Madam C. J. Walker
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de decembro de 1867 Delta, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 25 de maio de 1919 (51 anos) Irvington, Estados Unidos de América (pt) |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Woodlawn |
Grupo étnico | Afroamericano |
Actividade | |
Ocupación | empresaria, inventora, filántropa, emprendedora |
Familia | |
Cónxuxe | Moses McWilliams Charles Joseph Walker John H. Davis Jhosep Lopez |
Fillos | A'Lelia Walker () Moses McWilliams |
Premios | |
Descrito pola fonte | Notable Black American Women Bygone Badass Broads: 52 Forgotten Women Who Changed the World (en) , (p.108-110) |
Sarah Breedlove, nada en Delta (Luisiana) o 23 de decembro de 1867 e finada en Irvington-on-Hudson (Nova York) o 25 de maio de 1919 foi unha empresaria, filántropa e activista social e política estadounidense coñecida como C. J. Walker. Eloxiada como a primeira millonaria “feita a ela mesma” nos Estados Unidos,[1] converteuse nunha das máis ricas mulleres emprendedoras do país,[2] así como a máis rica muller afroamericana e unha das empresarias afroamericanas de maior éxito da historia.[3]
Walker fixo a súa fortuna desenvolvendo e vendendo unha liña de produtos de beleza e para o cabelo destinados a mulleres de raza negra mediante a Madame C.J. Walker Manufacturing Company, empresa de éxito que ela fundou. Walker tamén foi coñecida pola súa filantropía e activismo. Fixo doazóns a numerosas organizacións e convereuse en mecenas das artes. Vila Lewaro, a luxosa facenda de Walker en Irvington-on-Hudson, Nova York, serviu como lugar de reunión social para a comunidade afroamericana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia
[editar | editar a fonte]Breedlove nceu o 23 de decembro de 1867 preto de Delta, Louisiana, filla de Owen e Minerva (Anderson) Breedlove.[4][5] Sarah foi unha dos seis fillos, e tiña unha irmá máis vella, Louvenia, e catro irmáns: Alexander, James, Solomon e Owen Jr. Os pais e os irmáns máis vellos foron escravos na plantación Madison Parish, de Robert W. Burney, mais Sarah foi a primeira da familia nada en liberdade. A súa nai morreu, posiblemente de cólera en 1872. O seu pai volveu casar, mais faleceu uns anos despois.[Cómpre referencia] Orfa á idade de sete anos, Sarah mudouse a Vicksburg, Mississippi á idade de dez anos e traballou como traballadora doméstica. Antes do seu primeiro matrimonio, viviu coa súa irmá máis vella, Louvenia, e o seu cuñado, Jesse Powell.[4][6]
Matrimonio e familia
[editar | editar a fonte]En 1882, aos catorce anos, Sarah casou con Moses McWilliams, posiblemente para fuxir do maltrato do seu cuñado.[4] Sarah e Moses tiveron unha filla, Lelia McWilliams, nada o 6 de xuño de 1885. Cando Moses morreu en 1887, Sarah tiña trinta anos e Lelia dous.[6][7] Sarah volveu casar en 1894, pero deixou o seu segundo home, John Davis, arredor de 1903 e mudouse a Denver, Colorado, en 1905.[8][9]
En xaneiro de 1906, Sarah casou con Charles Joseph Walker, vendedor de anuncios en xornais que coñecera en Missouri. Por este matrimonio comezou a ser coñecida como Madam C. J. Walker. A parella divorciouse en 1912 e Charles morreu en 1926. Lelia McWilliams adoptou o apelido do seu padrasto e foi coñecida como A'Lelia Walker.[6][10][11]
Carreira
[editar | editar a fonte]En 1888 Sarah e a súa filla mudáronse a St. Louis, Missouri, onde vivían tres dos seus irmáns. Sarah atopou traballo como lavandeira, gañando apenas un dólar ao día, mais decidiu que gañaría cartos abondos para dar á súa filla unha educación formal.[12][13] Durante a década de 1880, Breedlove viviu nunha comunidade na que se desenvolveu o ragtime e ela cantou na St. Paul African Methodist Episcopal Church e comezou a arelar unha vida educada mentres vía as mulleres da igrexa.[1] Como era común entre as mulleres negras da súa época, Sarah padeceu caspa e outros problemas no coiro cabeludo, como calvicie debida a doenzas da pel e a aplicación de produtos duros como lixivia que estaban incorporados nos xabóns. Outros factores que contribuíron á súa perda de cabelo eran a dieta pobre, enfermidades, e aseo pouco habitual nunha época en que a maioría dos estadounidenses non dispuñan de tubaxes, calefacción e electricidade.[11][14][15]
Inicialmente, Sarah aprendeu sobre o coidado do cabelo dos seus irmáns, que eran barbeiros en Saint Louis.[14] Arredor do tempo da Feira Mundial de Saint Louis de 1904, converteuse nunha axente a comisión que vendía produtos para Annie Turnbo Malone, empresaria do coidado do cabelo afroamericana e propietaria de Poro Company.[4] Mentres traballaba para Malone, que logo se convertería na maior rival de Walker na industria,[1] Sarah comezou a adaptar o seu coñecemento sobre o cabelo para desenvolver a súa propia liña de produtos.[10]
En xullo de 1905, aos trinta e sete anos, Sarah e a súa filla marcharon a Denver, Colorado, onde continuou a vender produtos para Malone e desenvolver o seu propio negocio. Tralo matrimonio con Charles Walker en 1906, comezou a ser coñecida como Madam C. J. Walker e converteuse nunha peiteadora e vendedora de cosméticos independente. Adoptou o apelativo "Madam" das pioneiras francesas da industria da beleza.[17] O seu home, que era o seu socio no negocio, proporcionaba consello na publicidade e promoción; Sarah vendía os seus produtos de porta a porta, ensinando a outras mulleres negras a coidar e arranxar o seu cabelo.[6][10]
En 1906 Walker colocou a súa filla ao cargo da operación comercial en Denver mentres que ela e o seu home viaxaban a través do sur e o leste dos Estados Unidos para expandir o negocio.[12][14][15][18] En 1908 Walker e o seu home mudáronse a Pittsburgh, Pensilvania, onde abriron un salón de beleza e estableceron o Lelia College para adestrar "culturistas do cabelo" (“hair culturists”). Tras pechar o negocio en Denver en 1907, A'lelia encargouse das operacións diarias en Pittsburgh, mentres que Walker establecía unha nova base en Indianapolis en 1910.[19] A'lelia tamén persuadiu a súa nai para establecer un despacho e un salón de beleza en Harlem (Nova York) en 1913.[17]
En 1910 Walker moveu o seu negocio a Indianapolis, onde estableceu o cuartel xeral da Madame C. J. Walker Manufacturing Company. Inicialmente buscaba unha casa e unha fábrica en 640 North West Street.[20] Máis tarde, construíu unha fábrica, un salón de peiteado, unha escola de beleza para adestrar as súas axentes de venda, e engadiu un laboratorio para axudar coa investigación.[15] Tamén formou un equipo competente que incluía a Freeman Ransom, Robert Lee Brokenburr, Alice Kelly e Marjorie Stewart Joyner, para axudar na dirección da crecente compañía.[10] Moitos dos empregados na súa compañía, incluíndo postos clave e directivos, eran mulleres.[17]
Para incrementar as vendas da empresa, Walker adestrou outras mulleres para converterse en expertas en beleza usando "The Walker System", método de coidado deseñado para favorecer o crecemento do cabelo e acondicionar o coiro cabeludo mediante os seus produtos.[10] O sistema incluía un xampú, unha pomada, cepillados vigorosos e aplicación de peites de ferro no pelo. O método aseguraba que volvía o pelo crispado e deslucido, suave e exuberante.[12][14] A liña de produtos de Walker tiña varios competidores. Produtos semellantes se producían en Europa e Norteamérica, entre os que estaban as súas principais rivais, Annie Turnbo Malone's Poro System e máis tarde, Sarah Spencer Washington's Apex System.[21]
Entre 1911 e 1919, no máis alto da súa carreira, Walker e a súa compañía empregaban varios miles de mulleres e axentes de vendas para os seus produtos.[6] En 1917 a empresa afirmaba que adestrara preto de 20 000 mulleres.[20] Vestida cun uniforme característico formado por camisa branca e saia negra e levando carteiras negras, visitaban casas nos Estados Unidos e no Caribe ofrecendo a pomada capilar e outros produtos empaquetados en latas coa súa imaxe. Walker entendou o poder da publicidade e publicou moitos anuncios, especialmente en xornais e revistas afroamericanas, ademais de realizar numerosas viaxes para promocionar os seus produtos, o que a axudou a ser moi popular nos Estados Unidos. O nome de Walker fíxose aínda máis célebre na década de 1920, trala súa morte, coa expansión do seu negocio a Cuba, Xamaica, Haití, Panamá e Costa Rica.[12][14][17][21]
Ademais de adestrar en vendas e coidado, Walker axudou outras mulleres negras a financiar e crear os seus propios negocios e animounas a ser independentes financeiramente. En 1917, inspirada polo modelo da National Association of Colored Women, comezou a organizar as súas axentes en clubs e locais. O resultado foi o establecemento da National Beauty Culturists and Benevolent Association of Madam C. J. Walker Agents (predecesora da the Madam C. J. Walker Beauty Culturists Union of America).[6] Deu a súa primeira conferencia anual en Filadelfia no verán de 1917 con 200 asistentes. Considérase que a conferencia foi das primeiras reunións nacionais de mulleres empresarias para discutir sobre negocios e comercio.[11][12] Durante a convención, Walker entregou premios á mulleres que máis produtos venderan e tamén recompensou a aquelas que fixeran as maiores contribucións á caridade nas súas comunidades.[12]
Activismo e filantropía
[editar | editar a fonte]Segundo aumentaba a súa riqueza e fama, difundiu máis os seus puntos de vista. En 1912 acudiu a unha reunión anual da National Negro Business League (NNBL) onde declarou dende o chan da planta baixa:
O ano seguinte dirixiuse aos asistentes dende a palestra como voceira principal.[12][14]
Axudou a conseguir fondos para establecer unha sección da Young Men's Christian Association (YMCA) na comunidade negra de Indianapolis, doando mil dólares para a construción do edificio. Tamén doou cartos para bolsa á Tuskegee Institute. Outros beneficiarios foron Indianapolis's Flanner House e Bethel African Methodist Episcopal Church; Mary McLeod Bethune's Daytona Education and Industrial School for Negro Girls (máis tarde Bethune-Cookman University) en Daytona Beach, Florida; Palmer Memorial Institute en Carolina do Norte; e Haines Normal and Industrial Institute en Xeorxia. Walker foi tamén patroa das artes.[6][12]
Arredor de 1913, a filla de Walker, A'Lelia, mudouse á un novo local en Harlem, e en 1916 Walker uniuse a ela en Nova York, deixando as operacións cotiás da súa compañía ao mando do seu equipo en Indianapolis.[5][20] En 1917 Walker contratou a Vertner Tandy, primeiro arquitecto negro de Nova York e membro fundador da fraternidade Alpha Phi Alpha, para deseñar a súa casa en Irvington-on-Hudson, Nova York. Walker intentou que Vila Lewaro, que custou 250 000 dólares, se convertese nun lugar de reunión para os líderes da comunidade e que inspirase outros afroamericanos a perseguir os seus soños.[21][23][24] Mudouse á casa en maio de 1918 e inaugurouna cun acto en honra de Emmett Jay Scott, nesa época Assistant Secretary for Negro Affairs do departamento de guerra dos Estados Unidos de América.[14]
Walker involucrouse máis nos asuntos políticos trala súa chegada a Nova York. Deu conferencias sobre temas políticos, económicos e sociais en convencións patrocinadas por institucións negras. Entre os seus amigos e socios estaban Booker T. Washington, Mary McLeod Bethune e W. E. B. Du Bois.[6] Durante a primeira guerra mundial Walker foi a líder de Circle For Negro War Relief e avogou polo establecemento de campos de adestramento para oficiais negros do exército.[20] En 1917 uniuse ao comité executivo da sección de Nova York da National Association for the Advancement of Colored People (NAACP), que organizou a protesta silenciosa na Quinta Avenida da cidade. A manifestación levou máis de 8000 persoas a protestar contra uns disturbios en East Saint Louis nos que foron asasinados trinta e nove afroamericanos.[12]
Os beneficios do seu negocio influíron nas contribucións de Walker aos seus intereses políticos e filantrópicos. En 1918 a National Association of Colored Women's Clubs (NACWC) honrou a Walker por realizar a maior achega individual para axudar a preservar a casa de Frederick Douglass en Anacostia.[25] Antes da súa morte en 1919, garantiu 5000 dólares (equivalentes a 65 000 de 2012) ao fondo antilinchamento da NAACP. Nese momento foi a maior doazón individual que recibira a organización. Walker legou case cen mil dólares a orfanatos, institucións e persoas; o seu testamento indicaba que dous terzos da súa fortuna iría á caridade.[1][12][17]
Morte e legado
[editar | editar a fonte]Walker faleceu o 25 de maio de 1919 dun fallo renal e complicacións da hipertensión aos cincuente e un anos.[6][20][24] Os seus restos están enterrados en Woodlawn Cemetery en The Bronx, Nova York.[26]
No momento do seu pasamento, Walker era considerada a muller afroamericana máis rica dos Estados Unidos. Foi recoñecida como a primeira millonaria do país que se fixo a si mesma, aínda que a súa fortuna estaba estimada en 600 000 dólares (equivalentes a 8 millóns de 2018).[1] Segundo o obituario de New York Times, "ela díxose a si mesma dous anos antes [en 1917] que non era aínda unha millonaria, mais que esperaba selo algún día".[24] No tempo da morte de Walker, o salario medio anual dos estadounidenses era de 750 dólares.[27] A súa filla, A'Lelia Walker, converteuse na presidenta de Madame C. J. Walker Manufacturing Company.[14]
Os papeis persoais de Walker consérvanse na Indiana Historical Society de Indianapolis.[11] O seu legado tamén continúa con dous lugares incluídos na listaxe de National Register of Historic Places: Vila Lewaro en Irvington, Nova York e Madame Walker Theatre Center en Indianapolis. Vila Lewaro vendeuse trala morte de A'Lelia Walker's a unha organización chamada Companions of the Forest in America en 1932 e ingresou na listaxe en 1979. O National Trust for Historic Preservation designouna National Treasure.[28][29] O edificio da Walker Manufacturing Company en Indianapolis, renomeado Madame Walker Theatre Center, abriu en decembro de 1927; incluía as oficinas da compañía e a fábrica, ademais dun teatro, escola de beleza, salón de peiteado e barbería, restaurante, farmacia e sala de bailes para a comunidade. O edificio incluíuse no National Register of Historic Places en 1980.[17][30]
En 2006, a dramaturga e directora Regina Taylor escribiu The Dreams of Sarah Breedlove, que conta a historia da loita e o éxito de Walker.[31] A obra estreouse no Goodman Theatre de Chicago.[32] A actriz L. Scott Caldwell interpretou o papel de Walker.[31]
O 4 de marzo de 2016, a compañía de beleza Sundial Brands lanzou unha colaboración con Sephora na honra de Walker. Chamouna "Madam C. J. Walker Beauty Culture" e comprendía catro coleccións que se centraban no uso de ingredientes naturais para o coidado de tipos diferentes de cabelo.[33] En 2017, a actriz Octavia Spencer foi escollida para interpretar a Walker nunha serie de televisión baseada na biografía escrita por A'Lelia Bundles, descendente de Walker.[34]
Tributos
[editar | editar a fonte]Na súa honra denomínanse:
- Os premios Madam C. J. Walker Business and Community Recognition Awards patrocinados por National Coalition of 100 Black Women, en Oakland/Bay Area. Entregan anualmente bolsas a mulleres destacadas da comunidade.[35]
- Spirit Awards patrocinaron o Madame Walker Theatre Center de Indianapolis. Establecido como tributo a Walker, os premios anuais honraron líderes nacionais na empresa, filantropía, compromiso cívico e artes dende 2006. Entre os premios inclúense o Madame C. J. Walker Heritage Award e premios á mocidade emprendedora.[36]
Walker foi incluída no National Women's Hall of Fame en Seneca, Nova York en 1993.[37] En 1998 o U.S. Postal Service dedicou un selo conmemorativo a Madam Walker como parte da súa serie de herdanza negra.[20][38]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Madam C. J. Walker". The Philanthropy Hall of Fame. Philanthropy Roundtable. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 1 de marzo de 2015.
- ↑ "How America's First Self-Made Female Millionaire Built Her Fortune". Time (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2018.
- ↑ Modelo:Cite triumph
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Bundles, "Madam C J (Sarah Breedlove) Walker, 1867–1919" in Black Women in America, v. II, p. 1209.
- ↑ 5,0 5,1 Bundles, A’Lelia. "Madam C.J. Walker". Madame C.J. Walker. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 "Madam C. J. Walker". Indiana Historical Society. Consultado o 28 de febreiro de 2015.
- ↑ A'lelia Bundles (2014). "Biography of Madam C. J. Walker". National Coalition of 100 Black Women, Inc., Oakland/Bay Area Chapter. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2018. Consultado o 2016-02-05.
- ↑ Linda C. Gugin and James E. St. Clair, eds. (2015). Indiana's 200: The People Who Shaped the Hoosier State. Indianapolis: Indiana Historical Society Press. p. 360. ISBN 978-0-87195-387-2.
- ↑ "The Philanthropy Hall of Fame: Madam C. J. Walker". Philanthropy Roundtable. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2015. Consultado o 1 de marzo de 2015.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Bundles, "Madam C J (Sarah Breedlove) Walker, 1867–1919" in Black Women in America, v. II, pp. 1210–11.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Andrea Riquier (24 de febreiro de 2015). "Madam Walker Went from Laundress to Success". Investor's Business Daily. Consultado o 8 de febreiro de 2016.
- ↑ 12,00 12,01 12,02 12,03 12,04 12,05 12,06 12,07 12,08 12,09 A'Lelia Bundles (febreiro de 2012). "Madam C. J. Walker: Business Savvy to Philanthropy" (PDF). eJournal USA (U.S. Department of State) 16 (6): 3–5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2021. Consultado o 1 de marzo de 2015.
- ↑ Editors. "Madam C. J. Walker Biography". Biography.com. A&E Television Networks. Consultado o 15 de febreiro de 2016.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 14,7 A'Lelia Bundles (2001). On Her Own Ground: The Life and Times of Madam C. J. Walker. Nova York: Scribner. ISBN 0-7434-3172-3.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 John N. Ingham (febreiro de 2000). Madame C. J. Walker. American National Biography Online. (requírese subscrición)
- ↑ "Madam C.J. Walker's Wonderful Hair Grower product container". The Indianapolis Public Library. Consultado o 2 de marzo de 2015.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 A'Lelia Bundles. "Madam C. J. Walker’s Secrets to Success". Biography.com. Consultado o 9 de febreiro de 2016.
- ↑ Harold Evans; Gail Buckland & David Lefer (2004). They Made America: From the Steam Engine to the Search Engine: Two Centuries of Innovators. Nova York: Little, Brown. ISBN 9780316277662.
- ↑ Nancy F. Koehn; Anne E. Dwojeski; William Grundy; Erica Helms; Katherine Miller (2007). Madam C. J. Walker: Entrepreneur, Leader, and Philanthropist. 9-807-145. Boston: Harvard Business School Publishing. p. 12. OCLC 154317207.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 20,6 Gugin and Saint Clair, p. 361.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 "Madame C. J. Walker (Sarah Breedlove McWilliams Walker): Inventor, Businesswoman". The Faces of Science: African Americans in the Sciences. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2013. Consultado o 22 de maio de 2015.
- ↑ Orixinal en inglés: "I am a woman who came from the cotton fields of the South. From there I was promoted to the washtub. From there, I was promoted to the cook kitchen. And from there, I promoted myself into the business of manufacturing hair goods and preparations. I have built my own factory on my own ground".
- ↑ Bundles, "Madam C J (Sarah Breedlove) Walker, 1867–1919" in Black Women in America, v. II, p. 1213.
- ↑ 24,0 24,1 24,2 "Wealthiest Negress Dead". New York Times. 26 de maio de 1919. Consultado o 1 de marzo de 2015.
- ↑ Bundles, "Madam C J (Sarah Breedlove) Walker, 1867–1919" in Black Women in America, v. II, p. 1212.
- ↑ "Woodlawn Cemetery–Madam Walker’s Burial Place–Named National Historic Landmark". Consultado o 2 de febreiro de 2016.
- ↑ https://bizfluent.com/info-7769323-history-american-income.html
- ↑ Jessica Pumphrey (24 de outubro de 2014). "Sign the Pledge to Protect Villa Lewaro – And Learn How You Can Tour It". National Trust for Historic Preservation. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 5 de febreiro de 2016.
- ↑ Brent Leggs (2014). "Envisioning Villa Lewaro's Future" (PDF). National Trust for Historic Preservation. Consultado o 19 de febreiro de 2016.
- ↑ "National Register Digital Assets: Madame C. J. Walker Building". National Park Service, U.S. Department of the Interior.
- ↑ 31,0 31,1 "Regina Taylor Brings the Story of Madam C. J. Walker to the Stage". Jet Jul 10 2006: 62-3. ProQuest. 6 de marzo de 2016 .
- ↑ "The Dreams of Sarah Breedlove | Goodman Theater | Chicago". www.goodmantheatre.org. Consultado o 6 de marzo de 2016.
- ↑ "Sundial Brands Enters Prestige Hair Category with Historic Launch of Madam C. J. Walker Beauty Culture Exclusively at Sephora". PR Newswire Feb 23 2016ProQuest. 6 de marzo de 2016 .
- ↑ Lanert, Raquel (18 de febreiro de 2017) "Manse built by America's first self-made millionairess in jeopardy" New York Post
- ↑ "17th Annual Madam C. J. Walker 2015 Luncheon". National Coalition of 100 Black Women, Inc., Oakland/Bay Area Chapter. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2016.
- ↑ "About the Spirit Awards". Madame Walker Theatre Center. 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2016.
- ↑ "Madam C. J. Walker". National Women’s Hall of Fame. Consultado o 10 de febreiro de 2016.
- ↑ US Stamp Gallery
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bundles, A'Lelia Perry (2013). Madam Walker Theatre Center: An Indianapolis Treasure. Images of America. Charleston, SC: Arcadia Publishing. ISBN 1-4671-1087-6.
- Bundles, A'Lelia Perry (2008). Madam C. J. Walker: Entrepreneur. Black Americans of Achievement (Legacy ed.). New York: Chelsea House. ISBN 978-1-60413-072-0.
- Colman, Penny (1994). Madam C. J. Walker: Building a Business Empire. Gateway Biography. Brookfield, CT: The Millbrook Press. ISBN 9781562943387.
- Sullivan, Otha Richard; Haskins, James, eds. (2002). "Madam C.J. Walker (1867–1919)". African American Women Scientists and Inventors. San Francisco: Jossey-Bass. pp. 25-30. ISBN 9780471387077.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- On Her Own Ground: Madame C. J. Walker. C-Span. 2001-01-27. (Libro discussion)
- Michals, Debra. "Madam C. J. Walker". National Women's History Museum. 2015.