Barreiros
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | San Cosme | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.020 (2023) (41,7 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 72,42 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Ana Ermida Igrexas (2023–) | ||||
Eleccións municipais en Barreiros | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27790 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27005 | ||||
Páxina web | concellodebarreiros.gal |
Barreiros é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE en 2014 tiña 2994 habitantes (3244 no 2009, 3291 no 2006, 3294 no 2005, 3278 no 2004, 3323 no 2003). O xentilicio é barreirego ou barreirés.[1]
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total 2014 | 2994 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 236 (7,88 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1764 (58,92 %) |
Maiores de 65 anos | 994 (33,2 %) |
Evolución da poboación de Barreiros Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4394 | 4804 | 5197 | 4138 | 3278 | 3244 | 3166 | 3124 | 3061 | 2994 | 3021 | 2970 | 2948 | 2941 | 2934 | 2925 | 3001 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello ten 72,4 km². Limita ó leste con Ribadeo, ó sur con Trabada e Lourenzá e ó oeste con Foz.
Hidrografía
[editar | editar a fonte]A parte occidental do concello está bañada polo río Masma e a ría de Foz en que desemboca, así como polos pequenos regatos que desaugan neles. O resto de cursos fluviais do concello son curtos e desembocan directamente no mar Cantábrico. Unicamente o rego de Portobragán (formado pola confluencia do rego de Cambite e o rego da Fórnea) e mailo Rego das Teixeiras (ou dos Gambitos), na parroquia de Vilamartín Pequeno, pertencen á conca da ría de Ribadeo.
Praias
[editar | editar a fonte]O litoral de Barreiros repártese entre os 8 km de cornixa cantábrica e os preto de 4 km que constitúen a beira oriental da ría de Foz. Aga a praia de Anguieira, que está na ría, os areais barreiregos dan en mar aberto. De oeste a leste, estes son o do Altar, San Bartolo e Remior na parroquia de San Cosme; Coto, Balea, Fontela e Lóngara en Benquerencia; A Pasada en San Miguel de Reinante; Arealonga entre San Miguel e Santiago de Reinante; e Moledo en Santiago de Reinante.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]En San Miguel de Reinante están a capela de Santo Estevo do Ermo e o monte Comado, onde se pode practicar paracaidismo. Na mesma parroquia celébrase o Festival Internacional Folclórico do Emigrante a primeira fin de semana de agosto.
No mesmo contorno de Santo Estevo está a fervenza homónima, conectada coa ermida e varias fontes por unha ruta a pé.
Barreiros na cultura popular
[editar | editar a fonte]- Dígoche Sabela
- que o deño non dorme,
- embarquei pra Laxe
- fun quedando en Cosme.
(Refírese a San Cosme de Barreiros)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Barreiros.
-
Casa do Concello, antes da reforma.
-
Escultura na area na praia de Arealonga
-
Igrexa de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos. Detalle
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Barreiros
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Barreiros vexa: Lugares de Barreiros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 48. ISBN 978-84-8158-706-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barreiros |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |