KGB
KGB (КГБ) | |
---|---|
Komitet gosudarstvennoy bezopasnosti | |
Комитет государственной безопасности (КГБ СССР) | |
Información xeral | |
Formación | 1 de xaneiro de 1954 |
Disolución | 6 de novembro de 1991 (de facto) 3 de decembro de 1991 (de iure) |
Substituída por | Servizo Federal de Seguridade (FSB) Servizo de Intelixencia Estranxeira |
Xurisdición | Consello de Ministros da URSS |
Sede central | Yasenevo, Moscova |
Director | Felix Dzerzhinsky |
O KGB (en ruso: Комитет государственной безопасности, Komitet gosudárstvennoi bezopásnosti, traducido como Comité para a Seguridade do Estado) foi o nome da axencia de intelixencia, así como da axencia principal de policía secreta da Unión Soviética do 13 de marzo de 1954 ao 6 de novembro de 1991. O dominio da KGB foi aproximadamente o mesmo que o da CIA ou a división de contraintelixencia do FBI nos Estados Unidos.
Encargouse de obter e analizar toda a información de intelixencia da nación. Era un organismo de control de toda a Unión Soviética, que desapareceu cando se disolveu esta. A partir de entón xurdiu o Servizo de Intelixencia Estranxeira, o cal pasou a dirixir as actividades de espionaxe fóra do país e informar directamente ao presidente do Goberno.
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |