Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Club Deportivo Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NomeClub Deportivo Ourense, S.A.D.
Fundación10 de setembro de 1952
Desaparición15 de xullo de 2014
EstadioO Couto,
Ourense, Galicia
Inauguración1949
Capacidade5.659
Na casa
Fóra

O Club Deportivo Ourense foi un club de fútbol galego da cidade de Ourense. Foi fundado no 1952, logo da desaparición da Unión Deportiva Orensana. Logo de descender de Segunda división B a Terceira División por mor de falta de pagamentos, en xullo de 2014 renunciou a participar en calquera competición de cara á campaña 2014/15[1].

O CD Ourense xogou 13 tempadas na Segunda División, acadando o terceiro posto nas tempadas 1959–60 e 1961–62. Entre os seus títulos constan dúas Copa Federación e 8 ligas de Terceira División.

O Club Deportivo Ourense ten as súas orixes na Unión Deportiva Orensana, fundada no 1942. Ao ano seguinte logrou o ascenso á Terceira División, onde xogou ata 1949, cando logrou subir á Segunda División debido a ampliación do número de equipos.[2]

A UD Orensana debutou en Segunda na tempada 1949–50 e mantívose tres campañas na división de prata, con postos na zona media da clasificación, até que descendeu na tempada 1951–52 ao rematar antepenúltimo, en 14º lugar. Ese mesmo ano chegaron á final da Copa Federación, perdendo co Real Jaén. Logo dese partido, a directiva anunciou suspensión de pagos ao non poder pagar aos xogadores, que marcharon a outros equipos. Ao non poder continuar coa xestión, a entidade desapareceu.

Nacemento do Club Deportivo Ourense

[editar | editar a fonte]

O Club Deportivo Ourense constituíuse o 10 de setembro do 1952 co nome de Club Deportivo Orense, con Jesús Díaz Varela na presidencia.[3] O club, formado con xogadores locais e afeccionados, debutou en división rexional, pero logrou o ascenso á Terceira División o primeiro ano debido a unha vacante. Tras unha primeira tempada de consolidación na categoría marcouse como obxectivo o ascenso á Segunda División.

O equipo clasificouse para as fases finais polo ascenso en tres ocasións consecutivas, acadándoo finalmente no cuarto intento na tempada 1958–59, tras derrotar ao CD Getxo. Logo de acadar o terceiro posto na tempada de debut en Segunda División, o equipo mantívose cinco anos máis na división de prata. Na campaña 1964–65 descendeu ao finalizar en penúltimo lugar do seu grupo.[4]

Nas seguintes campañas logrou unha forte superioridade sobre os rivais nas categorías rexionais, copando as primeiras posicións do seu grupo. O equipo mantívose invicto en liga dende marzo de 1967 ata abril de 1969, cando foi derrotado polo Vetusta. Foron 67 partidos invicto, unha marca histórica que non foi superada ata 50 anos despois, nos que o Ourense marcou 197 goles, encaixando só 17.[5] No 1969 conseguiu o regreso á segunda división tras vencer ao Bilbao Athletic, se ben só permaneceu alí un ano ao terminar en última posición. Regresou de novo a Segunda no 1973. A nova andaina na categoría de prata comezou con León Lasa no banco, pero este foi destituído tras 15 xornadas, ocupando o equipo a penúltima posición da táboa.[6] Substituíuno o coruñés José Antonio Naya, que conseguiu salvar o equipo do descenso rematando no 12º posto final.[7] Con todo, volveu descender na tempada 1974/75, na que pasaron polo banco ata tres adestradores: Manolín, Bermúdez e Manuel Arias. Na Copa do Xeneralísimo, o equipo eliminou sucesivamente a Deportivo da Coruña, Barakaldo e Cultural Leonesa, enfrontándose nos oitavos de final ao Real Madrid. No partido de ida nun estadio do Couto ateigado, o gardameta do Ourense, Rafael Santamaría, conseguiu manter a portería a cero, do mesmo xeito que o fixo o porteiro do Real Madrid, o ourensán Miguel Ángel.[8] No encontro de volta no Bernabéu, gañou o Real Madrid por 3-1, con goles de Roberto Martínez, Pirri e Amancio, sendo o gol ourensán obra de Antonio Ordax.[9]

Vinte anos até o ascenso

[editar | editar a fonte]

Coa introdución da Segunda División B, o CD Ourense tivo dificultades para emprender o obxectivo do ascenso e atravesou unha crise deportiva. No 1980 non puido evitar descender á Terceira División, manténdose nela ata 1985. Nove anos despois, con Antonio Teixidó e José María Gómez Fuertes como adestradores, logrou o ascenso á segunda división, tras acabar a liga en terceiro lugar e logo de eliminar na liguiña de ascenso o Real Jaén, Sestao River e Gramenet.[10] O equipo rematou a campaña 1994–95 en última posición e descendeu á Segunda B, pero regresou no 1996, ano en que a entidade se converteu en sociedade anónima deportiva. Asemade, por estas datas pasou a galeguizar o seu nome. Durante tres tempadas o club loitou por manterse, pero na tempada 1998–99 descendeu de novo.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

O CD Ourense intentou volver á Segunda División sen éxito. En anos posteriores as dificultades económicas minguaron o equipo, que tivo que facer varias ampliacións de capital para garantir a súa existencia. Na tempada 2007–08 os resultados na liga regular empeoraron. Malia que ese mesmo ano gañou a Copa Federación tras impoñerse na final ao Reus, acabou 17º na clasificación do grupo I da Segunda B, polo que descendeu á Terceira División. Este feito agravou a situación económica do club, que acumulou faltas de pagamentos a xogadores e estivo a piques de desaparecer.[11] Porén, logrou manterse en Terceira División con xogadores galegos e da canteira. Na tempada 2011–12 resultou campión, clasificándose para a fase de ascenso como primeiro de grupo, debendo xogar contra o CD Laudio na primeira eliminatoria. Tras gañar (1–3) en terras arabesas, no partido de volta venceu por un gol no Couto, logrando así o ascenso a Segunda División B.

Na tempada 2012–13 o club perdurou na Segunda División B tras conseguir o posto 12º na clasificación. Fíxose tamén oficial a renovación por dúas tempadas do adestrador Luisito.

O 10 de abril do 2014 o equipo logrou a súa segunda Copa Federación tras impoñerse ao Guadalajara na dobre final (perdeu 0–1 na ida en Guadalaxara e venceu 2–0 na volta no Estadio do Couto).[12] O 27 de abril dimitiu a directiva encabezada por Alejandro Estévez, logo da petición reiterada por parte do equipo e do persoal do club, logo de meses sen cobrar.[13][14] Pese a quedar 8º clasificado no campionato de Segunda División B na tempada 2013–14, o equipo descendeu a Terceira División por impagamentos aos seus xogadores.[15] O 15 de xullo de 2014 remitiu un escrito á Federación Galega de Fútbol renunciando á súa praza en Terceira División, abocando á entidade á liquidación.[16] Despois da desaparición, dous equipos pretenderon ocupar o seu espazo: o Ponte, renomeado como Ourense Club de Fútbol, orixinalmente do barrio da Ponte, e a Unión Deportiva Ourense, de nova creación. Ao final, foi a segunda a que se converteu, logo dun meteórico ascenso de Terceira Galega a Terceira División en catro anos, no club de fútbol de referencia en Ourense.

Xogadores 2012/13

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Posto País Xogador
POR Uruguai Pato
POR Galicia Manu Táboas
POR Galicia Aaron
DEF Galicia Capi
DEF Galicia Portela
DEF Galicia Josu
DEF Galicia Campillo
DEF Galicia Moisés
DEF Galicia Ocampo
DEF Galicia Pinillos
DEF Galicia Adrián Cruz
MED Galicia Juan Martínez
Posto País Xogador
MED Galicia Yebra
MED Galicia Álex Fernández
MED Adil
MED Galicia Toni
MED Galicia Noguerol
MED Galicia Iker Alegre
MED Galicia Rubén Arce
MED Galicia Javi Hernández
DIA España Borja Valle
DIA Galicia Karim
DIA Galicia Óscar Martínez
DIA Galicia Gustavo S.

Goleadores por tempada

[editar | editar a fonte]
  • Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas.

Xoga no campo do O Couto, con capacidade para 5.659 persoas e unhas dimensións de 105 x 68 metros.

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
1953/54 15º
1954/55
1955/56
1956/57
1957/58
1958/59
1959/60
1960/61
1961/62
1962/63
1963/64
1964/65 15º
1965/66
1966/67
1967/68
1968/69
Tempada Categoría Posto
1969/70 20º
1970/71
1971/72
1972/73
1973/74 12º
1974/75 18º
1975/76
1976/77
1977/78 2ªB
1978/79 2ªB
1979/80 2ªB 19º
1980/81
1981/82
1982/83
1983/84
1984/85
Tempada Categoría Posto
1985/86 2ªB
1986/87 2ªB 13º
1987/88 2ªB
1988/89 2ªB
1989/90 2ªB 13º
1990/91 2ªB
1991/92 2ªB
1992/93 2ªB
1993/94 2ªB
1994/95 20º
1995/96 2ªB
1996/97 15º
1997/98 16º
1998/99 22º
1999/00 2ªB
2000/01 2ªB
Tempada Categoría Posto
2001/02 2ªB 11º
2002/03 2ªB
2003/04 2ªB
2004/05 2ªB
2005/06 2ªB 14º
2006/07 2ªB 15º
2007/08 2ªB 17º
2008/09
2009/10
2010/11
2011/12
2012/13 2ªB 12º
2013/14 2ªB

O filial do CD Ourense é o Ourense B, tamén chamado Atlético Ourense. Na tempada 2012/13 o filial do CD Ourense logra o ascenso a Rexional Preferente despois de acadar a 2ª posición na taboa clasificatoria.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar | editar a fonte]

Torneos estatais

[editar | editar a fonte]

Torneos amigables

[editar | editar a fonte]
  1. "Fin a 62 anos de historia", artigo en Galicia Confidencial, 16 de xullo de 2014.
  2. Historia da Unión Deportiva Orensana, no blog Sena fútbol Marín, decembro de 2009 (en castelán).
  3. "Temporada 1952-53" Arquivado 20 de marzo de 2010 en Wayback Machine., historia do CD Ourense (en castelán).
  4. "Breve historia" Arquivado 19 de marzo de 2010 en Wayback Machine., historia do CD Ourense (en castelán).
  5. Abizanda, Jorge (26 de outubro de 2020). "El Lealtad supera el histórico récord de partidos sin perder del CD Orense". ABC (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  6. "Naya". El Pueblo Gallego (en castelán) (18293). 23 de decembro de 1973. p. 20. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  7. "Docabo Novoa, el presidente optimista". El Pueblo Gallego (en castelán) (18451). 29 de xuño de 1974. p. 18. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  8. Salgado, Rafael (9 de novembro de 2019). "Gestas de aquel C.D. Orense". La Región (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  9. "El gol que el Ourense le marcó al Real Madrid en el Bernabéu cumple 40 años". Faro de Vigo (en castelán). 3 de xuño de 2015. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  10. "El Ourense, nuevo Segunda A", artigo en Mundo Deportivo, 5 de xuño de 1994 (en castelán).
  11. "El Ourense agoniza" Arquivado 23 de abril de 2010 en Wayback Machine., artigo en Notas de fútbol, 4 de outubro do 2006 (en castelán).
  12. "El Ourense conquista la Copa Federación". Marca. 10 de abril de 2014. 
  13. El plantel del Ourense exige por escrito la dimisión de su directiva; La Voz de Galicia, 27 de abril de 2014 (en castelán)
  14. La directiva del Ourense dimite tras la presión de sus socios; La Voz de Galicia, 28 de abril de 2014 (en castelán)
  15. Descenso administrativo del Ourense a Tercera; Marca, 30 de xuño de 2014 (en castelán)
  16. Fin a 62 anos de historia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]