negra
Blackadder | |
---|---|
Formato | Comedia de situación |
Creado por | Rowan Atkinson Richard Curtis |
Intérpretes | Rowan Atkinson Tony Robinson |
País de orixe | Gran Bretaña |
Lingua(s) | inglés |
Episodios | 24 (+ 3 especiais) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | John Lloyd |
Duración | 30 min |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | BBC |
Formato de imaxe | PAL (576i) |
Primeiro episodio | 15 de xuño de 1983 |
Derradeiro episodio | 2 de novembro de 1989 |
Na rede | |
https://www.bbc.co.uk/comedy/blackadder/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A víbora negra[1] (nome co que foi emitido pola TVG) é o título xeral dunha serie de comedias producidas pola BBC que se retransmitiron por primeira vez no ano 1983 ata o 1989. Esta serie de episodios tiñan en común as andanzas de Edmund Blackadder (que en inglés significa víbora negra) e o seu servente Baldrick, interpretados por Rowan Atkinson e Tony Robinson respectivamente, ó longo de diferentes épocas da historia de Inglaterra. Divídense por orde en: Blackadder, Blackadder II, Blackadder III e Blackadder goes forth con varios especiais para a televisión.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O factor común nos diferentes episodios é a personaxe de Edmund Blackadder que é reinventado en cada época coma un descendente da súa dinastía, así coma o resto dos actores. Comezando coma un sucesor ó trono de Inglaterra despois de matar accidentalmente ó rei Ricardo III, verá o seu status decaer en cada época da historia ó carón de Baldrick, o confidente das súas intrigas.
Blackadder (1983):
[editar | editar a fonte]Ambientado na Inglaterra da Idade Media, preséntasenos a historia real sobre a morte de Ricardo III (interpretado por Peter Cook) na Batalla de Bosworth Field (1485) e a sucesión ó trono polo seu rival Henry Tudor. Non só mata ó rei (o seu tío) por accidente, senón que da cobixo ó seu rival máis acérrimo, Henry Tudor, ó confundilo cun humilde escudeiro que lle promete cartos ó cambio de deixalo durmir na súa alcoba. Na cerimonia de entronizamento de Ricardo IV, Duque de York, Edmund decátase do seu erro e sae na procura de Henry, xa demasiado tarde e, fora do castelo, atópase con tres meigas que lle profetizarán que será rei (o soño dourado de Edmund). Será nese intre cando adopte o título de Black Adder e comece a intrigar para chegar ó trono coa axuda do seu escudeiro Baldrick (testemuña do asasinato do rei Ricardo III).
Blackadder II (1986):
[editar | editar a fonte]Nesta tempada o escenario será a Inglaterra da raíña Isabel I e as historias terán lugar en interiores, nun intento da BBC de abaratar custos. Preséntasenos ó tataraneto do orixinal Edmund, Duque de Edimburgo, pero co título de Lord Edmund Blackadder como homenaxe ó seu tataravó. Tal coma o seu predecesor, intentará unha vez máis chegar ó trono aproveitándose do delicado estado mental da raíña aínda que terá que loitar co distinguido Lord Melchert.
Blackadder III (1987):
[editar | editar a fonte]Séculos máis tarde, Blackadder reaparece na Inglaterra da rexencia de Xurxo, Príncipe de Gales, xa que o sei pai, o rei Xurxo III é incapaz polo seu delicado estado de saúde. Coa revolución francesa azoutando Europa e coa pouca intelixencia do príncipe rexente (interpretado por Hugh Laurie), Blackadder atopará unha nova oportunidade para vesti-la coroa. Moito máis cínico e intelixente, escribirá novelas románticas baixo pseudónimos, arranxará matrimonios e planeará viaxes ás américas aínda que no derradeiro intre algo botará por terra os seus plans. Finalmente nunha argucia farase pasar polo príncipe. Os títulos desta saga satirizan sobre os títulos das novelas románticas da época, coma por exemplo Sense & Sensibility de Jane Austen por Sense & Senility.
Blackadder goes forth (1989):
[editar | editar a fonte]Blackadder volve coma capitán do exército inglés durante a I Guerra Mundial contra os alemáns. Baixo o mando do incompetente Xeneral Melchert e o seu rival máis acérrimo, o capitán Darling. Sen moitas esperanzas de sobrevivir, a Blackadder xa non lle interesará o poder, senón escapar da guerra aínda que teña que facerse o tolo para obte-la incapacidade.
Extras e especiais
[editar | editar a fonte]- Blackadder: The Cavalier Years (1988)
- Blackadder: A Christmas Carol (1988)
- Blackadder: The King's Birthday (1998)
- Blackadder: Back & Forth (2000)
Guía dos capítulos
[editar | editar a fonte]- Blackadder: A profecía, Nado para ser rei, O arcebispo, A raíña barbuda de España, Witchsmeller Pursuivant, O selo negro.
- Blackadder II: Campás, Testa, Patata, Diñeiro, Cervexa, Cadeas.
- Blackadder III: Plato e falta de honradez, Tinta e incapacidade, Nob e nobilidade, Sentido e senilidade, Amy e amiliade, Duelo e dualidade.
- Blackadder goes forth: O capitán Cook, Castigo corporal, Estrela maior, Plans privados, Hospital xeral, Adeus.
Citas famosas
[editar | editar a fonte]- Se perdo vou ser cortado en anaquiños: o meu brazo rematará en Essex, o meu torso en Norfolk e os meus xenitais nunha árbore en algures en Rutland. Do episodio A profecía de Blackadder.
- Baldrick, quero que saibas o moito que botarei de menos a túa sincera e honesta compaña... aínda que ámbolos dous sabemos que é unha grande mentira. Do episodio Sentido e senilidade de Blackadder III.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Stephen Fry, 2009
-
Hugh Laurie, 2005
-
Rowan Atkinson, 2009
-
Tony Robinson (á esquerda), 2007
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A víbora negra Arquivado 30 de xuño de 2011 en Wayback Machine., o 7 de marzo de 1988 na TVG.