Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Korn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
KoЯn
OrixeBakersfield (California), Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1993 - actualidade
Xénero(s)nu metal, metal alternativo
Selo(s) discográfico(s)Sony BMG
Epic Records
EMI
MembrosJonathan Davis

James "Munky" Shaffer
Brian "Head" Welch
Reginald "Fieldy" Arvizu

Ray Luzier
Antigos membrosDavid Silveira
Artistas relacionadosL.A.P.D., Jonathan Davis and the SFA
Na rede
www.korn.com
IMDB: nm1241622 TV.com: people/korn
Facebook: korn Twitter: Korn Instagram: korn_official VK: korn MySpace: korn Youtube: UC6ly_u2ufiHGpYzC_28-8zw TikTok: korn Bandcamp: kornofficialSouncloud: kornofficial Spotify: 3RNrq3jvMZxD9ZyoOZbQOD iTunes: 466532 Last fm: Korn Musicbrainz: ac865b2e-bba8-4f5a-8756-dd40d5e39f46 Songkick: 202975 Discogs: 18837 Allmusic: mn0000112789 Deezer: 1327 Genius: Korn Editar o valor en Wikidata

Korn (estilizado como KoЯn) é unha banda de nu metal de Bakersfield (California), Estados Unidos. Xunto con outros grupos da época, inspiraron a moitos dos grupos de nu metal e metal alternativo dos 90 e os comezos do 2000[1]. O grupo conseguiu debutar nove veces consecutivas entre os dez primeiros da lista de éxitos Billboard[2].

Ata o día de hoxe o grupo vendeu máis de 30 millóns de álbums no mundo enteiro, sendo 16 millóns e medio os vendidos nos Estados Unidos[3], e foi nomeado 6 veces aos premios Grammy, gañando dous deles[4].

Formación (1993-1995)

[editar | editar a fonte]

KoЯn formouse trala disolución do grupo L.A.P.D. Reginald Arvizu, James Shaffer, e David Silveria decidiron continuar coma grupo, xuntándose co guitarrista Brian Welch e buscando un cantante. Jonathan Davis uniuse a eles en 1993 e púxeronlle o nome de KoЯn ao novo grupo.

Máis tarde en 1993, comezaron a traballar co produtor Ross Robinson, gravando o EP Neidermeyer's Mind ese mesmo ano. Contiña catro temas: "Predictable", "Blind", "Daddy", e "Alive". Paul Pontius de Immortal/Epic Records firmou un contrato con eles, e comezaron a traballar no seu primeiro LP KoЯn. "Blind" foi o primeiro sinxelo do álbum.

O disco foi lanzado o 11 de outubro de 1994, pero o grupo tivo moi pouco apoio das cadeas de radio e televisión, pero conseguiron un gran número de fans[1]. Grazas ao apoio destes fans o grupo acadou o número 72 na lista de éxtios Billboard en 1996[2]. O seu primeiro nomeamento aos Grammy foi polo tema "Shoots and Ladders"[5].

Life Is Peachy (1996-1997)

[editar | editar a fonte]

O segundo disco do grupo, Life is Peachy, foi lanzado o 15 de outubro de 1996, tendo un son máis escuro que o seu disco anterior [6]. Tamén gravaron dúas versións, Low Rider do grupo War, e Wicked de Ice Cube, esta última xunto ao vocalista Chino Moreno do grupo Deftones.

Life Is Peachy vendeu máis de 106.000 copias na primeira semana e acadou o número 3 na lista de éxitos Billboard[2]. O primeiro sinxelo, "No Place to Hide" recibiu un nomeamento aos Grammy[5]. "A.D.I.D.A.S." foi o segundo sinxelo. O título parece facer referencia á marca de roupa Adidas, pero realmente é un acrónimo do "All Day I Dream About Sex" (en inglés: "Soño todo o día có sexo").

A popularidade do grupo medrou ao encabezar o festival de música Lollapalooza de 1997 xunto ao grupo Tool, aínda que non puideron asistir xa que a Munky diagnosticóuselle unha meninxite[7].

A finais de 1997, KoЯn formou o seu propio sélo discográfico, "Elementree Records", asinando a grupos coma Videodrone e Orgy.

Follow the Leader (1998-1999)

[editar | editar a fonte]

KoЯn sacou o seu terceiro álbum Follow the leader o 18 de agosto de 1998, no que participaron tamén outros cantantes coma Ice Cube, Tre Hardson, Fred Durst do grupo Limp Bizkit e o actor Cheech Marin no tema agochado "Earache My Eye".

O disco tivo un grande éxito, debutando no número 1 da lista Billboard con 268.000 copias vendidas na súa primeira semana.[8]. Os sinxelos deste álbum foron "Got the Life" e "Freak on a Leash". "Got the Life" foi o primeiro videoclip retirado na histria da MTV[9].

"Freak on a Leash" gañou un Grammy polo mellor vídeo musical e un nomeamento á mellor actuación de hard rock[10]. O vídeo tamén recibiu nove nomeamentos aos premios da MTV, nas categorías de vídeo do ano, mellor vídeo de rock, mellor dirección e mellores efectos especiais entre outras, gañando dous dos premios[11].

No mesmo ano o grupo comezou unha xira anual chamada Family Values Tour. KoЯn encabezaba a xira xunto a Incubus, Orgy, Limp Bizkit, Ice Cube, e Rammstein. En 1999, Limp Bizkit encabezou a xira xunto a Primus, Staind, The Crystal Method, Method Man & Redman, e Filter. KoЯn non aparecían no cartel e só facían aparicións sorpresa nesta edición.

Issues (1999-2001)

[editar | editar a fonte]

O cuarto álbum do grupo Issues, producido por Brendan O'Brien, saíu ao mercado o 16 de novembro de 1999. O deseño da portada realizouno Alfredo Carlos tras gañar un concurso da MTV[12]. O disco debutou no número 1 da lista Billboard con máis de 573.000 copias vendidas[13]. Anteriormente Korn aparecera nun episodio de South Park, no que sonou o primeiro sinxelo de Issues, "Falling Away from Me"[14].

Take a Look in the Mirror e Greatest Hits (2003-2005)

[editar | editar a fonte]

O sexto álbum do grupo, Take a Look in the Mirror saíu ao mercado o 21 de novembro do 2003,[15]. Eles mesmos produciron o álbum, e lanzaron os sinxelos "Right Now", "Y'All Want a Single" e "Everything I've Known". O álbum foi número 9 na lista Billboard, vendendo unhas 179.000 copias na súa primeira semana.

O disco de grandes éxitos do grupo, Greatest Hits, Volume 1, saíu á venda o 5 de outubro do 2004, debutando no número 4 da lista Billboard e vendendo máis de 129.000 copias. Os dous sinxelos do disco foron o primeiro unha versión do tema "Word Up!" de Cameo, e o segundo unha versión da canción de Pink Floyd "Another Brick in the Wall".

Posteriormente Brian "Head" Welch anunciou que deixaba o grupo argumentando:

Escollín ao señor Xesucristo coma o meu salvador, e dedicarei os meus obxectivos musicais para ese fin[16]

See You on the Other Side (2005-2006)

[editar | editar a fonte]

O álbum See You on the Other Side foi lanzado ao mercado o 6 de decembro de 2005, debutando no número 3 na lista Billboard, permanecendo entre os 100 primeiros da lista durante 34 semanas consecutivas. O primeiro sinxelo foi "Twisted Transistor", sendo Dave Meyers o director do vídeo musical. Neste, os rapeiros Xzibit, Lil' Jon, Snoop Dogg e David Banner facíanse pasar polos integrantes de KoЯn.

O anuncio da volta do Family Values Tour fíxose o 18 de abril do 2006, compartindo cartel con Deftones, Stone Sour, Flyleaf, e Dir en grey[17]. KoЯn e Evanescence encabezaron o cartel na edición do 2007, xunto a Atreyu, Hellyeah, e Trivium[18].

Antigos Membros

[editar | editar a fonte]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
KoЯn 1994 Epic Records, Immortal
Life is Peachy 1996 Epic, Immortal
Follow the leader 1998 Epic, Immortal
Issues 1999 Epic, Immortal
Untouchables 2002 Epic, Immortal
Take A Look In The Mirror 2003 Epic, Immortal
See You on the Other Side 2005 EMI, Virgin
Álbum sen título 2007 EMI/Virgin
Korn III – Remember Who You Are 2010 Roadrunner Records
The Path of Totality 2011 Roadrunner Records
The Paradigm Shift 2013 Prospect Park, Caroline, Universal
The Serenity of Suffering 2016 Roadrunner Records
The Nothing 2019 Roadrunner Records, Elektra Records
Requiem 2022 Loma Vista Recordings, Concord
  1. 1,0 1,1 All Media Guide (ed.). "Korn review". Consultado o 2007-10-11. [Ligazón morta] (en inglés)
  2. 2,0 2,1 2,2 Billboard (ed.). "Artist Chart History". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 2007-10-03.  (en inglés)
  3. RIAA (ed.). "Top Selling Artists". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2013. Consultado o 2007-11-04.  (en inglés)
  4. All Media Guide (ed.). "Premios Grammy". Consultado o 2007-12-06. [Ligazón morta] (en inglés)
  5. 5,0 5,1 Rock on the Net (ed.). "Grammy Awards: Best Metal Performance". Consultado o 2007-09-03. 
  6. All Media Guide (ed.). "Life Is Peachy". Consultado o 2007-12-06. [Ligazón morta] (en inglés)
  7. MTV, ed. (1997-08-01). "KoЯn non asiste ao Lollapalooza pola enfermidade do seu guitarrista". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2007. Consultado o 2007-10-03. 
  8. MTV, ed. (1998-08-26). "Korn Tops Album Heap In Chart Debut". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2007. Consultado o 2007-10-03.  (en inglés)
  9. The TRL Archive (ed.). "Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2007. Consultado o 2007-10-03.  (en inglés)
  10. Rock on the Net (ed.). "42 edición dos Grammy - 2000". Consultado o 2007-10-03. 
  11. Rock on the Net (ed.). "1999 MTV Video Music Awards". Consultado o 2007-10-03.  (en inglés)
  12. MTV, ed. (1999-09-17). "Korn pide aos fans deseñar a portada do seu disco". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2007. Consultado o 2007-10-03.  (en inglés)
  13. MTV, ed. (1999-11-24). "Korn Tops On Album Chart". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2007. Consultado o 2007-10-03.  (en inglés)
  14. MTV, ed. (1999-10-11). "Korn To Premiere New Track During "South Park" Special". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 2007-10-03.  (en inglés)
  15. MTV, ed. (2003-11-17). "Korn lanza Take A Look In The Mirror". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2003. Consultado o 2007-10-03.  (en inglés)
  16. MTV, ed. (2005-02-22). "Brian 'Head' Welch deixa o grupo". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2005. Consultado o 2007-10-03.  (en inglés)
  17. MTV, ed. (2006-04-18). "Korn resucita o Family Values Tour con Deftones e Stone Sour". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 2007-10-03.  (en inglés)
  18. MTV, ed. (2007-03-26). "Korn, Evanescence e Hellyeah no cartel do Family Values Tour". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2007. Consultado o 2007-10-03.  (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]