Graffiti
Denomínase graffiti (palabra plural tomada do italiano graffiti, que vén do verbo graffire) a varias formas de expresión artística, realizadas principalmente sobre mobiliario urbano, buscando a maior difusión pública da peza, e xeralmente utilizando a técnica denominada Bombing, consistente na utilización de pintura en spray para levar a cabo as obras.[1]
Na linguaxe común, o graffiti é o resultado de pintar por riba dos muros imaxes, frases ou palabras que decote van cargadas con contido político ou social; pode de igual xeito tratarse dunha sentenza ofensiva ou dunha reivindicación, polo que o Graffiti non se axusta á vixencia lexislativa, prescindido de autorizacións, malia que ás veces as pintadas se realizan baixo supervisión e control.
O pintor estadounidense Keith Haring (1958-1990) acadou a fama coas pintadas realizadas sobre os vagóns do metro de Nova York na década de 1980. O lado occidental do Muro de Berlín estivo totalmente cuberto de pintadas, nunha clara expresión de reivindicación política contra o Muro.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixe e traxectoria mundial
[editar | editar a fonte]O graffiti moderno aparece en torno a década dos 60, en Filadelfia, Estados Unidos, e o considerado como o seu creador, será un rapaz que se autodenominaba Cornbread. Este desenvolverá unha firma simple (Tag), que realizará nas paredes do seu barrio. Conforme vai aficionandose a esta actividade, irá decorando e ornamentando o seu Tag, ata o punto en que outros rapaces de Filadelfia comezaron a imitalo, realizando os seus propios Tags.
Este pequeno movemento alcanzou tal importancia na Filadelfia dos anos 60, que incluso foi recollida a súa actividade polos periódicos da cidade.
Con este pulo informativo, o Graffiti estenderase a outras cidades, entre elas Nova York, onde se desenvolverá completamente ata constituír o movemento artístico que coñecemos hoxe en día.
En Nova York, integrarase na emerxente cultura Hip-Hop, que se baseaba na realización dunha serie de actividades de carácter creativo, coas que os rapaces de barrios marxinais tentaban fuxir dos Gangs e a droga. Estas actividades denomínanse "Os 4 elementos", e xunto co Graffiti serían, o Rap, o Djing e o B-boying. Neste ambiente, desenvolveranse as grandes letras coloridas características do Graffiti, cunha gran carga crítica coa sociedade marxinal na que vivían os autores, e é o momento en que podemos realmente dicir que aparece o Graffiti tal como o coñecemos.
Dende a súa chegada a Nova York, arredor do inicio da década dos 70, ata metade desta (1075), darase a denominada etapa pioneira do Graffiti, caracterizada pola innovación, ao non haber pautas, nin sequera técnicas concretas e desenvolvidas para este tipo de arte, os Graffiteros ou Writters (como se lles denomina na cultura Hip-Hop) comezaron a xerar unha inmensa cantidade de formas, estilos, e motivos.
Os autores, dado o carácter ilexítimo da súa actividade, firmaban as súas grandes obras baixo pseudónimos escollidos por eles aos que lles sumaban un número, normalmente da rúa na que vivían (p. exem.: Taki 183 ).
A partir do 1976, darase a coñecida Era do Die Hard,que durará ata o 1988. Neste momento é cando se comenzan a realizar os famosos "Whole cars", isto é vagóns de metro nos que en intervencións rápidas os writters realizaban pezas coas que cubrían a superficie dos vagóns para que estes moveran a súa peza por toda a cidade. Estas pezas, aínda que perseguidas e limpadas rapidamente, provocaron un novo boom dos medios, sendo retransmitidos pola televisión e os medios.En este momento aparecerá unha gran cantidade de grupos (crews) e artistas, cada un buscando o seu estilo propio e característico. Isto levará a que xurdan numerosas "Style wars", guerras de estilos, nas que os grupos rivais enfróntanse tapando ou modificando pezas dos contrincantes.
Arredor do inicio dos 80, a Autoridade Metropolitana do Transporte de Nova York iniciará unha campaña de loita contra o Graffiti, mellorando as medidas de seguridade nas cocheiras e aumentando a severidade dos castigos. Isto fará que o número de writters vaia descendendo pouco a pouco. Os que persisten, buscarán novas formas ou lugares onde realizar as súas pezas, e algúns incluso emigrarán a Europa, continente onde aínda non se dera este movemento, polo que as autoridades non eran tan severas. Estes últimos serán a semente que provoque a xerminación non só do Graffiti, senón tamén do Hip-Hop en Europa, apoiado e reforzado pola xira que fará Afrika Baambata (creador da cultura Hip-Hop) coa Zulu Nation tamén nesta década.
A finais dos 80, apareceu nos suburbios unha nova droga: O crack. A devastación resultante desta, e a violencia que trouxo consigo, xunto ó recrudecemento das penas e a dificultade para pintar, provocou unha caída drástica na actividade do Graffiti, e ademais volveu aos writters moito máis pechados e desconfiados, o que tampouco axudaba a hora de tentar que novas xeracións comezarán a realizar pezas. No 1989, case todas as liñas de metro, soporte por excelencia do Graffiti, estaban limpas en Nova York. A esta etapa denominóuselle " Movemento Tren Limpo".
Cando xa parecía que o Graffiti estaba a piques de extinguirse, deuse un acontecemento inesperado: A MTA, comezou unha renovación dos vagóns do metro, relegando os vellos vagóns a cocheiras apartadas e sen vixilancia. Isto deu un último pulo o Graffiti, e deu lugar a unha nova e prospera xeración de Writters.
Dende este momento, cara a actualidade, o Graffiti non parou de medrar como movemento artístico, internacionalizouse e globalizouse, e xa non se limita a súa realización aos vagóns do metro ( aínda que moitos nostálxicos seguen realizando incursións nas cocheiras ). As técnicas, os materiais e as oportunidades para os artistas melloraron moito, así como ha aceptación por parte da sociedade, o que deu lugar a writters de renome mundial, capaces de crear pezas de tamaños xigantes e técnica e mensaxe espectaculares, como poden ser Aryz, Banksy, Nychos ou Mad C. O graffiti pasou a ser unha arte forte, e incluso tentouse a súa inclusión no mercado da arte, con maior ou menor éxito. Arestora, incluso están a emerxer novas correntes artísticas, derivadas directamente deste, como o Street Art, o Stencil etc...
O graffiti non só sobreviviu, senón que ademais creceu e ten un futuro longo por diante, xerando innovacións e provocando a persoa espectadora.
Documentais e películas
[editar | editar a fonte]- Wild Style (1983)
- Style Wars (1893)
- Beat Street (1984)
- Exit Through The Gift Shop (2010)
- Graffiti Wars (2012)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carro, Iago (2019). "La comunicación informal en la ciudad: ¿sueñan los grafitis con ser pintadas?". En Fran Quiroga. La fiesta, lo raro y el espacio público. Bartlebooth.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Graffiti |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ganter, Chris (2013). Graffiti School. A student guide. Ed. Thames & Hudson.
- Century Editions (2006). Banksy, Wall and Piece.
- Walde, Claudia (2011). Alfabeto Graffiti. Ed. Gustavo Gili.
- Stal, Johannes (2009). Street Art. H. F. Ullman.
- Pereira, Sandrine (2005). Graffiti. Fitway Publishing.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tribus Urbanas: Culturas urbanas y bandas juveniles. Graffiti: Historia de los graffitis (en castelán).
Documentos de vídeo
[editar | editar a fonte]- “Exit trought the Gift Shop”, 2010.
- “Nome”, 2013.
- “CHAPTER 01 X ARYZ - Concrete Walls Project by Herokid”, 2010.