Hulla
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
A hulla é un tipo de carbón mineral, de tipo bituminoso, e é unha rocha sedimentaria de orixe orgánica.
Características
[editar | editar a fonte]Contén entre un 45 e un 85% de carbono. É dura e crebadiza, estratificada, de cor negra e brillo mate ou graxo. A hulla foi a propulsora da industria do século XIX, durante a chamada revolución industrial, sendo trocada polo petróleo no século XX. Actualmente é empregado como combustible nas centrais térmicas, e tamén para elaborar o coque, que se emprega na obtención do aceiro, e tamén para outros produtos químicos.
O carbón formouse mediante a presión que exerceu a terra en lugares pantanosos sobre restos vexetais primitivos que se descompuxeron hai 250 millóns de anos, principalmente durante os períodos Carbonífero e Permiano. Primeiro fórmase o lignito e logo a hulla, tendo esta maior cantidade de carbono, menor humidade e máis poder calorífico; encontrándose tamén a máis profundidade. Se o tempo e a presión conseguen comprimir máis o carbono, teriamos a antracita.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hulla |