Cristina Fernández de Kirchner
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1953 (71 anos) Tolosa, Arxentina (pt) |
Vice-presidente da Argentina (pt) | |
10 de decembro de 2019 – 10 de decembro de 2023 ← Gabriela Michetti – Victoria Villarruel → | |
Senador da Arxentina | |
10 de decembro de 2017 – 10 de decembro de 2019 Circunscrición electoral: Provincia de Buenos Aires Electa en: 2017 Argentine legislative election (en) | |
Presidente da Nación Arxentina | |
10 de decembro de 2007 – 9 de decembro de 2015 ← Néstor Kirchner – Mauricio Macri → | |
Senador da Arxentina | |
14 de decembro de 2005 – 10 de decembro de 2007 Circunscrición electoral: Provincia de Buenos Aires | |
First Lady of Argentina (en) | |
25 de maio de 2003 – 10 de decembro de 2007 – Supresión do cargo → | |
Senador da Arxentina | |
10 de decembro de 2001 – 9 de decembro de 2005 Circunscrición electoral: Provincia de Santa Cruz | |
Deputada da Arxentina | |
10 de decembro de 1997 – 10 de decembro de 2001 Circunscrición electoral: Provincia de Santa Cruz | |
Senador da Arxentina | |
29 de novembro de 1995 – 9 de decembro de 1997 Circunscrición electoral: Provincia de Santa Cruz | |
Datos persoais | |
Residencia | Río Gallegos La Plata Quinta de Olivos (pt) Recoleta |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidad Nacional de La Plata - Título de abogado (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Provincia de Santa Cruz Buenos Aires |
Ocupación | política (1989–), avogada |
Empregador | Presidency of the Argentine Nation (en) |
Partido político | Partido Justicialista (pt) Frente para a Vitória (pt) |
Movemento | Kirchnerismo (pt) |
Participou en | |
10 de decembro de 2019 | tomada de posse de Alberto Fernández (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Néstor Kirchner (1975–2010) |
Fillos | Máximo Kirchner, Florencia Kirchner |
Cronoloxía | |
8 de outubro de 2013 | surgical operation (en) |
27 de decembro de 2011-4 de xaneiro de 2012 | emerxencia médica |
28 de outubro de 2007 | eleições gerais na Argentina em 2007 (pt) |
23 de outubro de 2005 | 2005 Argentine legislative election (en) |
1990 | parto |
1977 | parto |
9 de maio de 1975-27 de outubro de 2010 | matrimonio |
Governo Cristina Kirchner (pt) | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | cfkargentina.com |
Cristina Elisabet Fernández de Kirchner ( pronunciación (axuda · info)), nada en La Plata (Provincia de Buenos Aires) o 19 de febreiro de 1953, é unha política e avogada[1] arxentina. Foi presidenta da Arxentina dende o 10 de decembro de 2007 até o 9 de decembro de 2015, sendo a única dos presidentes arxentinos que completou oito anos, co mandato continuado máis prolongado despois de Carlos Menem e Juan Domingo Perón.
Foi senadora nacional pola provincia de Buenos Aires con mandato 2017-2023,[2] elixida a través da fronte Unidade Cidadá, e integra o bloque da Fronte para a Vitoria na cámara alta, que preside o senador por Neuquén Marcelo Jorge Fuentes.[3]
Nas eleccións presidenciais de 2019 presentouse xunto co avogado Alberto Fernández como presidente. O 27 de outubro derrotaron ao presidente Mauricio Macri nas eleccións e actualmente é a vicepresidenta da Nación Arxentina dende o 10 de decembro de 2019.
Orixe
Os bisavós de Cristina Fernández de Kirchner, Francisco Fernández de O Campo e Isabel Gómez Díaz, eran oriúndos do concello da Fonsagrada, o primeiro da aldea de Arquide e a segunda da aldea de Vilarxubín, ámbalas dúas situadas na parroquia fonsagradina de Santa María de Trobo.[4]
Como consecuencia desta unión, nace Pascasio Fernández Gómez o 27 de febreiro do ano 1862 na aldea de Vilarxubín, o que sería o avó paterno da presidenta da Arxentina.[5]
Máis tarde e para evitar o servizo militar, Pascasio decide emigrar cara á Arxentina e instálase no barrio bonaerense de Villa Urquiza, alí aprenderá o oficio de xastre, mentres espera a súa moza, Amparo Fernández, que chegaría á Arxentina no ano 1923.[6]
Traxectoria
Realizou os seus estudos de avogacía na Universidade Nacional de La Plata,[1] onde coñeceu a Néstor Kirchner en 1974, quen foi o seu compañeiro de militancia e, dende 1975, o seu esposo. O ano seguinte, mudáronse a Río Gallegos onde fundaron o "Estudio Jurídico Kirchner". O matrimonio tivo dous fillos: Máximo (1977), e Florencia (1990).
Mentres exercían a súa profesión, fundaron en 1981 o Ateneo Juan Domingo Perón, unha das varias correntes peronistas da provincia. O seu primeiro cargo electivo obtívoo en 1989 como deputada provincial de Santa Cruz. En 1995, Cristina Fernández foi elixida senadora nacional pola mesma provincia, mentres Néstor Kirchner era gobernador. Neste período, se ben pertencía á bancada oficialista, opúxose a varios proxectos do goberno de Carlos Menem, entre eles o proxecto presentado durante o litixio do campo de xeo Patagónico Sur, a privatización de Aerolíneas Argentinas, o Pacto Federal para o emprego, a produción e o crecemento,[7] a Reforma Laboral e a Lei de Hidrocarburos. Ademais, pediu a renuncia do daquela ministro de Defensa Oscar Camilión, involucrado no escándalo pola venda de armas a Ecuador e Croacia.[8]
Permaneceu no cargo até o 3 de decembro de 1997 en que, xa electa deputada nacional pola provincia Santa Cruz, renunciou polas súas diferenzas co bloque do PJ, e o día 10 asumiu o seu novo cargo. O ano seguinte, as súas diferenzas co Goberno nacional valéronlle que fose desafectada das comisións que integraba. Volveu ó Senado en 2001 e asumiu a presidencia da Comisión de Asuntos Constitucionais. Algúns temas sobre os que se ocupou foron a modificación das leis que trataban a conformación do Consello da Maxistratura e a Corte Suprema. Tamén se ocupou da investigación sobre a queima de urnas en 2003 na provincia de Catamarca.
Mantívose no cargo até 2005, cando foi elixida tamén senadora nacional pero pola provincia de Buenos Aires, cargo que desempeñou até asumir a primeira maxistratura dende 2007. Cristina Kirchner foi a primeira muller arxentina elixida para o cargo de presidenta e a segunda en exercelo.[9]
Entre as principais medidas do goberno de Cristina Fernández salientan a Asignación Universal por Fillo, a reestatización dos fondos xubilatorios, o programa "Conectar Igualdad", o aumento nos orzamentos para ciencia e investigación, a lei de Servizos de Comunicación Audiovisual, a lei de matrimonio igualitario, a reestatización da empresa Yacimientos Petrolíferos Fiscales (YPF), a reforma do Banco Central e a sanción do Código Civil e Comercial, entre outras.
Nas eleccións presidenciais de 2011 obtivo o 54,11 % dos votos, accedendo así a un segundo mandato. En devandita elección, Cristina Fernández logrou a maior porcentaxe alcanzada nunha elección presidencial dende 1983, sendo tamén en termos porcentuais o cuarto resultado máis amplo da historia electoral arxentina despois da de Hipólito Yrigoyen en 1928, e os de Juan Domingo Perón en 1951 e 1973. Ademais, obtivo unha diferenza do 37,3 % respecto da segunda lista, a segunda maior da historia arxentina.[10][11][12]
A finais do seu mandato en 2015, a revista Forbes clasificouna como unha das «100 mulleres máis poderosas do mundo».[13]
En 2017, presentou a súa nova coalición electoral, Unidade Cidadá, coa que busca renovar o kirchnerismo, e foi elixida senadora nacional pola minoría baixo esta nova coalición.
Presidentes da Arxentina | ||
---|---|---|
Segue a: Néstor Kirchner |
Cristina Fernández de Kirchner | Precede a: Mauricio Macri |
Partido Xusticialista |
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Lara, Rodolfo (2 de outubro de 2007). "Universidad de La Plata: Cristina está graduada". Clarín. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2012. Consultado o 5 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Cristina Fernández de Kirchner asumió como senadora nacional". www.nueva-ciudad.com.ar (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2017.
- ↑ "El bloque de Cristina K lo preside un neuquino". Lmneuquen.com (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2017.
- ↑ López Pombo, Luis. "Galicia Digital - Genealogía de Cristina Fernández de Kirchner". Consultado o 26/06/2020.
- ↑ "El pasado gallego de Cristina Kirchner". 19/04/2012. Consultado o 26/06/2020.
- ↑ Di Marco, Laura (2014). Cristina Fernández: La verdadera historia. Penguin Random House Grupo Editorial Argentina. ISBN 9789500748537.
- ↑ O 12 de agosto de 1993, o goberno de Carlos Saúl Menem asinou o Pacto Fiscal II, que disminuíu a presión tributaria provincial («Achicar el estado es agrandar la Nación»). Isto provocou unha recesión dous anos despois, xa que disminuíu a capacidade produtiva das provincias.
«Pacto Fiscal II», artigo en When In Time. - ↑ Jastreblansky, Maia (2011): «Cristina legisladora: diez recuerdos de una opositora mediática y rebelde» Arquivado 31 de xullo de 2016 en Wayback Machine., artigo do 5 de setembro de 2011 no xornal La Nación (Buenos Aires).
- ↑ María Estela Martínez de Perón foi elixida vicepresidenta nas eleccións do 23 de setembro de 1973, e asumiu a presidencia tralo pasamento do presidente Juan Domingo Perón o 1 de xullo de 1974.
- ↑ «Cristina Kirchner: "Siento la responsabilidad de construir un país distinto al de nuestros primeros 200 años de historia"», artículo del 23 de octubre de 2011 en el diario Página/12 (Buenos Aires).
- ↑ «Cuórum después del "efecto Cristina"», artículo del 24 de octubre de 2011 en el diario Página/12 (Buenos Aires).
- ↑ Comparado contra datos de M. Navarro (coordinador): Historia electoral argentina. Buenos Aires: Ministerio del Interior - Subsecretaría de Asuntos Políticos y Electorales, 2008.
- ↑ "Ranking Forbes: las mujeres más poderosas del mundo | Ranking Forbes - América". Consultado o 27 de abril de 2016.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cristina Fernández de Kirchner |
Bibliografía
- Godio, Julio; y Robles, Alberto José (2008): El tiempo de CFK. Entre la movilización y la institucionalidad. Buenos Aires: Corregidor. ISBN 978-950-05-1767-6.
- Montenegro, Maximiliano (2011). Es la ekonomía, estúpido (primeira ed.). Buenos Aires: Planeta. ISBN 978-950-49-2599-6. Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- Musgrave, Richard (2000). Hacienda Pública teórica y aplicada (quinta ed.). Boston: McGraw-Hill. ISBN 84-7615-756-8.
- Russo, Sandra (2011). Guebel, Daniel, ed. La Presidenta: historia de una vida (segunda ed.). Buenos Aires: Sudamericana. ISBN 978-950-07-3623-7.
- Sietecase, Reynaldo (2012). Kamikazes: los mejores peores años de la Argentina (primeira ed.). Buenos Aires: Aguilar, Altea, Taurus, Alfaguara. ISBN 978-987-04-2683-7.