Daniel Diges
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1981 (43 anos) Alcalá de Henares, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, pianista, compositor, cantante, actor de teatro |
Período de actividade | 1999 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Warner Music Group |
Participou en | |
29 de maio de 2010 | Festival de Eurovisión 2010 |
Familia | |
Cónxuxe | Alejandra Ortiz-Echague |
Páxina web | danieldiges.com |
Daniel Diges García, nado en Alcalá de Henares (Madrid) o 17 de xaneiro de 1981, é un actor e cantante español. Foi o representante de España no Festival de Eurovisión en 2010.
Deuse a coñecer interpretando a David, Gato, na serie xuvenil de Antena 3 Nada es para siempre, entre 1999 e o 2000.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Tras comezar a súa carreira no teatro, na compañía Teatro Escuela Libre de Alcalá de Henares (TEA), pasou á publicidade. traballou en diferentes series infantís como o Club Megatrix (1995), de onde pasou á serie adolescente Nada es para siempre na cal, ao longo de douscentos setenta e cinco capítulos (1999-2000), interpretou o novo Gato, íntimo amigo do tamén actor adolescente Carlos Castel.
Apareceu en coñecidas series da pequena pantalla como Ana y los siete, Hospital Central ou Aquí no hay quien viva (interpretando a DJ Gayumbo), así como no programa Max Clan (2003-2004), no que interpretaba o papel de Max, o líder dunha estraña tribo urbana.
En 2005 pasou á serie Agitación + IVA e máis tarde ao teatro (2006) onde actuou na obra En tu fiesta me colé, como Colate e en Hoy no me puedo levantar interpretando a Mario. En 2007 participou no musical de Queen 'We will rock you' interpretando a Galileo.
En 2008 protagonizou o musical High School Musical interpretando a Troy. En 2009 e principios de 2010 interpreta o personaxe de Sky en 'Mamma Mia!'.
En novembro de 2010, estréase unha nova versión do musical Los Miserables en Madrid, no que participa Daniel.[1]
Eurovisión 2010
[editar | editar a fonte]Presentouse como candidato para representar a España no Festival de Eurovisión 2010 co tema "Algo pequeñito", canción composta por Jesús Cañadilla e con arranxos e produción de Alejandro de Pinedo. Quedou entre os dez primeiros nas votacións da web que fixo RTVE, o cal lle dió dereito a participar na final española.[2]
Esta final realizouse en La 1 de TVE, no programa especial Destino Oslo que se celebrou o 22 de febreiro de 2010, e por votación do xurado e do público, gañou a preselección e representou a España o 29 de maio de 2010 en Oslo. A pesar de que un espontáneo (o popularmente coñecido como Jimmy Jump) saltou ao escenario e desluciu a interpretación durante vinte segundos, Diges e os seus bailaríns continuaron coa canción coma se nada ocorrese. Finalmente, a Unión Europea de Radiodifusión pediu desculpas e anunciou que España repetiría a súa actuación tras a última canción da noite. Nas votacións, Diges ocupou o décimo quinto posto con 68 puntos e o voto de 14 países, recibindo un 12 de Portugal e un 8 de Lituania como máximas puntuacións. Máis adiante, ao publicarse os resultados desglosados de xurado e televoto, saberíase que o televoto en solitario situoulle en 12º lugar con 106 puntos, mentres que o xurado en solitario situoulle en 20º lugar con 45 puntos.[3]
Carreira discográfica
[editar | editar a fonte]En marzo de 2010 Daniel Diges asinou un contrato coa discográfica Warner para gravar un álbum no estilo dos crooners. O álbum homónimo Daniel Diges, publicado o 18 de maio de 2010, está producido polo compositor e produtor Óscar Gómez e inclúe dúas versións de "Algo pequeñito", cancións compostas polo propio Diges e adaptacións de temas de Billy Joel, Michael Bublé ou Robbie Williams, entre outros.[4]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Daniel Diges (2010)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Nacional de Teatro 2009 como Mellor Actor de Musicais.[5]
- Premio Nacional de Teatro 2010 como Mellor Actor de Musicais.
- Premio "Gran Vía de los musicales" como mellor actor revelación polo personaxe protagonista "Mario" en "Hoy no me puedo levantar".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Europa Press. "Daniel Diges protagoniza a nova versión de 'Los Miserables'".
- ↑ RTVE.es. "Daniel Diges canta "Algo pequeñito"" (en español).
- ↑ O televoto valora mellor que o xurado a actuación de Daniel Diges en Eurovisión 2010.
- ↑ rtve.es. "Daniel Diges: "Mi álbum tendrá dos versiones de 'Algo pequeñito'"" (en español).
- ↑ formulatv.com. "O actor de musicais Daniel Diges, novo candidato a Eurovisión 2010" (en español).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel Diges |
- Sitio web oficial de Daniel Diges
- Vídeo da actuación de Daniel Diges no programa Destino Oslo de La 1 de TVE, en YouTube
Predecesor: "La noche es para mí" Soraya Arnelas |
España no Festival de Eurovisión 2010 |
Sucesor: "Que me quiten lo bailao" Lucía Pérez |