Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Hulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hulla.

A hulla é un tipo de carbón mineral, de tipo bituminoso, e é unha rocha sedimentaria de orixe orgánica.

Características

[editar | editar a fonte]

Contén entre un 45 e un 85% de carbono. É dura e crebadiza, estratificada, de cor negra e brillo mate ou graxo. A hulla foi a propulsora da industria do século XIX, durante a chamada revolución industrial, sendo trocada polo petróleo no século XX. Actualmente é empregado como combustible nas centrais térmicas, e tamén para elaborar o coque, que se emprega na obtención do aceiro, e tamén para outros produtos químicos.

O carbón formouse mediante a presión que exerceu a terra en lugares pantanosos sobre restos vexetais primitivos que se descompuxeron hai 250 millóns de anos, principalmente durante os períodos Carbonífero e Permiano. Primeiro fórmase o lignito e logo a hulla, tendo esta maior cantidade de carbono, menor humidade e máis poder calorífico; encontrándose tamén a máis profundidade. Se o tempo e a presión conseguen comprimir máis o carbono, teriamos a antracita.