A Fonsagrada
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | A Fonsagrada | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.186 (2023) (7,33 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 434,8 km² | ||||
Altitude | 952 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde da Fonsagrada | Argelio Fernández Queipo | ||||
Eleccións municipais na Fonsagrada | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27.100 A Fonsagrada (Casco Urbano) e 27... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27018 | ||||
Páxina web | fonsagrada.org | ||||
A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.589 habitantes (4856 no 2006, 4949 no 2005, 5007 no 2004, 4993 no 2003). Cunha superficie de 438,4 km² é o concello máis grande de Galicia. O xentilicio é «fonsagradino»,[1] «buroego»[2] ou «brañego».
Xeografía
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total | 3.589 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 176 (4,90 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.967 (54,81 %) |
Maiores de 65 anos | 1.446 (40,28 %) |
Evolución da poboación do concello:
Evolución da poboación da Fonsagrada Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
17.302 | 15.807 | 13.925 | 9.392 | 5.007 | 4.412 | 4.309 | 4.198 | 4.059 | 3.960 | 3.838 | 3.768 | 3.670 | 3.589 | 3.465 | 3.389 | 3.328 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo, empregando unha vía romana que precedía a vellos camiños de tempos prehistóricos. Posiblemente xa houbese poboadores hai 30.000 anos.
A súa historia xira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acebo atravesando a vila da Fonsagrada, centro da devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fonte, cuxo nome (Fontem Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do concello pola aldea de Paradavella.
A súa localización na ruta xacobea fundamentou a construción de varios hospitais de peregrinos, como o da aldea de Montouto, mandado construír por Pedro I o Cruel, a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto foi construído a carón doutro máis antigo, que foi rexentado por hospitaleiros ata mediados do século XX.
O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formou parte ata 1835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1200.
Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao ano 1480). Ao longo da historia, os buroneses libraron unha gran loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíndo vitoriosos.
Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á guerra da Independencia e as Guerras carlistas de 1833 e 1847. Co triunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome da Fonsagrada procede do latín fontem sacratam 'fonte sagrada' [3]).
A Fonsagrada na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Adiós, nenas, que nos imos;/ adiós, nenas, que nos vamos;/ a Virgen da Fonsagrada/ mándavos muitos recados [4].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da Fonsagrada.
-
Nas proximidades da Fonsagrada, a seimeira de Vilagocende.
-
Cabozo (parroquia de Lamas de Moreira).
-
Xoia típica: aros da Fonsagrada.
-
Antiga casa do concello da Fonsagrada.
-
Casa do concello da Fonsagrada.
-
Vista das montañas do concello.
Lugares da Fonsagrada
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Fonsagrada vexa: Lugares da Fonsagrada.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fonsagradino.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 48. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. Páx 107. ISBN 978-84-9865-892-1
- ↑ Bernardo Acevedo y Huelves e Marcelino Fernández y Fernández (1932): Vocabulario del bable de occidente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Fonsagrada |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |