Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

Thomas Hunt Morgan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThomas Hunt Morgan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1866 Editar o valor en Wikidata
Lexington, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte4 de decembro de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Pasadena, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMountain View Cemetery and Mausoleum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Johns Hopkins (1886–1890)
Universidade de Kentucky (1883–1886)
Universidade de Columbia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXenética Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo evolutivo, profesor universitario, fisiólogo, médico, xenetista, zoólogo, biólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Tecnolóxico de California (1928–)
Universidade de Columbia (1904–1927)
Bryn Mawr College (1891–1904) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresWilliam Keith Brooks (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosHermann Muller (pt) Traducir e Alfred Sturtevant (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoJohn Howard Northrop, Hermann Muller (pt) Traducir, Chester Ittner Bliss (pt) Traducir e Fernandus Payne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLilian Vaughan Morgan (1904–) Editar o valor en Wikidata
FillosIsabel Morgan Editar o valor en Wikidata
PaisCharlton Hunt Morgan Editar o valor en Wikidata  e Ellen Key Howard Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Морган Томас Хант)
Obálky knih,
Medvik >>>:Morgan, Thomas Hunt, 1866-1945, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Morgan-13589 Find a Grave: 6690878 Editar o valor en Wikidata
Transmisión do carácter "ollos brancos" en D. melanogaster

Thomas Hunt Morgan, nado en Lexington (Kentucky) o 25 de setembro de 1866 e finado en Pasadena (California) o 4 de decembro de 1945, foi un xenetista estadounidense. Estudou a historia natural, zooloxía e macromutación na mosca da froita Drosophila melanogaster.

As súas contribucións científicas máis importantes foron no eido da Xenética. Foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1933 pola demostración de que os cromosomas son portadores dos xenes, o que se coñece como a teoría cromosómica de Sutton e Bovery ou teoría cromosómica da herdanza. Grazas ao seu traballo, Drosophila melanogaster converteuse nun dos principais organismos modelo na Xenética.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Morgan naceu en Lexington, Kentucky, fillo de Charlton Hunt Morgan e Ellen Key Howard, e sobriño do xeneral confederado John Hunt Morgan.

Morgan graduouse na Universidade de Kentucky en 1886. Recibiu o doutoramento da Universidade Johns Hopkins en 1890. Seguindo os pasos de William E. Castle, comezou a traballar no desenvolvemento embrionario da Drosophila melanogaster (a mosca da froita) na Universidade de Columbia, onde se interesou polo problema da hereditariedade. As teorías de Gregor Mendel acababan de ser redescubertas en 1900 e Morgan estaba interesado en estudar a súa aplicación nos animais.

En 1910, descubriu un mutante de ollos brancos entre individuos de ollos vermellos. A proxenie do cruzamento dun macho de ollos brancos cunha femia de ollos vermellos presentou ollos vermellos, o que indicaba que o carácter "ollos brancos" era recesivo. Morgan denominou white o xene correspondente, iniciando así a tradición de nomear os xenes segundo o fenotipo causado polos seus alelos mutantes. Ao cruzar estas moscas entre si, Morgan decatouse de que só os machos mostraban o carácter "ollos brancos". Dos seus experimentos, concluíu que (1) algúns caracteres herdábanse ligados ao sexo,(2) que o xene responsable do carácter residía no cromosoma X, e que (3) probablemente outros xenes tamén residían en cromosomas específicos. El e os seus estudantes contaron as características de miles de moscas e estudaron a súa herdanza. Empregando a recombinación dos cromosomas, Morgan e Alfred Sturtevant prepararon un mapa coa localización dos xenes no cromosoma. Morgan e os seus estudantes tamén escribiron o libro Mechanisms of Mendelian Heredity. Morgan trasladouse ao Instituto Tecnolóxico de California (CalTech) en 1928, e morreu en Pasadena en 1945.

Ilustración de Thomas Hunt Morgan da recombinación xenética (1916).

En Mechanisms of Mendelian Heredity, Morgan opúxose radicalmente á herdanza citoplasmática, establecendo a recombinación xenética como mecanismo evolutivo fundamental.

O legado de Morgan para a xenética é moi importante. Algúns dos estudantes de Morgan en Columbia e o CalTech gañaron os seus propios Premios Nobel, como George Wells Beadle, Edward B. Lewis e Hermann Joseph Muller. Na honra de Morgan, a Genetics Society of America concede anualmente a Medalla "Thomas Hunt Morgan" para premiar as contribucións significativas da ciencia na xenética. Eric Kandel, galardoado co Premio Nobel, escribiu sobre Morgan: "Así como as ideas de Darwin sobre a evolución das especies lle deron coherencia á bioloxía do século XIX como ciencia descritiva, as descubertas de Morgan sobre os xenes e a súa localización nos cromosomas axudaron a converter a bioloxía nunha ciencia experimental." A unidade de frecuencia de recombinación usada en cartografía xenética, denomínase centiMorgan na súa honra.

No laboratorio de Morgan da Universidade de Columbia realizou unha longa e frutífera estancia José Fernández Nonídez, un dos pioneiros españois da xenética, quen difundiu a teoría cromosómica da herdanza en España.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]