Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Bixkek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBixkek
Бишкек (ky) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

EpónimoMikhail Frunze (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°52′00″N 74°34′00″L / 42.8667, 74.5667
EstadoKirguizistán Editar o valor en Wikidata
Enclave enRexión de Chuy Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.145.044 (2023) Editar o valor en Wikidata (9.016,09 hab./km²)
Lingua usadaLíngua Dungan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie127 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porAla-Archa River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude750 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1825 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAziz Surakmatov (en) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal720000–720085 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico312 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2KG-GB Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Ancara (1992–)
Almati (1993–)
Colorado Springs (1994–)
Esmirna (1996–)
Minsk (1997–)
Chemnitz (1997–)
Kíiv (1997–)
Qazvin (pt) Traducir (2003–)
Amán (2006–)
Astana (2011–)
San Petersburgo (2012–)
Liexa (2012–)
Samsun (2013–)
Shenzhen (2013–)
Trebisonda (2014–)
Lianyungang (pt) Traducir (2014–)
Doha (2014–)
Wuhan (2016–)
Achkhabad (2018–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webmeria.kg Editar o valor en Wikidata

Bixkek[1] ou Bichkek[2][3] (en alfabeto cirílico: Бишкек, IPA /bi 'kek/) é a capital de Kirguizistán. Bixkek é tamén o centro administrativo da Rexión de Chuy que rodea a cidade, aínda que a cidade mesma non é en si parte da provincia pero é unha unidade provincial de Kirguizistán.

Fundada en 1878 coma a fortaleza rusa de Pishpek (Пишпек), entre 1926 e 1991 era coñecida como Frunze (Фрунзе), polo líder militar bolxevique Mikhail Frunze. Crese que o nome deriva dunha palabra kirguiza para facer o leite de egua fermentado (kumis), a bebida nacional kirguiza. Está no val do Chu, no curso dos ríos Alaarcha e Alamedín, ao pé dos montes Kirguiz, a poucos quilómetros de Casaquistán. A súa altitude é de 850 m sobre o nivel do mar.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]

Sitúase no norte do Kirguistán, a uns 800 msnm xusto ao carón da franxa norte da cordilleira Ala-Too, unha extensión da cordilleira Tian Shan, que chega a elevarse a 4800 metros sobre o nivel do mar. No norte da cidade atópase unha fértil estepa suavemente ondulada que chega até a fronteira con Casaquistán.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

A cidade está percorrido polo río Chui, un río nado na confluencia dos ríos Joon Aryk e Kochkor, que é dos máis longos e importantes do país cos seus 1067 quilómetros.

Bixkek ten un clima continental seco de verán e mediterráneo dependendo de que isoterma se use. (Clasificación climática de Köppen Csa / Dsa respectivamente)..[4] A precipitación media é de arredor 440 milímetros por ano. As temperaturas medias diarias altas varían de 3 °C en xaneiro a aprox. 31 °C en xullo.[5] Os meses de verán son principalmente secos, con tormentas ocasiónais que forman fortes ventos racheados e raras tormentas de po. As montañas do sur fan un límite natural e protección contra gran parte do clima danoso, igual que a pequena cadena montañosa que se atopa de noroeste a sueste. Nos meses de inverno, as características dominantes son as escasas tormentas de neve e frecuente néboa pesada. Ás veces hai inversións de temperatura que fan que a néboa dure días.

Datos climáticos para Bixkek
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 19,2 25,3 30,5 34,7 35,6 40,9 42,8 39,7 36,8 34,1 27,9 23,3 42,8
Media máxima en °C 3,2 4,9 11,2 18,5 23,6 29,0 31,7 30,9 25,5 17,8 11,0 5,0 17,7
Media diaria en °C −2,6 −0,8 5,3 12,3 17,4 22,4 24,9 23,8 18,5 11,0 4,7 −0,9 11,3
Media mínima en °C −7,1 −5,2 0,4 6,4 11,1 15,6 17,9 16,4 11,3 5,0 −0,1 −5,1 5,6
Temperatura mínima en °C −31,9 −34 −21,8 −12,3 −5,5 2,4 7,4 5,1 −2,8 −11,2 −32,2 −29,1 −34
Precipitación media mm 26 35 55 67 61 34 21 13 19 45 42 35 453
Media de días con chuvia 3 5 9 12 13 10 10 6 6 8 7 4 93
Media de días con neve 9 9 5 2 0,3 0 0 0 0 1 4 7 37
Humidade relativa media (%) 75 75 71 63 60 50 46 45 48 62 70 75 62
Media de horas de sol mensuais 137 128 153 194 261 306 332 317 264 196 144 114 2 546
Fonte #1: Pogoda.ru.net[5]
Fonte #2: NOAA (sun, 1961–1990)[6]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Bixkek é a cidade máis poboada do Kirguizistán, a súa poboación foi estimada en 937.400 no ano 2015. Dende a fundación da cidade até a mediadios dos anos noventa do século XX, a xente que habitaba a cidade eran a meirande parte de etnias procedentes de Europa (rusos, ucraínos, alemáns...). Segundo o censo de 1970, só un 12,3% eran de etnia kirguiz e os europeos comprendían máis do 80% da poboación. Agora Bixkek está formada principalmente por xente de etnia kirguiz cunha porcentaxe do 66% da poboación, mentres que os europeos superan por pouco o 20% do total. Malia a maioría kirguiz, o ruso é a lingua principal da cidade mentres que o kirguiz segue a perder terreo especialmente nas novas xeracións.[7]

Composición étnica

[editar | editar a fonte]
Etnia % da poboación
Kirguiz 66,2%
Rusos 23%
Uigures 1,6%
Tártaros 1.5%
Coreanos 1,4%
Uzbekos 1,4%
Casacos 1,1%
Ucraínos 1%
Dungáns 0,5%

Morfoloxía urbana

[editar | editar a fonte]

En pouco máis dun século a cidade pasou dun pequeno poste de correos ao centro industrial e económico do país e unha das cidades máis importantes de Asia Central.[8]

Distritos

[editar | editar a fonte]
Distrito Poboación
Leninskiy 198,019
Oktyabrskiy 238,329
Pervomayskiy 171,467
Sverdlovskiy 214,100

Orixinariamente o que queda dunha parada de caravanas (posiblemente fundada polos sogdianos) nun dos ramais da ruta da Seda a través da cordilleira de Tien Xán, a cidade foi fortificada en 1825 polo uzbeko khanato de Kokhand cunha fortaleza de barro.

Paisaxe urbana de Bixkek.
  1. Atlas Mundial Galego Online
  2. Criterios para o uso da lingua
  3. Lingua galega. Dúbidas lingüísticas
  4. "Koppen Map". Upload.wikimedia.org. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 "Weather and Climate-The Climate of Bishkek" (en ruso). Weather and Climate. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  6. "Frunze (Bixkek) Cli,a 1961–1990". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  7. "Ferdinand, S. & Komlósi, F. 2016. Vitality of the Kyrgyz Language in Bishkek" (en inglés). IJORS 5–2, pp. 210–226. Consultado o 10 de setembro de 2016. 
  8. DYLDAEV, M. "URBANIZATION PROCESSES IN THE KYRGYZ REPUBLIC - CASE STUDY: THE CITY OF BISHKEK" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xullo de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]