Sylvia Kristel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Sylvia Maria Kristel 28 de setembro de 1952 Utrecht, Países Baixos |
Morte | 17 de outubro de 2012 (60 anos) A Haia, Países Baixos |
Causa da morte | cancro do esófago cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | Utrecht |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Período de actividade | 1973 - 2010 |
Xénero artístico | Erotismo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Ian McShane (1977–1980) Hugo Claus (1973–1977) Michel Polnareff |
Descrito pola fonte | 1001 vrouwen in de 20ste eeuw (en) Obálky knih, Babepedia (en) |
|
Sylvia Kristel, nada en Utrecht o 28 de setembro de 1952 e finada en Ámsterdam o 17 de outubro de 2012[1], foi unha actriz, modelo e cantante holandesa. O seu papel de maior sona foi o de protagonista do filme erótico francés Emmanuelle en 1974.
Inicios
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira profesional coma modelo adolescente, sendo escollida Miss TV Europe no 1972
Emmanuelle
[editar | editar a fonte]Kristel acadou sona en todo o mundo ó protagonizar en 1974 a súa primeira película, Emmanuelle, baseada na novela homónima de Emmanuelle Arsan, e dirixida por Just Jaekin. A actriz cobrou pola súa participación 150.000 dólares, recadándose entre 50 e 350 millóns de dólares.
Posteriormente protagonizou varias secuelas, como Emmanuelle 2 (1975), Goodbye Emmanuelle (1977) e Emmanuelle 4 (1984).
Outras actuacións
[editar | editar a fonte]Malia ser basicamente coñecida pola súa participación en películas de contido erótico, coma as da saga Emmanuelle, Kristel interpretou personaxes como Lady Chatterley, nunha adaptación da novela de 1981, O amante de Lady Chatterley, ou a espía Mata Hari.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Logo de superar un cancro de gorxa no 2003 retomou a súa actividade interpretativa, e no 2006 publicou as súas memorias co título de Nue (Espida).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sylvia Kristel |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista con Sylvia KristelArquivado 25 de maio de 2008 en Wayback Machine., The Daily Telegraph, 16 de xuño de 2007.
- Emmanuelle star publishes autobiography Arquivado 24 de xullo de 2008 en Wayback Machine., The Sunday Times, 3 de setembro de 2006.