Penico
Un penico,[1] tamén chamado ouriñal[2] ou bañado,[3] é un recipiente de fondo plano e forma redonda gardado no dormitorio debaixo da cama e usado como baño pola noite (pero case exclusivamente para ouriñar). Tamén o empregan os nenos pequenos que xa non levan cueiros mais aínda non están afeitos ao uso do retrete.[4] Os penicos poden ser de ferro, bronce, cerámica, porcelana, ágata e, máis recentemente, plástico. Case todos teñen unha asa.
Penicos históricos
[editar | editar a fonte]Un tipo peculiar de penico, o Bourdaloue, foi deseñado especificamente para o uso das mulleres. A forma alongada, rectangular ou ovalada do inodoro, ás veces coa parte frontal alta, permitía que a muller ouriñase de pé ou agachada sen moito risco, o que tamén contribuía a reducir a cantidade de roupa a lavar.
O nome "Bourdaloue" supostamente provén dun famoso sacerdote católico francés, Louis Bourdaloue (1632 – 1704), que pronunciou sermóns tan longos que as damas aristocráticas que o escoitaban colocaban discretamente debaixo da roupa para que puidesen ouriñar sen necesidade de ir fóra do lugar. Porén, é probable que isto sexa só unha lenda.[5]
Os penicos mantivéronse de uso rutineiro (especialmente nas zonas rurais) ata mediados do século XX, cando o uso crecente de cuartos de baño con inodoros foi substituíndoos gradualmente. Nalgúns países, como a China (que ten unha gran poboación rural), aínda hoxe se atopan facilmente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para penico.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ouriñal.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bañado.
- ↑ "Penico". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ Robert Henry (1998). Petites histoires savoureuses des mots que l'on mange. Maclean Hunter. p. 396.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Penico |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jacques Daget, « Vases de nuit soudanais (Marka) », in Notes africaines, n °72, 1956, p. 116- 118
- Pascal Dibie, Ethnologie de la chambre à coucher, Métailié, París, 2000, p. 117 ISBN 2-86424-367-9
- Roger-Henri Guerrand, L'Europe des vases de nuit, Infolio éditions, Gollion (Suíza), 2007, 62 p. ISBN 978-2-88474-703-5