Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Saltar ao contido

1942 (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

1942
Desenvolvedor(es)Capcom
Distribuidora(s)Capcom
NA: Williams Electronics[1]
NA: Romstar[2]
Deseñador(es)Yoshiki Okamoto
Compositor(es)Ayako Mori
LanzamentoArcade: decembro de 1984
Famicom: 11 de decembro de 1985
XéneroArcade e tiros
Modos de xogoUn e dous xogadores
Clasificación PEGI
Plataforma(s)Arcade, Virtual Console, Famicom, MSX, NEC PC-8801, Windows Mobile Professional, Game Boy Color, PlayStation, Sega Saturn, Xbox, PlayStation 2, Amstrad CPC, ZX Spectrum, Commodore 64, PSP
Na rede
IMDB: tt0185835 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

1942 é un videoxogo de disparos feito por Capcom que se estreou para arcada en 1984. Foi o primeiro xogo da serie 19XX. Foi seguido de 1943: The Battle of Midway. 1942 está ambientado na Guerra do Pacífico durante a segunda guerra mundial. O obxectivo é chegar a Toquio e destruír a frota aérea xaponesa. O xogador pilota un Lockheed P-38 Lightning chamado "Super Ace" e ten que derribar os avións inimigos e evitar o seu fogo. Durante o xogo, é posible recoller unha serie de power-ups, un dos cales permite ser escoltado por dous pequenos avións en formación Tip Tow. Os inimigos son os modelos Kawasaki Ki-61, Mitsubishi A6M Zero e Kawasaki Ki-48. O avión inimigo xefe é o Nakajima G8N.

  1. "The Arcade PCB by Williams Electronics, Inc. (EXPORT VERSION)". Gaming History. 
  2. Daniel Hower and Eric Jacobson. "The Arcade Flyer Archive - Video Game Flyers: 1942, Romstar". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2015.