Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Pedro I de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro I de Castela

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Pedro I Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1334 Editar o valor en Wikidata
Burgos, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de marzo de 1369 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Montiel (España) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida de arma branca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCapilla Real de la catedral de Sevilla (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca de Castela e León
1350 – 1369
← Afonso XI de CastelaHenrique II de Castela → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Castela Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, gobernante Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra dos Dois Pedros (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Castela
Rei de León
Señor de Molina
Rei de Galicia Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBranca de Bourbon (1353 (Gregoriano)–)
Maria de Padilla (1352 (Gregoriano)–)
Teresa de Ayala
Xoana de Castro
Isabel de Sandoval Editar o valor en Wikidata
FillosMaría de Ayala
 () Teresa de Ayala
Sancho de Castilla y Sandoval
 () Isabel de Sandoval
Juan de Castilla y Castro
 () Joan de Castro
Constanza, duquesa de Lancaster
 () Maria de Padilla
Isabel de Castela, Duquesa de Iorque
 () Maria de Padilla
Xoán de Castela
 () Xoana de Castro
Sancho de Castilla
 ()
Diego de Castilla
 () Isabel de Sandoval
Edward de Castilla
 () Branca de Bourbon Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso XI de Castela Editar o valor en Wikidata  e Maria de Portugal Editar o valor en Wikidata
IrmánsTello de Castilla, Lord of Aguilar de Campoo
Sancho Afonso de Castela, Conde de Alburquerque
Henrique II de Castela
Fadrique Alfonso, Lord of Haro
Pedro de Aguilar
Sancho Alfonso de Castilla
Juan Alfonso de Castilla
Xoana Afonso de Castela
Pedro Alfonso de Castilla Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX920673 WikiTree: Castilla-79 Find a Grave: 95257735 Editar o valor en Wikidata

Pedro I de Castela, o Cruel ou o Xusticeiro, nado en Burgos en 1334 e finado en Montiel, Cidade Real, en 1369, foi rei de Castela e León entre o 26 de marzo de 1350, pouco antes de facer os 16 anos, até a súa morte en 1369. A finais do seu reinado ostentaba os títulos de rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras e señor de Biscaia e de Molina.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixes familiares

[editar | editar a fonte]

Segundo fillo de Afonso XI de Castela e a súa segunda esposa María de Portugal. Nada máis nacer foi nomeado herdeiro do reino tras a morte, un ano antes do seu nacemento, do seu irmán máis vello o infante Fernando de Castela.

Guerra civil

[editar | editar a fonte]

O inicio do seu reinado estivo marcado pola debilidade do poder real ante os diversos fillos que o seu pai Afonso XI tivera con Elionor de Guzmán; os infantes de Aragón, curmáns do rei; e pola súa propia nai. En 1354 sufriu unha revolta iniciada polo seu medio irmán Henrique de Trastámara e debeu fuxir a Francia. En 1366 pero co apoio da Coroa de Aragón e da propia Francia volveu a Castela a facerse novamente co poder. Isto propiciou o inicio da Guerra Civil castelá entre os dous irmáns polo poder real. A medida que Pedro ía conquistando cidades foi executando os sublevados, motivo polo cal o denominaron o Cruel.

Casamento

[editar | editar a fonte]

Casou en 1351 en Francia e despois en Valladolid o 3 de xuño de 1353 con Branca de Bourbon (1339-1361), envelenada en Medina Sidonia, 2ª filla de Sabela de Valois (1313-1383) (filla de Matilde de Chatillon, condesa de St-Pol e de Carlos I de Valois e, por tanto neta de Filipe III de Francia e de Sabela de Aragón) e de Pedro I, duque de Bourbon (1312-1356). Era irmá xemelga da Raíña Xoana de Bourbon, esposa de Carlos V de Francia. Non tiveron descendencia.

Branca trouxo un dote de 300 mil floríns de ouro. O seu séquito, comandado polo vizconde de Narbona, chegou a Valladolid en 25 de febreiro de 1353, mais Pedro estaba en Torrijos, con María de Padilla a piques de parir. En 3 de xuño tivo lugar a cerimonia da voda, apadriñada por Juan Afonso de Albuquerque e Leonor de Aragón. Tres días máis tarde, o rei volveu para Puebla de Montalbán, onde o esperaba María de Padilla. Houbo despois unha reconciliación de breves días en Valladolid, Pedro partiu para Olmedo e non volvería ver á súa esposa. María de Portugal levou a nora para Tordesillas e despois para Medina del Campo, mais o marido fíxoa encerrar en Arévalo e no alcázar de Toledo. Juan Nuñez del Prado e Juan Afonso de Albuquerque éranlle simpáticos. O partido político adverso a Pedro explotou o traxe de que el, secretamente, mentres Branca vivía, casou con María de Padilla. Beltrán de la Sierra, nuncio do papa, intimou o rei a retomar Branca, así como esixiu súa tía Leonor de Aragón. O rei non obstante a mantivo presa, levándoa de Sigüenza para Xerez da Fronteira e para Medina Sidonia e alí ela foi asasinada polo besteiro Xoán Perez de Rebolledo. Con iso alienou Carlos V de Francia, cuxa muller era xemelga de Branca, e deu pretexto á intervención de Francia (du Guesclin) en favor do bastardo Henrique de Trastámara, futuro rei.

Casou despois secretamente coa súa amante María de Padilla (1335- 1361 en Sevilla) - Branca aínda vivía. Era filla de Xoán Garcez de Padilla, en 1355 señor de Villagera, e de Maria de Henestrona. A desgraza do rei foi esta paixón. A amante, de familia nobilísima, tivo del cinco fillos até a peste de 1361, que a levou, semanas despois do asasinato da raíña.

En 1354, casou en Cuéllar, mentres aínda vivían as dúas esposas, con D. Xoana de Castro, señora de Ponferrada (1325), morta en 1374 en Galicia, que era viúva de Diego de Haro, señor de Biscaia, e filla de D. Sabela Ponce de Asturias e de Pedro Fernandes de Castro, o da Guerra, cabaleiro do reino de Galiza, señor de Lemos e, por tanto, media-irmá de Inés de Castro, amante e despois esposa de Pedro I de Portugal, e por tanto, tía de Pedro I de Castela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Dos Borgoña á monarquía de Trastámara. Os tempos de Pedro I e Henrique II.
(Nós Diario, 24.10.2022)

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Pedro I de Castela
Nacemento: 30 de agosto de 1334 Falecemento: 23 de marzo 1369


Títulos Reais
Precedido por
Afonso XI


Rei de Castela, Toledo, León, Sevilla,
Murcia, Córdoba, Xaén e de Alxeciras

1350–1369
Sucedido  por
Henrique II de Trastámara
Rei de Galiza
1350–1369
Sucedido  por
Fernando I de Portugal